O Santiso acadou un novo triunfo no penúltimo encontro na casa por dous goles a un fronte ó Tordoia B. A pesar de que o resultado foi axustado o equipo dominou claramente o partido e só a falta de acerto fronte a portería contraria permitiu que o marcador non fose máis claro para os locais.
O once inicial do equipo foi o conformado por Charli na portería, Moncho, Tono, José e José de Trebolo en defensa, Roberto, Agustín, Javi Ministro, Fran e Alex no medio con Manolo en ataque. No segundo acto participaron Isma, David e Manuel en sustitución de Tono, Alex e Fran.
A primeira gran ocasión do partido tivoa Manolo que non puido conectar ben un bó centro de Agustín nunha falta. Minutos despois, Alex cun remate cruzado inauguraba o marcador para o Santiso. O segundo gol non chegaría ata o seguinte acto a pesar de que o equipo dispuxo de boas oportunidades antes do descanso. Primeiro Roberto dispuxo dun remate franco á portería rival logo dunha magnifica asistencia de Fran pero o disparo foise fóra. Posteriormente, invertironse os papeis e un pase da morte de Roberto non foi aprobeitado por Fran que enviou o seu remate por encima da porta visitante.
Tras o descanso, o choque non variou e os locais seguiron levando o peso do choque. O gol da tranquilidade acadouno Manolo despois dunha gran acción combinativa na que participaron Fran e Alex. A sentencia definitiva puido chegar en dúas boas oportunidades de Roberto e David pero non habería máis tantos do bando local. A pesar de apenas sufrir apuros en defensa, os visitantes conseguiron anotar na recta final do partido e darlle emoción ós minutos finais pero o resultado non sufría máis variacións.
Partido que significou a despedida de Javi Ministro que vai emprender a aventura africana en Angola, esperemos que lle vaia moi ben ó de Pezobre.
O vindeiro partido será á domicilio fronte ó Atlético Melide pero será o próximo día 14 de abril xa que este domingo non hai liga por ser Semana Santa e o seguinte é cando lle toca descansar ó equipo.
Un saúdo e forza Santiso!!