miércoles, diciembre 30, 2009
Épica remontada
jueves, diciembre 17, 2009
Derrota pola mínima
Partido típico de empate a 0, sen moitas ocasións, ó descanso chegouse con este resultado con un remate a bocaxarro parado polo porteiro local a tiro de Micho como única ocasión salientable. No descanso, escoitouse no vestiario que o primeiro que marcase conseguiría levarse a victoria; desgraciadamente, así foi. Un pase en longo dende o medio do campo que non consegue despexar Dani de cabeza, posibilita que o dianteiro local reciba só o balón e que con unha vaselina bata a Charly.
O Santiso buscou o empate, e o gol puido chegar de novo con un remate de cabeza de Micho. Según remataba o tempo reglamentario, o equipo xogou primeiro con defensa de 3 e nos últimos minutos con unha defensa tan só de 2 xogadores; con esta situación o Bandeira puido sentenciar pero non houbo máis goles para ningún dos bandos.
O equipo formou con Charly na porta, Javi, Dani, José e Moncho en defensa, Micho, Monchito, Manuel e Alex no centro do campo e Michel e Jose do Padrón en ataque, na segunda parte xogaron Alberto Cordido e Manolo que volveu así ó equipo tras a súa lesión de xeonllo.
Remata deste xeito a primeira volta da competición co Santiso colocado na 7ª plaza con 14 puntos, esperemos que a segunda volta sexa máis propicia e se consigan moitos máis puntos. A primeira ocasión este domingo contra o Callobre a domicilio, un equipo que se atopa por debaixo na clasificación pero que xa sorprendeu o Santiso na primera xornada de liga, agardemos poder devolverlle o 0 a 1 daquel día. Un saúdo e forza Santiso!
jueves, diciembre 10, 2009
Xogo, Set e Partido para a U.D. Santiso
Sumar á moi boa aportación de Agus, a formación de tan grande xesta e os goleadores, porque creo que paga a pena recordalos, todos uns golazos.
O primeiro marcabao Michel con un remate dende fóra da área forte e pegadiño ó poste que non pode atallar o porteiro visitante. O segundo foi obra de Alfonso cun remate de falta dende tres cuartas partes do campo que tras golpear no poste entraba como un "obus" na porta do Berres.
Tras o gol en propia porta de Monchito (hai que recordar que leva 3 tiros ó longueiro na porta contraria e que por tanto, non está a ter moita sorte esta tempada pero o equipo sabe que nos deleitará con novos goles na porta contraria), chegou o Gol, Michel pregúntalle ó arbitro, “¿podo tirar directamente á portería dende o centro?”, o asentimento do colexiado fixo que Michel non o dubidase e anotase o 3 a 1 cando o Berres estaba a celebrar todavía o 2 a 1. Magoa que este gol non fose grabado por ningún aficionado pois seguro lle quitaba o premio de mellor gol da FIFA a Cristiano ou Messi.
O cuarto chegou antes do descanso e foi de novo dende fóra da área, Sergio enganchou un remate cruzado imparable para o porteiro visitante.
Co inicio da segunda metade e o aire en contra, parecía que o Berres podía meterse de novo no partido, nada máis lonxe da realidade, despois dun magnifico pase ó oco de Monchito, Álex cunha espectacular vaselina conseguía o quinto.
O sexto non se fixo agardar e chegou de novo por parte de Álex que recibiu o pase da morte de Manuel tras unha boa xogada colectiva do Santiso.
A formación da UD foi a seguinte, Charly na portería, Tono, Dani, José e Moncho en defensa, Sergio, Alfonso, Monchito e Álex no medio, con Michel e Manuel en punta. Na segunda parte xogaron Álvaro, Javi Ministro e José do Padrón.
Agardemos que sexa a primeira de moitas; un saúdo e forza Santiso!!
miércoles, diciembre 09, 2009
Golpe de autoridade.
jueves, diciembre 03, 2009
Sabor agridoce...
