martes, octubre 30, 2012

Dolorosa derrota

O Santiso volveu caer e desta volta por goleada, o Villestro B levouse o partido disputado o pasado domingo no Novo Zahorra por un gol a cinco.
 
Polos locais xogaron Dani na portería, Isma, Tono, José e Kike na defensa, Roberto, Micho, Luis, Agustín e Fran no centro do campo, con Manolo na punta do ataque. Na segunda metade entraron no campo Moncho, Manuel, José de Trebolo e Javi Liñares en sustitución de Roberto, Fran, Isma e Manolo respectivamente.
 
O inicio do choque non puido ser mellor para os locais xa que na primeira xogada do partido o Santiso adiantouse no marcador logo dunha boa xogada colectiva con centro final de Kike e remate en propia porta do Villestro B. Sin embargo, a pesar do excelente inicio para os locais, pronto chegou a igualada no marcador nunha xogada ó limite do fóra de xogo. Pouco despois, os visitantes anotaron o segundo nunha xogada casi calcada. A pesar de que ata o descanso os locais tiveron boas ocasións para devolver as taboas ó marcador por mediación de Manolo, Agustín e sobre todo Roberto cun remate ó longueiro, o resultado non variaría.
 
Na segunda metade rachouse completamente o partido cando os visitantes conseguiron o terceiro e casi que finiquitar o choque. Cando faltaban poucos minutos para o final e cun Santiso con defensa de tres, o Villestro B anotou dous goles máis deixando un resultado dificil de asimilar.
 
Non queda outra que pensar xa no próximo partido e levantar ó ánimo. A cita será fronte ó Camporrapado a domicilio o vindeiro domingo.
 
Un saúdo e forza Santiso!!

miércoles, octubre 24, 2012

Partido tolo

Non consegue o Santiso acadar a victoria nesta tempada, desta volta caeu fronte ó Pino B por 6 goles a 4 nun choque que tivo moitas alternativas no marcador e que a pesar da nefasta primeira parte realizada polo equipo puido conseguir cando menos un punto.
 
Polos visitantes actuaron Dani na porta, Tono, Moncho, José e Javi Ministro en defensa, Luis, Micho, Agustín, Fran e Alex no medio con Manolo arriba. Na segunda metade participaron Roberto, Javi Ourense, Javi Liñares e José Trebolo.
 
Na primeira xogada do encontro xa se puxeron mal as cousas para ó equipo xa que os locais conseguiron adiantarse no marcador con agasallo de Dani incluido. Esta circunstancia provocou certa inseguridade no equipo e cando quixo reacionar dous novos remates acababan nas redes visitantes. A pesar de que o Santiso anotou un gol tras unha boa xogada de Alex que os defensas locais introduciron na sua porta; o pesadelo continuaba xa que na acción seguinte caía o cuarto tanto a favor do Pino B. Rematando a primeira parte, Alex conseguia reducir a diferencia a dous goles transformando unha pena máxima.
 
No segundo acto, a decoración cambiou bastante e o Santiso mereceu moito máis chegando a empatar por mediación de Alex (que volveu a anotar outro penalti) e Manolo que defineu a perfección logo dunha magnífica asistencia de Fran. Co empate a 4 puido pasar de todo pero a inxusta expulsión de Alex motivou que os locais volvesen a levar o peso do encontro, inda así, Roberto tivo unha gran oportinidade de voltear o marcador por completo pero o gardamallas local desbaratou o seu remate. Pouco despois chegou o quinto para os da casa, circunstancia que sumada a expulsión de Javi Minitro nunha xogada posterior suporía a resignación definitiva do Santiso. Cerca do remate, os locais acadarían o sexto logo dun remate de falta.
 
Quedandonos co positivo, o equipo conseguiu remontar un 4-1 adverso fóra da casa e de non ser por xogar en inferioridade nos minutos finais quizais se conseguise sacar algún punto. Obviamente existen cousas que mellorar pero hai que animarse e tratar de conseguir canto antes a primeira victoria da tempada. O próximo partido será o domingo no Novo Zahorra ás 16.30 fronte ó Villestro B.
 
Un saúdo e forza Santiso!! 


miércoles, octubre 17, 2012

Sin puntos no Novo Zahorra

Resístese a primeira victoria da tempada para o Santiso, desta volta, foi o Resmón o que conseguiu levarse os tres puntos nun partido bastante igualado que se decideu por un único gol.
 
