jueves, marzo 29, 2012

Regreso ó pasado

O Santiso visitou o pasado domingo un deses campos dos que hoxe en día poucos se ven, terreo de xogo pequeno de area con algunha que xa ascendía á categoría de pedra e en canto ós balóns, algún de nós saíulle un sorriso cando viu o mítico "mikasa". No meramente deportivo, o Resmón levouse o partido por catro goles a un.


Polos visitantes xogaron Charli na porta, Javi Liñares, Dani, José e José de Trebolo en defensa, Javi Ministro, Manuel, Micho, Fran e Alex no medio con Manolo arriba en ataque. Posteriormente participaron Roberto, Iván e Luis en sustitución de Alex, Charli e José de Trebolo respectivamente.


O Santiso amosou un mellor xogo na segunda parte que na primeira, pero paradóxicamente o resultado foi máis favorable no primeiro tempo que no segundo posto que ó remate dos primeiros corenta e cinco minutos chegouse co marcador inicial de cero a cero con máis chegadas á area por parte local.


No segundo acto chegaron os goles, o primeiro foi logo dunha perda no medio do campo do Santiso que provocou a contra que permitiu ó Resmón inaugurar o marcador. Non parecía que a U.D. poidese acadar a igualada pero a partir de aquí empezou a combinar mellor e acadaría o premio do empate logo dun espectacular gol de falta de Micho. Pero, ó pouco tempo, e logo dun saque de esquina os locais lograron de novo adiantarse no marcador, un duro golpe que os visitantes non puideron sobrepoñerse e máis cando pouco despois encaixaban o terceiro. De ahí ata o final, un querer e non poder por parte dos visitantes e outro gol máis para o Resmón que conseguiu unha goleada ante un Santiso que non mereceu un castigo tan elevado.


O próximo partido será no Novo Zahorra contra o Lestedo o próximo domingo ás cinco da tarde, agardemos que poidamos recuperar algunha das baixas para este encontro.


Un saúdo e forza Santiso!!

jueves, marzo 22, 2012

Segunda Remontada

Se en toda a tempada non se conseguira voltear ningún resultado en contra, o Santiso ven de acadar dúas victorias consecutivas deste xeito. Desta volta, venceu por dous goles a un fronte ó Ames no Novo Zahorra.


Polos locais xogaron Ivan na porta, Javi Liñares, Tono, José e Isma na defensa, Javi Ministro, Manuel, Dani, Fran e Alex no medio, con Manolo na punta de ataque. No segundo tempo, participaron Roberto, Micho, Jose do Padrón e José de Trebolo que entraron no terreo de xogo en sustitución de Dani, Manuel, Alex e Javi Liñares respectivamente.


Non foi un partido con excesivas ocasións, moito mediocampismo e partido "feo" de ver para o espectador. Na primeira metade reseñable unicamente unha clara ocasión de Manolo nun remate de cabeza que non conseguiu conectar plenamente logo dun bo centro de Alex.


Na segunda metade chegaron os goles, o primeiro foi ó pouco de reiniciarse o encontro; o Ames conseguiu anotar logo dunha falta na que o esférico se paseou pola área local ata que un xogador visitante tocou o balón para introducilo no fondo das mallas. O Santiso sacou nese intre a casta para arranxar o marcador e conseguiu empatar por medio de Manolo logo dunha asistencia de Alex. Co resultado igualado os visitantes tiveron unha clarisima ocasión para adiantarse novamente no marcador cun remate a porta vacía que afortunadamente se foi fóra. A sorte que faltou noutras ocasións sorriu desta volta ó equipo e cerca do final unha pelota moi ben pelexada por Manolo no centro do campo permitiulle asistir a José de Trebolo e éste á súa vez a Javi Ministro para que o de Pezobre se plantase só fronte o gardaredes visitante e o batise para certificar a victoria para os locais.


Non conseguiu o equipo desenvolver un bo xogo durante o partido pero o empuxe final foi suficiente para acadar os tres puntos. O seguinte encontro será fronte ó Resmón a domicilio, o único equipo que venceu ó lider da clasificación, non será fácil...