O Santiso forma con un equipo inicial novidoso xa que o adestrador aposta por xogar con cinco xogadores no centro do campo para gañar superioridade nesa zona debido ás grandes dimensións do terreo de xogo. A maniobra saiu case perfecta para o míster, o resultado final empate a 2, que sabe a pouco para o equipo.
O partido ponse de cara para a UD case que dende o inicio, Alberto Monchito culmina unha gran xogada colectiva do Santiso e pon o 0 a 1 no marcador. Ó descanso chégase con este resultado tras marrar o equipo local un penalti inexistente e tras un golpe sufrido por Tono nun choque fortuito que provocou a súa saída do terreo de xogo.
O equipo recomponse como pode e Manuel pasa a xogar de lateral dereito, labor compricada que saldou meritoriamente. Outro gol tempraneiro na segunda parte, ésta vez por parte de Alex, que como prometeu anotou contra o Cruces, permitiu poñer o 0 a 2. Nese intre, o Cruces boutese arriba na busca do empate e o Santiso puido matar o partido con dúas contras de Alberto Cordido e do propio Alex. O que perdoa acaba pagandoo, e desta vez tamén foi así; neste caso de forma cruel para o Santiso. Dúas faltas ó borde da área, a primeira delas inexistente, convertironse en gol tras golpear na barreira e sorprender ó porteiro visitante. Con todo, o Cruces puido conseguir un terceiro gol pero o remate a porta valeira foise fóra para alivio da parroquia do Santiso. Sería inxusto que o equipo perdese o partido. Finalmente empate e a sensación, como en Prevediños, de que se escaparon 2 puntos.
O Santiso formou con Dani na portería, Tono, Moncho, José e Javi na defensa, Sergio, Alberto Monchito, Agustín, Manuel e Alex no medio e Micho arriba. Tras o golpe de Tono, Alberto Cordido pasou a xogar no medio e Manuel no lateral como comentamos. Tamén xogaron na segunda parte Jose do Padrón, que volveu trala súa escordadura de nocello e Humberto.
Confirmar dende aquí que o golpe de Tono non foi a máis e este fin de semana estará a disposición do míster para volver a correr a banda como nos ten acostumados.
Para rematar comentar que o vindeiro partido xogarase ó próximo Sábado ás 4.30 da tarde contra o Berres, adiantase o partido tras petición do equipo visitante. O equipo agarda unha boa presencia de aficionados e a primeira victoria do mes de Decembro.
Un saúdo e forza Santiso!!
jueves, noviembre 26, 2009
Non puido ser...
O partido non comenza ben para o Santiso xa dende o inicio, o sorteo perxudicanos e toca xogar o primeiro tempo en contra do aire. Comenza o partido e mediado o primeiro tempo un balón en longo do equipo visitante que non consegue despexar Dani provoca o remate do dianteiro do Silleda que espectacularmente para Charly, sen embargo o rexeite e aprobeitado por outro xogador visitante que fai o 0 a 1. Pouco despois unha falta escorada a prol dos foráneos convirtese, axudado polo aire, no 0 a 2. Tocaba remontada de novo, pero o Santiso desta vez só puido conseguir o 1 a 2 nun saque de esquina por medio de Michel.
Quedaba toda a segunda parte e o aire a favor pero a tempraneira expulsión de Michel tras un pique cun xogador visitante fixo case imposible a remontada. Inda así, o equipo con 10 tirou de casta e arrinconou o Silleda no seu campo e o empate puido chegar sobre todo nunha gran xogada rematada por Alex que o porteiro visitante parou incriblemente coa cara.
Unha magoa, pero o equipo segue a fallar na casa, teremos que pedirlle os Reis Magos ou a Papa Noel algo de sorte agora que veñen as fechas navideñas.
O equipo xogou con Charly na porteria, Javi, Moncho, Dani e José en defensa, Alberto Cordido, Alfonso, Alberto Monchito e Alex na medular, con Michel e Micho na dianteira. No segundo tempo entraron Agus, Sergio, Manuel e Humberto. Os trocos de Sergio por Dani e de Humberto por José provocaron que o Santiso rematara o encontro xogando con só dous defensas axudados só por Agustín nalgún momento, un plantexamento moi a destacar polo adestrador que sen embargo non supuxo a consecución dalgún punto.