Na formación local actuaron Charli como porteiro, Tono, Moncho, José e Kike en defensa, Roberto, Micho, Luis, Dani e Alex no medio, con Manolo como dianteiro. Na segunda metade participaron Fran, Javi Liñares, Javi Ministro e Isma que sustituiron a Roberto, Dani, Luis e Micho respectivamente.
 
Tentou o Santiso levar o peso do choque durante o primeiro tempo pero atopou unha boa oposición dos visitantes que se agazapou ben atrás sen conceder moitas ocasións e que atacaba con contras moi perigosas. Neste período Luis tivo a ocasión máis clara polos locais nun man a man que o porteiro do Resmón conseguiu despexar, tamén Alex tivo unha boa ocasión pero o seu remate foise fóra; por parte visitante tamén existiron achegamentos que puideron variar o marcador. Sen embargo, ó descanso chegaríase co marcador sin goles. 
 
Respirabase no ambiente que o que conseguise anotar primeiro se ía levar os tres puntos e así foi. O momento clave produciuse cando apenas se disputaran os primeiros quince minutos do segundo acto; Luis de novo tivo a gran ocasión de adiantar ó Santiso rematando ó poste dende fóra da área pero algo peor agardaba ó equipo na xogada seguinte, xa que os visitantes armaban unha contra que propiciaría o único gol do encontro. A partir de ahí, o Santiso tentouno con máis corazón que cabeza e incluso puido encaixar algún gol en lugar de anotar  nalgún contragolpe máis dos que dispuxeron os visitantes que ademais desquiciaron ó equipo con continuas perdas de tempo dende que conseguiron adiantarse no marcador.
 
Non foi o mellor partido do Santiso pero plantou cara a un Resmón que é o único equipo da liga que inda non recibeu ningún gol. Se vos fixades na clasificación, os nosos primeiros tres rivais ocupan os tres primeiros postos polo que toca erguerse e pensar xa no próximo partido que será o vindeiro sábado fronte O Pino B ás 16.30.
 
Un saúdo e forza Santiso!!  

miércoles, octubre 10, 2012

Primeiro punto

O Santiso ven de estrear o seu casilleiro de puntos na presente campaña; acadou un meritorio empate a dous goles fronte ó Vila de Ordes a domicilio. O encontro tivo unha parte para cada equipo e o resultado final puido ser favorable a calquera dos dous contendentes.
 
Polos visitantes xogaron Charli na portería, Moncho, Dani, José e Isma en defensa, Fran, Agustín, Micho, Luis e Alex no medio con Manolo na punta do ataque. Na segunda metade participaron Kike, Javi Ministro, Javi Ourense, Javi Liñares e Roberto que sustituiron a Isma, Micho, Fran, Agustín e Manolo respectivamente. A pesar de ser un encontro fóra da casa, o plantel de xogadores non fallou e esto obrigou a que Manuel e José de Trebolo quedasen fóra da convocatoria por decisión propia de ambolos dous xogadores, xesto sen dúbida a aplaudir.
 
Os locais vironse claramente superados polo bo facer dos seus rivais no primeiro acto, o Santiso fíxose co esférico e esto permitiulle dominar e dispoñer de oportunidades. O gol inaugural do partido chegou logo dunha magnifica acción combinativa de todo o equipo, a xogada iniciuna Charli sacando en corto para a defensa que subeu o esférico ata o medio do campo para que finalmente tras un bo centro de Alex, Manolo remachase á rede. Co marcador a favor,  o equipo soltouse e o segundo gol non se fixo agardar, Luis saca unha falta que ninguén consigue rematar que se introduce finalmente na portería local. O terceiro e quizais o finiquito do partido a favor dos visitantes, puido chegar en duas boas ocasións por parte de Manolo pero os da casa sairon vivos de ambos remates. Cando parecía que se chegaría ó descanso co marcador coñecido, no último minuto da primeira metade e tras unha contra, os locais conseguían reducir distancias. Outra vez o gol sicolóxico...
 
No segundo acto, o Vila de Ordes atacou máis a área visitante e buscou con máis descaro a portería defendida por Charli. Acadaría o premio do gol mediada esta parte e foi a partir de ahí cando o Santiso veu perigar sacar algo positivo do encontro a pesar de que Manolo tamén tivo de novo unha boa ocasión de gol neste período. Os locais tiveron a oportunidade máis clara cun posible penalti que afortunadamente o colexiado non pitou. Finalmente, o marcador non se movería e con reparto de puntos remataría o choque.
 