Un saúdo e forza Santiso!!

jueves, marzo 15, 2012

Remontada

Conseguiu o Santiso a segunda victoria consecutiva como visitante, foi ante o Touro por un gol a tres. A pesar de vencer por dous tantos de diferencia, non foi un partido nada fácil para a U.D. que tivo que sufrir para traer os tres puntos para a casa.


O equipo formou con Iván na portería, Isma, Tono, José e Kike en defensa, Fran, Luis, Micho, Dani e Alex no medio e Manolo arriba. No segundo período participaron Javi Ministro, Roberto, Javi Liñares, Jose do Padrón e José de Trebolo sustituíndo a Micho, Alex, Isma, Manolo e Dani repectivamente.


Non saíu nada concentrado o Santiso ó choque, o Touro foi claramente dominador dos primeiros compases do partido e comezou a ter ocasións na área visitante. Nunha delas, o dianteiro local controlou un esférico na área e batiu a Iván. Co gol, o equipo reaccionou e buscou algo máis a portería local; a ocasión máis clara tivoa Fran que sufreu un máis que probable penalti que non pitou o árbitro. Co marcador en contra chegaríase ó descanso.


Na reanudación, o Santiso estivo mellor plantado pero sin conseguir dominar o partido claramente debido a que estivo moi embarullado polas continuas faltas e protestas dos locais, preguntádelle a Tono ou Micho que foron os que máis ás sufriron . A clave deste segundo acto e do partido quizais estivo na ocasión que tivo o Touro de marcar o segundo nunha falta que rematou ó longueiro; afortunadamente o balón non entrou e a partir de ahí o Santiso fixose co encontro. O empate chegou por mediación de Manolo que aprobeitou un bo servicio de Kike para batir ó porteiro local. O gol dou moita moral ó Santiso e minutos despois Manolo repetiu logo dunha boa xogada entre Fran e Luis. Casi sin tempo para reaccionar e pouco despois de sacar de centro, Javi Ministro anotou o terceiro nunha contra.


Victoria moi sufrida e loitada polo Santiso que debe dar moral para futuros partidos e ver que este equipo é quen de gañar inda que o rival se adiante no marcador. O próximo domingo volve o fútbol ó Novo Zahorra a partir das 4.30 da tarde, visitanos o Ames.


Un saúdo e forza Santiso!!

jueves, marzo 08, 2012

Fin da xeira

O Tordoia estragou a boa racha de victorias que tiña o Santiso no Novo Zahorra e infrinxeulle un contundente 1-4 no marcador. Os locais resistiron ben o primeiro tempo, pero na reanudación, os visitantes dominaron claramente e levaronse o partido.


Pola U.D. actuaron Charli na porta, Javi Liñares, Tono, José e Kike na defensa, Javi Ministro, Manuel, Micho, Dani e Alex no medio, con Manolo arriba. No segundo acto participaron Luis, Roberto, Isma, Jose do Padrón e José Trebolo que sustituiron a Micho, Dani, Kike, Alex e Manolo respectivamente.


O guión que buscaba o Santiso era o mesmo que contra ó Agrón, ben posicionados atrás sen renunciar ó ataque, e así foi durante a primeira metade. O Tordoia non profundizou en exceso pero sin embargo conseguiu adiantarse no marcador. Os locais non acusaron o golpe e intentaron conseguir o empate, Manolo conseguiría o obxectivo logo de prolongar á rede un pase de José coa testa. Anteriormente xa tivera a ocasión de facelo despois dun saque de esquina pero o esférico forase alto. Co marcador igualado chegouse ó descanso.


O segundo acto comezou coas peores noticias para a parroquia local con un gol visitante, a partir de ahí todo foi moi costa arriba para o Santiso. Mediado este segundo período unha boa xogada individual do dianteiro do Tordoia propiciaba o 1-3 e que a moral do equipo se viñese completamente abaixo. Máis tarde inda houbo tempo para outro gol visitante que deixaba un marcador moi duro para os locais. Sin embargo, o Santiso non se rendeu e buscou anotar algún gol que dera algunha esperanza, os trocos introducidos por Joserra deron frescura en ataque e algunha xogada mereceu rematar en gol logo de boas combinacións, Luis tivo unha das ocasións máis claras.