Toca pasar páxina e este domingo a UD visitará de novo Vila de Cruces para desta vez xogar contra o Cruces. Esperemos que, xa que o partido é ás 4 da tarde, o gran derbi entre Barça e Madrid das 7 non limite a presencia dos aficionados do equipo. Un saúdo e forza Santiso!
jueves, noviembre 19, 2009
Empate en Prevediños
O porqué da non victoria pode atribuirse á sorte que esta vez foi esquiva para o Santiso, o equipo dominou o partido de inicio a fin e Michel, Micho, Alex, Alfonso e sobre todo Alberto Monchito (o seu remate de falta foise ó longueiro), tiveron ocasións máis que suficientes para cando menos, acadar un gol que dese a victoria a prol do Santiso.
Por tanto, 0 a 0 e a sensación de que se perderon 2 puntos, sen embargo, como dato positivo hai que reseñar que é a primeira vez na tempada que o equipo non recibe ningún gol e que ademáis se o Santiso segue xogando así, a victoria non pode resistirse tanto como neste pasado encontro.
A aliñación foi a seguinte, Charly na porteria, Tono, Moncho, Dani e José na defensa, na medular Javi, Alfonso, Agustín e Alex e na dianteira formaron Michel e Micho. Na segunda parte entrou Alberto Monchito por Michel.
Tras o encontro, o equipo desprazouse ata Melide para degustar no Mandil (o patrocinador do equipo) unha boa porción de embutido e tortilla. Unha pena non poder festexar a comida cunha nova victoria.
O próximo domingo rende visita ó Novo Zahorra o Silleda B, equipo que a pasada campaña militaba en segunda rexional. Esperemos que a afición responda e dea colorido a unha grada que leva dende o primeiro de mes sen ver ó seu equipo na casa.
Un saúdo e forza Santiso!
jueves, noviembre 12, 2009
Segunda victoria consecutiva!!
Vaiamos coa crónica, o partido comenza moi ben para ó Santiso, cando apenas se xogaban os primeiros 15 minutos, Alfonso remata dende fóra da área e tras golpear no longueiro, o esférico toca na espalda do porteiro local e convirtese no 0-1. Hai que reseñar que inda que o balón non golpease no porteiro o gol subiría igualmente ó marcador (esta aclaración faise para a tranquilidade de Alfonso e ese gol se subirá no seu casilleiro na carreira polo pichichi do Santiso).
O segundo non se fixo esperar, e foi a balón parado, tras unha cesión realizada polo Gresande o seu porteiro, Alfonso dispúsose a sacar o libre indirecto dentro da área, cando todo o mundo pensaba que Alberto Monchito ía rematar a gol, chegou Javi Ministro e con un remate axustado o pao conseguía o 0 a 2. Falouse tras finalizar o encontro que a xogada fora ensaiada o venres no adestramento (que por fin se realizou no Novo Zahorra), non vai ser o blog do Santiso o que desminta esta noticia…
Finalizando a primeira parte, o Gresande conseguiu reducir distancias gracias a un remate de cabeza do seu dianteiro.
Tras o descanso o Gresande conseguiu o 2-2 logo da saída dun saque de esquina que na segunda xogada se convirteu en gol.
Mal pintaban as cousas para o Santiso nese intre xa que o equipo local foise arriba e contou ademáis coa inestimable colaboración do árbitro, cada protesta do Santiso convertiase en cartón amarelo e cando había algunha xogada dubidosa, sempre ía a favor do equipo local. Así foi que a falta de 10 minutos o árbitro expulsaba inxustamente do encontro a Manuel.