Cunha neta melloría con respecto o partido inicial, o Santiso afrontará o vindeiro encontro fronte ó lider tras dúas xornadas, o Resmón, o próximo domingo no Novo Zahorra ás 16.30 da tarde; agardemos coma sempre unha gran presencia de público e que o equipo poida dedicarlle a primeira victoria da tempada.
 
Un saúdo e forza Santiso!!

jueves, octubre 04, 2012

Nervios

Con máis retraso do debido, chega a crónica do primeiro encontro de liga. Tralas dúas magníficas previas realizadas por Tono toca analizar o partido que dou o pistoletazo de saída na tempada 2012-2013.
 
Moitas ganas tiña o equipo de agradar e de facer un bo papel ante o seu público no arranque ligueiro pero desafortunadamente o Santiso non puido agasallar cos tres puntos á súa parroquia e caeu derrotado por 2 goles a tres fronte ó Touro. O primeiro once da nova campaña dos locais foi o formado por Dani na portería (tras a baixa de Iván e a sanción de Charli), Tono, Moncho, José e Kike en defensa, Agustín, Micho, Manuel, Luis e Alex no medio e na dianteira Manolo. Na segunda metade participaron Javi Ministro, Javi Ourense, Javi Liñares, Roberto e José Trebolo en sustitución de Micho, Manuel, Luis, Manolo e Moncho respectivamente.
 
O Santiso levou máis o peso do partido no primeiro acto, inda que non chegou a ter moitas ocasións, ós puntos o equipo mereceu chegar ó descanso con vantaxe. Manolo tivo unha boa oportunidade pero os da casa anotaron o primeiro gol do encontro tras un corner ensaiado por mediación de Alex. Cando o tempo de lecer se acercaba, o Touro conseguiu o gol do empate nunha contra. Ese gol sería o inicio do fin para os locais.
 
E é que pouco despois de volver dos vestiarios os visitantes conseguían darlle a volta ó marcador e ferir de gravidade animicamente ó equipo. Sin embargo, logo dun saque dende o curruncho o Santiso conseguiu o gol do empate por mediación de Kike novamente tras unha acción ensaiada. Nese intre parecía que os locais poderían incluso levarse os tres puntos pero nada máis lonxe da realidade. Nunha falta lonxana, Dani fallou con claridade á hora de colocar a barreira e o Touro acadou o 2-3 final. Foi outro duro golpe que xa foi demasiado para un Santiso que o tentou ata o remate pero con máis corazón que cabeza. Nesta fase Agustín tivo a ocasión máis clara pero o gardamaias visitante fixo unha boa intervención.
 
Datos positivos e negativos como ben comentou Tono (ó que animo a que faga algunha crónica), pero que ambos toca esquecer xa pensando no próximo partido, o sábado contra o Vila de Ordes ás 18:45 (parece que a tolemia cos horarios non é exclusiva da primeira división...). Esperemos que cheguen os primeiros puntiños da tempada.
 
Un saúdo e forza Santiso!!

Previa Xornada 2

Agardando que Dani nos regale outra das súas crónicas acerca da primeira xornada, aproveito só para facer un par de comentarios (e de paso seguirlle dando vidilla ó blog).
Para comenzar, dicir que este fin de semana xogaremos o sábado, e non o Domingo como ven sendo habitual. En Siguetuliga seguen indicando as 18:45 como hora do partido. Non se se finalmente se conseguiu adiantar algo ou non (para que aqueles que teñen problemas co traballo por aquelo do horario poidan asistir). Visitaremos o campo dun recén chegado de 2ª rexional, que ademáis comenzou gañando fácil o seu primeiro partido, como podedes ler no seu blog (aproveito tamén para enlazalo na parte dereita, xunto con outros rivais), así que non se presume un partido doado.

Polo que respecta ó partido do domingo, só quería deixar un par de notas positivas e un par negativas para a reflexión. No apartado positivo, a resposta do público, un ano máis, e pese ó resultado, e tamén a satisfacción de ver como as xogadas ensaiadas a balón parado dan finalmente os seus froitos, pois os dous goles chegaron deste xeito (dous córners, o primeiro deles ensaiado xa desde o ano pasado, e o segundo bastante repetido nos entrenamentos deste ano con Víctor). No tocante ó negativo, indicar o fallo grave de equipo que permitiu que co marcador a favor nos fixeran un gol nunha contra, ademáis nun momento pésimo (case chegado o descanso), e a escasa capacidade de reacción e de crear máis ocasións de perigo, máis aló das xogadas a balón parado. Confiemos en que os adestramentos nos permitan mellorar estes aspectos.

Coma sempre, estas son só algunhas ideas miñas... A ver que pensades vós.