martes, octubre 30, 2012

Dolorosa derrota

O Santiso volveu caer e desta volta por goleada, o Villestro B levouse o partido disputado o pasado domingo no Novo Zahorra por un gol a cinco.
 
Polos locais xogaron Dani na portería, Isma, Tono, José e Kike na defensa, Roberto, Micho, Luis, Agustín e Fran no centro do campo, con Manolo na punta do ataque. Na segunda metade entraron no campo Moncho, Manuel, José de Trebolo e Javi Liñares en sustitución de Roberto, Fran, Isma e Manolo respectivamente.
 
O inicio do choque non puido ser mellor para os locais xa que na primeira xogada do partido o Santiso adiantouse no marcador logo dunha boa xogada colectiva con centro final de Kike e remate en propia porta do Villestro B. Sin embargo, a pesar do excelente inicio para os locais, pronto chegou a igualada no marcador nunha xogada ó limite do fóra de xogo. Pouco despois, os visitantes anotaron o segundo nunha xogada casi calcada. A pesar de que ata o descanso os locais tiveron boas ocasións para devolver as taboas ó marcador por mediación de Manolo, Agustín e sobre todo Roberto cun remate ó longueiro, o resultado non variaría.
 
Na segunda metade rachouse completamente o partido cando os visitantes conseguiron o terceiro e casi que finiquitar o choque. Cando faltaban poucos minutos para o final e cun Santiso con defensa de tres, o Villestro B anotou dous goles máis deixando un resultado dificil de asimilar.
 
Non queda outra que pensar xa no próximo partido e levantar ó ánimo. A cita será fronte ó Camporrapado a domicilio o vindeiro domingo.
 
Un saúdo e forza Santiso!!

2 comentarios:

  1. Wenas,vamos chavales a levantar ese animo e o domingo a konseguir a 1 victoria.1 saudo e AUPA SANTISOOO..alex

    ResponderEliminar
  2. Moy ben dani. bueno a suerte nonnos acompaña moito pero bueno eu penso que algun dia a de cambiar. un saludo . e o santiso nunca pode rendirse!!!!!. Cr6

    ResponderEliminar