Con 10 xogadores e empatando fóra da casa a falta de 10 minutos, calquer adestrador apostaría por amarrar o resultado, pero dende aquí hai que deixar constancia do plantexamento que fixo o novo adestrador do Santiso, Marcos Sandá, decidiu xogar con unha defensa de 3 e manter 4 no medio e 2 adiante. A valentía supuxo que Alberto Cordido marcara o 2 a 3 e que o Santiso conseguise a terceira victoria da tempada.
Polo Santiso xogaron Chaly na porteria, Tono, Javi, Dani e Moncho na defensa, Manuel, Alex, Alberto Monchito e Agustin na media e na dianteira os irmáns “de boer”, é decir, Alfonso e Michel. No segundo tempo participaron Alberto Cordido e Micho.
En definitiva, victoria meritoria a conseguida polo Santiso, que terá que desprazarse novamente o próximo domingo para enfrentarse ó Prevediños que como o Santiso, tamén leva dúas victorias consecutivas, polo que non será un partido fácil.
Sen embargo, esperamos poder contar unha nova victoria do Santiso a próxima semana. Un saúdo e Aúpa Santiso!
miércoles, noviembre 04, 2009
Por fin!!!
A tan ansiada primeira victoria no Novo Zahorra produciuse por fin... E non só iso, senón que os primeiros goles marcados como locais sobre o céspede sintético tamén chegaron.
Pese a ser unha victoria merecida, non foi nada doada de conseguir. O Santiso comezou o encontro con ganas e dende o principio tentou crear xogo por medio do toque de balón. Pronto acadou a recompensa do gol por medio de Alberto Cordido nun remate axustado ó pao esquerdo dende o borde da área a pase de Alex. Mentres Alberto Cordido anotaba un gol histórico para o clube, Tono e Vanessa frotábanse as mans pensando na caña que os agardaba. Nese momento ninguén que estivera a ver o partido se imaxinaba os cambios que ía ter o marcador. Así, ó cabo duns minutos, na saída dun córner na que todo o equipo se quedou algo rezagado, un dianteiro do Balouta disparaba un potente tiro que se coaba por toda a escadra da meta defendida por Charli. Duro pao para o equipo local, máis aínda, cando pouco tempo despois, unha perda de balón no medio do campo propiciaba que o mesmo dianteiro visitante anotase o segundo gol. Con este resultado de 1-2 chegouse ó descanso.
A segunda metade principiou cun fútbol bastante trabado e moi directo no que o balón apenas paraba nas botas dos centrocampistas. Aínda así o Santiso seguía a ser algo superior ó Balouta sen que ningún dos dous tivera claras ocasións de gol. Ben avanzado o segundo tempo, Míchel conseguía o empate perforando a meta rival nun tiro de falta preto da área. Pouco durou a ledicia na parroquia do Santiso posto que uns instantes máis tarde o equipo local regalaba un balón ó borde da área que o Balouta non desaproveitaba e transformaba no terceiro tanto para os de Muimenta. Poucos minutos faltaban para que rematase o encontro pero os da casa non se viñeron abaixo, convencidos das suas posibilidades de darlle a volta ó marcador. Así foi como tras sacar de centro e recuperar o balón, Manuel culminaba cun tiro forte e case sen ángulo unha xogada pola banda dereita. Xa no desconto, o exceso de confianza do porteiro visitante, xogaríalle unha mala pasada cando tras regatear a Alfonso, tentou regatear tamén a Monchito pero éste fíxose co balón e enviouno ó fondo da rede sen ningún tipo de complicación.
En resumo, tres puntos que saben a gloria pola forma na que se acadaron, polo rival ante os que se acadaron e por seren os primeiros que quedan neste novo campo. Tarde chuviosa de domingo que tardaremos en esquecer...
jueves, octubre 29, 2009
Derrota sen paleativos contra o Piloño
Resultado claro para os pontevedreses que de xogar todos os partidos como o pasado, de seguro que estará a pelexar polos postos nobres da clasificación.
O Santiso xogou co seguinte equipo, Dani na porteria, Tono, Javi, Michel e José na defensa, Manuel, Humberto, Alfonso e Alex no medio do campo e finalmente na dianteira xogaron Micho e Alberto Cordido. No segundo tempo entraron Moncho, Jose do Padrón e Agustín.
