martes, octubre 06, 2009

Distinto campo, mesma imaxe.

A estrea ligueira da U.D. Santiso non foi como se esperaba. A pesar de contar cun novo terreo de xogo, a imaxe do equipo foi a mesma que a de pasadas tempadas.
Mesmos erros: tentar ese xogo tan directo que a nós non nos favorece nada, mínima eficacia goleadora, mala defensa de córners e faltas ó borde da área. E, esto xa como opinión persoal, esa presión absurda que nos corroe (xogamos en terceira autonómica, non o olvidemos) e que nos impide xogar con tranquilidade.
Mesmas virtudes: boa defensa en xeral, creación de bastantes oportunidades de gol e sobretodo as ganas e ímpetu que todos os xogadores lle poñemos cando saltamos ó campo.
Así, como ben apuntaba Tono, o resultado foi inxusto xa que nos dispuxemos de bastantes máis oportunidades de gol ca eles. E tampouco demostraron mellor xogo, en ningún momento tentaron tocar o balón, senón que aproveitaban o saque en longo do seu porteiro e que alguen arriba a pillase. Pero como aquí gaña o que mete máis goles, neste caso o Callobre meteu un e nós ningún. Haberá revancha no partido de volta, estou seguro!
A aliñación foi a seguinte: Charli na portería; Tono, Dani, José e Moncho na defensa; Jose, Michel, Agus e Alex no medio; Manuel e Manolo adiante. No descanso retirouse Manolo lesionado no xeonllo e entrou Ministro. Xa comezado o segundo tempo, Jose foi sustituído por Álvaro.
Non podo rematar esta entrada sen facer especial mención á afección. De verdade, sodes incribles! Hai campos de segunda autonómica e incluso de primeira ós que non vai tanta xente. Gracias a todos!

2 comentarios:

  1. Estou de acordo con moitas das cousas que di Agus. Na miña opinión hai un punto esperanzador. Se nos fixamos nos erros que se repiten, responden a un patrón común: falta de entrenamento do equipo, como conxunto, nun campo de fútbol (por raro que soe). Explícome: o xogo directo e a falta de toque e algo que temos que mellorar sí ou sí a base de xogar partidos xuntos sobre un campo de fútbol 11. Hai aspectos básicos como o de recibir, levantar a cabeza e facer o pase máis fácil dos posibles que teñen que mellorarse, porque non facelo sería un delito con ese pedazo alfombra que temos agora. Non estou decindo que cheguemos a ser o barça, pero insistindo seguro que algo se mellora.
    Polo que respecta a defensa das xogadas a balón parado, tres cuartos do mesmo: o único secreto é a práctica.

    Por todo iso, opino que dispoñer do campo para entrenar sería fundamental, xa que permitiría avanzar nestes aspectos. Os que andades pola Ponte pola semana, ¿qué sabedes do tema das torretas da luz?, ¿continúan as obras?.

    Por último, o mal máis endémico do Santiso desde que eu formo parte do plantel: os fallos de gol clamoroso. Esto vai ser máis difícil de pulir, porque despois de moitos anos vendo a moitos dianteiros do Santiso fallar o imposible, empezo a crer que é o que nos define. Agora ben, postos a buscar algún cambio que o mellore, eu apuntaría un detalle: a veces chupamos demasiado en zonas onde se debería tocar rápido o balón, mentres que ó chegar ó borde da área, sorprendentemente, pecamos de exceso de xenerosidade. O ano pasado, por exemplo, Álex foi un dos máximos goleadores do plantel. O domingo pasado, houbo un par de xogadas nas que tanto el como Javi (Ministro) tiñan tiro claro e deron o último pase. Certo é que non foi mala opción, e que o compañeiro que recibiu estaba en boa disposición de tiro, pero eu suxeriría que se tire máis á portería cando hai tiro claro.

    En fin.... cousas que se me ocorren mentres non teño moito que facer, e para ver se vos animades a decir que vos parece a vós...

    ResponderEliminar
  2. Noraoa polo novo campo, como afecionado desexovos moita sorte e que continuedes así. Tamén como afecionado, pode algún comentar algo dos novos fichaxes e se ides facer maìs. Un saúdo.

    ResponderEliminar