lunes, abril 28, 2014

Vilatuxe 0 - Santiso 0

Cerrouse o telón da campaña 2013-2014 para o Santiso. O equipo acadou un meritorio empate a cero goles no feudo do campión da competición para pechar a tempada.
 
Polos visitantes actuaron Iván na porta, Bruno, Dani, José e Agus en defensa, Rober, Luis, Javi, David e Alex no medio con Nacho na punta do ataque. Mediada a primeira metade, Carlos sustitueu a Bruno que abandonou o terreno de xogo lesionado.
 
No primeiro acto notouse que ambos equipos non se xogaban nada e apenas houbo ocasións claras de gol nas dúas áreas. A oportunidade máis clara deste período chegou por mediación de Nacho que enganchou a perfección un balón que finalmente se estrelou no poste da porta local.
 
Tras o descanso, conforme se ía acercando o remate do partido, a intensidade medrou un pouco e os locais apretaron en busca do gol da victoria pero sin acadar ocasións claras de gol. A oportunidade máis importante veu de novo por parte visitante cando Alex rematou a bocaxarro tras unha mala saída do gardameta do Vilatuxe pero o seu remate foise fóra.
 
Finalmente o equipo pecha a tempada no séptimo posto a tan só 4 puntos do posto que daría opción a xogar a promoción de ascenso. Toca agora un longo descanso ata a nova campaña.
 
Un saúdo e forza Santiso!!


lunes, abril 14, 2014

Santiso 8 - Prevediños 1

Borracheira de goles no último encontro da campaña no Novo Zahorra. O Santiso goleou sin piedade ó Prevediños por oito goles a un nun partido sin moita historia como indica o marcador final.
 
Polos locais xogaron Iván na porta, Bruno, Dani, Borja e Kike en defensa, Javi, Fer, Luis, David e Trebolo no medio, con Manolo na punta de ataque. Na segunda metade tamén dispuxeron de minutos Boimorto, Rober, José, Carlos e Nacho que entraron no campo en sustitución de Trebolo, Bruno, Borja, David e Manolo respectivamente.
 
A pesar do abultado do resultado o equipo non desplegou un gran xogo inda que sí foi efectivo de cara a porta contraria sobre todo no segundo acto. Nos primeiros corenta e cinco minutos os locais conseguiron anotar dous tantos, o primeiro foi obra de Javi gracias a un remate dentro da área que tras golpear o poste se introduceu nas redes da porta visitante. O segundo chegou por mediación de Luis que anotou un gran gol dende a distancia.
 
Tras o descanso os locais saíron algo relaxados e esto permiteu que o Prevediños realizase algún achegamento á porta de Iván conseguindo reducir distancias nunha desas chegadas. A partir dahí, os locais puxeronse as pilas e os goles comezaron a caer. Javi completando o seu doblete acadou o terceiro e Rober pouco despois acadaba o cuarto rompendo as ilusións dos visitantes que a partir dese momento baixaron os brazos. A goleada completouna José cun testarazo tras un saque de esquina, Nacho tras unha boa asistencia de Rober, Kike nunha subida ó ataque e Rober que conseguiu tamén un doblete na súa conta persoal.
 
Xa só falta un encontro para finalizar a liga e será a domicilio fronte ó Vilatuxe, equipo que ven de acadar o ascenso nesta xornada. O choque disputarase dentro de dúas semanas posto que na Semana Santa non se xogaran partidos.
 
Un saúdo e forza Santiso!!  

lunes, abril 07, 2014

Camporrapado 0 - Santiso 4

Victoria contundente a acadada polo Santiso na súa visita a Camporrapado por catro goles a cero. O equipo dominou por completo o partido e reflexouse no resultado final.
 
Polos visitantes actuaron Charli na porta, Bruno, Dani, José e Alex en defensa, Carlos, Luis, Fer e Iván no medio con Nacho e Manolo arriba. Na segunda metade tamén participaron Javi, Roberto, Trebolo, Boimorto e Iván Mourazos en sustitución de Iván, Carlos, Alex, Manolo e Charli respectivamente.
 
Pronto se puxeron as cousas de cara para o equipo cando Nacho foi quen de inaugurar o marcador logo dunha gran xogada individual. Minutos despois, o de Pezobre realizou unha boa internada pola banda e cedeu o balón a Manolo pero o remate deste último estrelouse no longueiro. Co partido aparentemente controlado, Charli tamén apareceu en escena realizando unha magnífica interveción a un remate dentro da área que ben puido significar o empate. Foi a ocasión máis clara para os locais que pronto se viñeron abaixo ó acadar Manolo pouco despois, un deses goles que fai xustiza ó traballo que fai tódolos partidos o de Vilar; o gardameta local presionado por Manolo despexou o esférico que golpeou no ariete do Santiso e paseniñamente foise introducindo nas redes. Cando o primeiro tempo estaba a piques de rematar, os visitantes acadaron o terceiro gol por mediación de Fer nunha xogada ensaiada dende o curruncho.
 
Na reanudación, co rival casi entregado, o Santiso redondeou o triunfo noutra internada de Nacho pola banda que cedeu a Carlos para que acadara o cuarto tanto para o equipo. Roberto nos minutos finais dispuxo da oportunidade de conseguir o quinto nun man a man pero o seu remate foise fóra por pouco.
 
O vindeiro choque do Santiso será o próximo domingo no Novo Zahorra fronte ó Prevediños, será o derradeiro partido na casa do equipo na presente campaña.
 
Un saúdo e forza Santiso!!