Toca pasar páxina e este domingo o equipo ten unha nova oportunidade de desquitarse no Novo Zahorra, esta vez frente o Balouta. Esperase por fin unha victoria local neste domingo día de tódolos santos, esperemos que estén da nosa parte! Un saúdo e forza Santiso!
jueves, octubre 22, 2009
Segue a mala xeira no Novo Zahorra
Nova derrota por cero goles a un contra o único equipo que ata o de agora suma os seus partidos como victorias, o Sporting Estrada. O partido foi moi parecido ó xogado na primeira xornada frente o Callobre, tanto que tivo un final idéntico. Quizais o Santiso non tivo tantas ocasións como no primeiro partido pero houbo algunha clara que puido decantar o marcador para o equipo da casa. Sen embargo foron ós da Estrada os que conseguiron anotar o gol cando faltaban apenas 10 minutos para o final, sen que o equipo da casa puidese reaccionar.
Polo Santiso xogaron Chaly na porteria, Tono, Moncho, Alvaro e José na defensa, Javi, Alfonso, Agustin e Alex no medio do campo con Michel e Manuel na dianteira. Tamén xogaron no segundo tempo, Alberto Monchito (tras o seu regreso de terras londinenses), Jose do Padrón e Dani.
Este domingo nova xornada de liga en Vila de Cruces ante o Piloño, un equipo que leva duas victorias e unha derrota, agardemos que a U.D. consiga empatar a puntos co equipo pontevedrés.
Por último, que non menos importante, falar unha vez máis da magnifica afición que ten o equipo e que puxo un colorido na grada que máis dun equipo quixera. Moitas gracias e agardamos poder darvos unha alegría canto antes.Forza Santiso!!
viernes, octubre 16, 2009
"Dream team"
- Fila superior (de esquerda a dereita): Charli, Álvaro, Jose, Joserra, Dani, Alberto, Manuel, José, Enri, Manolo e Míchel.
- Fila inferior (de esquerda a dereita): Alberto Torreiro, Micho, Agus, Fran, Javi, Fran Penas, Alex e Moncho.
Pronto colgaremos a do actual equipo e sobretodo, co novo campo de fondo.
¡FORZA SANTISO!
miércoles, octubre 14, 2009
Primeiros 3 puntos
Co tempo xusto, con Dani na portería (por ausencia de Charly), os irmáns Penas na medular e Alberto Cordido en punta, como principais novidades respecto á anterior xornada comenzou o encontro. E non o fixo demasiado ben para os intereses do Santiso que encaixaba un primeiro gol, como resultado dun roubo do Camporrapado, cando trataba de sacar o balón xogado desde un saque de porta. Sen embargo, fomos quen de remontar. Un golazo de Álex, que marchou de cantos lle saíron ó paso na banda esquerda equilibraba o encontro. O gol, recordou a máis dun dos presentes ó chamado gol de aguanís, aquel que fixera Raul na intercontinental ó Vasco da Gama (e eso que non estaba Javi vendo o partido). Finalmente, nunha boa xogada combinativa, Míchel abriu o balón do centro á banda dereita, incorpórase Tono, que da unha boa asistencia a Álex, que fai o segundo, e á postre definitivo gol que certificaba a remontada.
Destacar asemade, a boa actuación de Dani, que xogando nun posto tan complicado como a portería, non só cumpliu, senón que sacou un balón impresionante que se colaba pola escadra, e, sen dúbida, poñería as cousas ben difíciles de ter entrado.
Polo demais, non aparecen actualizados os resultados na páxina do Correo, pero se non recordo mal, o luns na Voz aparecía unha nova xornada sen empates. Así pois, 4 ou 5 equipos encabezan a táboa con 6 puntos, outros tantos cérrana con 0, e na zona media, con unha victoria, está o Santiso, que recibe esta semana no Novo Zahorra a todo un descendido Sporting Estrada, un dos equipos que conseguiron as dúas victorias nos dous partidos desputados, e que, acostumados como están a un campo bo (herba artificial) e grande, seguro que teñen físico e toque dabondo como para poñernos as cousas difíciles.