Rematou pois a imbatibilidade como locais que mantiña o Santiso pero o equipo ten ante sí a posibilidade de encadear outra pero lonxe do Novo Zahorra, a segunda victoria chegaría o próximo domingo en Touro...


Un saúdo e forza Santiso!!

jueves, marzo 01, 2012

Triunfo a domicilio!

Despois de moito agardar, por fin chegou a victoria fóra do Novo Zahorra, e é que o Santiso levaba sin acadar os tres puntos lonxe da casa dende a primeira xornada de liga. Foi nunha tarde primaveral no Milladoiro fronte ó Ortoño por dous goles a catro.


Os integrantes do once inicial por parte visitante foron Charli na portería, Javi Liñares, Tono, José e Kike na defensa, Javi Ministro, Manuel, Micho, Dani e Alex no medio e Manolo na punta do ataque. Na segunda metade participaron Luis, Roberto (que afortunadamente xa o temos co equipo plenamente recuperado da súa operación de oído), Fran e José de Trebolo en sustitución de Micho, Alex, Javi Ministro e Manolo respectivamente.


A primeira metade foi un auténcico "correcalles", os ataques impuxeronse claramente ás defensas e os goles sucederonse en ambas porterías. O Santiso foi o que golpeu primeiro, logo de que Manolo asistise a Dani para anotar o gol inaugural do encontro cando apenas se disputaran cinco minutos de xogo. Lamentablemente, os locais conseguiron empatar pouco despois e o partido case que comezaba de novo. Inesperadamente, logo do saque dende o centro do campo, Dani lanzou o esférico cara á área local, o intento de despexe do defensa do Ortoño convertiuse no 1-2 para os visitantes. Tras uns minutos de tanteo no que os locais acusaron algo o golpe, o Santiso puido incrementar a ventaxa con sendos remates de Alex e Manuel, este último facendo unha gran xogada roubandolle a pelota ó rival cando éste a protexía para que se fose por liña de fondo. Pero o partido inda non tiña dono, xa que nunha boa xogada de ataque, o Ortoño conseguía de novo a igualada no marcador. Logo dunha boa parada de Charli ó tiro dunha falta, o terceiro para o Santiso chegaría antes do tempo de lecer; un magnífico remate de Manuel foi despexado en falso polo gardamallas local, Manolo atento ó rexeite, facía ó 2-3 no marcador co que se chegaría ó merecido descanso.


Na reanudación tocou sufrir, e moito, o Ortoño encerrou ó Santiso na busca do empate con continuos balóns ás espaldas da defensa, a retagarda dos visitantes respondeu espléndida evitando case que tódalas ofensivas locais. Sin embargo, a balón parado tamén se viu ameazada a zaga do Santiso, unha das máis claras, foi un testarazo ó longueiro logo dun saque de esquina. Pero a xogada que puido marcar o partido foi a que ó árbitro sinalou como penalti por unhas supostas máns de Luis na área, afortunadamente, o dianteiro do Ortoño estrelou o balón na mesma cruzeta da portería de Charli e é que como ben dixo Manolo "o noso Casillas impón moito na portería". Na recta final do encontro, cos locais buscando o empate, chegaron máis ocos para o Santiso e poder trenzar algunha contra; avisou primeiro José de Trebolo que logo dun bo regate ó defensa non puido batir ó porteiro local e casi que co partido rematado, Roberto inventouse un remate á mismísima escadra para conseguir un auténtico golazo e que os tres puntos viñesen para á casa.


Victoria moi meritoria do Santiso que cerrou un moi bó mes de febreiro con tres victorias e tan só unha derrota. Comezamos marzo cun óso duro de roer, o Tordoia visita o Novo Zahorra o próximo domingo ás 4.30 da tarde.


Un saúdo e forza Santiso!!