Polo que respecta as fichaxes deste ano, que alguén preguntaba, dicir que o domingo debutou en liga Sergio, sustituíndo a Javi (Ministro), na segunda parte, mentres que Iván, en quen están depositadas grandes esperanzas, sabedores como somos da súa calidade, segue a recuperarse do esguince de nocello.
martes, octubre 06, 2009
Distinto campo, mesma imaxe.
Mesmos erros: tentar ese xogo tan directo que a nós non nos favorece nada, mínima eficacia goleadora, mala defensa de córners e faltas ó borde da área. E, esto xa como opinión persoal, esa presión absurda que nos corroe (xogamos en terceira autonómica, non o olvidemos) e que nos impide xogar con tranquilidade.
Mesmas virtudes: boa defensa en xeral, creación de bastantes oportunidades de gol e sobretodo as ganas e ímpetu que todos os xogadores lle poñemos cando saltamos ó campo.
Así, como ben apuntaba Tono, o resultado foi inxusto xa que nos dispuxemos de bastantes máis oportunidades de gol ca eles. E tampouco demostraron mellor xogo, en ningún momento tentaron tocar o balón, senón que aproveitaban o saque en longo do seu porteiro e que alguen arriba a pillase. Pero como aquí gaña o que mete máis goles, neste caso o Callobre meteu un e nós ningún. Haberá revancha no partido de volta, estou seguro!
A aliñación foi a seguinte: Charli na portería; Tono, Dani, José e Moncho na defensa; Jose, Michel, Agus e Alex no medio; Manuel e Manolo adiante. No descanso retirouse Manolo lesionado no xeonllo e entrou Ministro. Xa comezado o segundo tempo, Jose foi sustituído por Álvaro.
Non podo rematar esta entrada sen facer especial mención á afección. De verdade, sodes incribles! Hai campos de segunda autonómica e incluso de primeira ós que non vai tanta xente. Gracias a todos!
lunes, octubre 05, 2009
Pólvora mollada
Aguantou ben a defensa case que os 90 minutos, agás o despiste que causou o gol visitante, que chegou nun balón metido a espalda da liña defensiva, sen que o porteiro se decida a saír, nen a defensa acerte a rexeitar. O resto do partido Charly estivo moi seguro, chapando tódolos balóns altos e sen deixar oportunidade de rexeites preto da área.
Pero a cruz do domingo estivo na outra portería. Ata 5 ocasións clarísimas creou e marrou o Santiso, máis un penalti que o árbitro dixo non ver por estar de costas. Ó final, primeiros tres puntos que marchan do Novo Zahorra e a tan escoitada frase de "non marcamos un gol nin o arco iris" repetíase entre plantel e afección.
Imos ver se o domingo, a visita ó Camporrapado, a quen, se non me engano, o ano pasado fomos quen de quitarlle 4 dos 6 puntos en xogo, nos levanta un pouco o ánimo.
Ah!, por certo, curiosa esta primeira xornada, con poucos goles, pero sin empates. Así que seis equipos encabezan a táboa, con 3 puntos e outros 6 cérrana sen estrear o seu casilleiro.
Dani, Agus... animádevos a completar a entrada con máis cousas...
miércoles, septiembre 30, 2009
A polo pichichi...
Ah! e para os que usades facebook, que saibades que xa temos o Santiso aí tamén, así que para fotos, comentarios, etc.. xa sabedes.
martes, septiembre 29, 2009
INAUGURACIÓN DO NOVO ZAHORRA STADIUM
O resultado foi de 4 a 5 para os pontevedreses, polos da casa anotaron Sergio (Nova incorporación da U.D.), Alfonso, Micho e Manolo. Hai que indicar que a outra nova incorporación, Iván, sufreu un esguince de nocello o pasado venres e terá que agardar 3 ou 4 semanas para poder debutar de xeito oficial co noso equipo.
Non foi o día das defensas, pero tampouco dos dianteiros porque a pesar de que se anotaron 9 goles, calquera que presenciase o partido sabe que 5 ou 6 goles máis pudieron abultar todavía máis o marcador por ambos bandos.
As reaccións tras o partido foron variadas, mentres para algún o partido foi un desastre (sobre todo o segundo tempo), para outros non foi tan mal partido. Ambas partes teñen parte de razón, non se pode permitir que con 3 a 1 o equipo contrario consiga poñerse 3 a 5, nin moito menos recibir 5 goles no propio feudo. Pero tamén é certo que se anotaron 4 goles e que puderon ser moitos máis.
Polo tanto, agardemos que para o proximo domingo nun partido xa oficial o Novo Zahorra teña unha boa entrada de público como neste pasado amigable e que o equipo poida corrixir os fallos tanto defensivos como ofensivos.
Por último, recordar que as cañas están agardando na de Suarez para que o primeiro goleador oficial do Novo Zahorra invite a todos aqueles que apostasen por el.Un saúdo e forza Santiso!
jueves, septiembre 10, 2009
jueves, septiembre 03, 2009
Comenza a pretempada para a U.D. Santiso
A tempada comenzará este ano o día 4 de outubro, no noso feudo (esperemos que esté completamente listo para a fecha) contra o Callobre (novo equipo da categoría). Vai ser unha tempada corta debido a que só participarán 12 equipos debido as retiradas do Rodeiro e do Atlético Melide, debido a esto e ó ascenso do Golada este ano quedaremos sen derbi pero as ganas de ganar e facer unha boa tempada son as mesmas.Volveremos informar cando se produzcan novidades, un saúdo e forza Santiso!
viernes, agosto 21, 2009
Botando unha man...
jueves, abril 23, 2009
Pasando a limpo... goleadores
Álex, Dani, Agus.... conto con vós... (agardamos esa información).
Pasando a limpo...as cañas
E o primeiro é o primeiro, así que antes de falar de altas e baixas e facer balance como propoñedes vamos coas cervexas. Actualizando, así esta á cousa:
- Jose (Padrón): 4 cañas (Nati, Nuria, Monic & Bet). O sector feminino teno claro!!!.
- Alfonso: 3 cañas (Agus, Jose e Riki).
- Álex: 3 cañas (Diego, Sergio e Migelinho).
- Alberto Cordido: 2 cañas (Tono e Vanessa).
- Fran: 2 cañas (Alba e Dani).
- Micho: 2 cañas (Marga e Lore).
- Manolo: 1 caña (Tiburio).
- Agus: 1 caña (Vir).
- José: ¿1 caña? (o propio José !!!!)
lunes, marzo 30, 2009
¿Quén falta aquí?
jueves, febrero 12, 2009
Así vai o tema das cañas
Con 2 espumosas ás costas temos varios xogadores:
Alberto Cordido, que invitará ós irmáns de Quinzán.
Jose do Padrón, a Nati e á súa auxiliar Nuria, aínda que ésta dixo que as dúas cañas serían para Nati (xa che vale).
O seu irmán Fran terá que invitar a Alba e a Dani.
Álex vai ter que invitar ós seus colegas Diego e Sergio.
E debendo unha posible caña temos a:
Manolo, por quen apostou Tiburio (se chega o balón a Mourazos tamén cha debería pagar).
Micho, que debería invitar a Marga (non vale invitala na casa).
Agus, por quen apostou Vir (unha caña é un caña, se marcas non hai amor que te salve de pagala eh!, jeje).
viernes, enero 30, 2009
A porra do "Novo Zahorra"
- Apostaremos polo primeiro goleador do Santiso en partido oficial de liga no "Novo Zahorra".
- Cada persoa pode apostar só unha vez, escollendo a un goleador. Mentres artellamos como o deseñamos para recoller todos os resultados na páxina, vale con que deixedes un comentario en calquera entrada do blog, decindo o voso nome e por quen apostades.
- Agora ven a volta de tuerca: en vez de un premio para o primeiro que marque trátase, máis ben, dun "castigo". Básicamente, o primeiro goleador terá que invitar a unha ronda de cañas a todos os que apostasen por él. Esto ten un dobre propósito: por unha parte facemos que non se fomente o "chuponismo"; se fose un premio para o primeiro goleador ía facer falta un balón para cada un, e ata Charly ía pegarlle ós saques de porta cara o área contraria. Por outra, é un "dulce castigo", xa que o primeiro goleador debería levar con gusto a volta de cañas do seu peto, tendo en conta que pasará á historia da nosa gloriosa UD, inaugurando o "Novo Zahorra". De todos modos, se algún dos candidatos "capo-cañoneiros" decide retirarse (por ter can-codrilos nos bolsillos, ou algo así, pode facelo).
- Para os que pensen que unha volta de cañas é un premio ridículo, que pensen que aínda falta bastante para que o novo campo estea listo, e, ata ese momento podemos apuntarnos todos. Non fai falta ser xogador nin socio: basta con deixar un comentario co resultado e o nome e estar disposto a tomarlle unha caña á saúde do primeiro artilleiro do "Novo Zahorra".
miércoles, enero 28, 2009
Evolución clasificación
Aquí vos deixo a evolución da nosa clasificación esta tempada (sacada de siguetuliga). Como vedes, levamos xa unhas cantas xornadas asentadas no oitavo posto. Sen embargo, cada partido gañado dos dous que temos aprazados (de xogarse ahora) suporían o ascenso nunha praza, polo que, a día de hoxe, temos o sexto posto a tiro de pedra.
martes, enero 27, 2009
lunes, enero 26, 2009
Xornada 17. Mauciña baixo a neve.
Por partes:
Este domingo unha mauciña como visitante ó Atl. Gresande (por certo, que googleando un pouco por aí, descubrín o seu blog, así como o do Vilatuxe, así que enlázovolos á dereita para que lles botedes un ollo). Pois, como ben di Agus, ver para crer: 0-5 como visitante e o novo campo de camiño.
No deportivo, hat-trick de Manolo, que volveu ser o das mellores tardes. Impresionante o seu empuxe nun partido disputado, por fases, baixo as folerpas da neve do Candán. Deste xeito, Manolo, xunto con Alberto Cordido gañan enteiros para o pichichi do equipo, con 7 e 5 goles respectivamente. A punto estivo Alberto de sumar un tanto máis no que puido ser unha das mellores xogadas da tempada. Lanza o contraataque Fran, desde liña defensiva cun pase medido, que deixa ó de Barazón só diante do porteiro rival. A preciosa baselina marchou por ben pouquiño.
Polo demais, dominio total do Santiso. As poucas ocasións rivais atopáronse con Charly, que sigue coa súa particular tempada de chapó (seguro por alto, reflexos e nas saídas), e os dous goles restantes obra de Fran e do propio Alberto Cordido.
Momentos felices, xa que logo na U.D. E non íamos deixar marchalos sen máis, así que o sábado.... CEA!!!!. A ver se facemos bo o tópico das outras veces, por estrano que pareza, ese que dí que: "cea sábado, victoria domingo".
Aquí segimos. Saudiños.
martes, enero 20, 2009
Imos ver se nos poñemos o día...
A ver se entre todos recopilamos o resto (Dani, confío en tí para isto unha vez máis). Eu cóntovos os que lembro. Cronolóxicamente, en sentido inverso:
- Dos 4 goles contra o Prevediños, un foi de Manuel e outro de Alfonso. ¿o resto?
- Os 3 goles ó Balouta... nin idea
- Gol no empate co Camporrapado... ídem
- O gol da honra contra os 8 do Vilatuxe...tampouco
- O da honra contra os 5 do Golada... non sei
- Dos 3 que lle marcamos ó Cruces, un foi de Álex e outro, creo que Manolo, non sei máis
En breve máis. A ver se non deixamos morrer isto (mea culpa).
Saúdos.