miércoles, octubre 25, 2006

Santiso, paraíso soñado


Di a canción “Vivir na Coruña que bonito é”. Vivir en Santiso tamén é bonito. É bonito e á vez curioso, no sentido de que este concello podería ser sen problema a mostra científica na que se dese o caso da existencia de todo tipo de personaxes.
Se un extraterrestre aterrase en Santiso tería que afacerse a un ritmo moi distinto ao das cidades; distinto xa ao de Melide. En Santiso o tempo mídese polo sol, non polo reloxos. Os veciños atópanse cando botan as vacas pola mañá e paran a botar un conto, ou dous, ou dez, ou corenta...
Tería que afacerse ao cheiro, delicioso e inconfundible, da herba seca acabada de segar, que aniña na memoria dun ano para outro, e preguntaríase como é posible que teñamos unha clase política que leva máis de 30 anos quentando asento (quentando asento; deixando caer que a paga, como vén tamén pode marchar; vendendo favores que non son tal e seguindo ao pé da letra a política de Pista-Poste).
Seguramente o noso amigo extraterrestre se asombraría dos poucos cativos que ten o concello. Non é de estrañar, se temos en conta que cando se xuntan algúns posibles, o primeiro que fai a mocidade é buscar un piso en Melide. Oh....! Melide! O vello soño americano parece que se enxendrou aquí!
Xa non quedan escolas unitarias, acabouse o ruído das risas no recreo en calquera parroquia do concello. Agora toca, coma en todo, centralizar. Claro que non é o mesmo ser da Ponte ca de Visantoña. É coma Melide e Arzúa: oficialmente veciños pero inimigos e rivais ata nas competicións máis absurdas. A Cornella ou a piscina; o 14 de setembro ou o San Agustín, o Santiso F.S. ou o Lareira: non se pode estar cos dous! Hai que posicionarse! Dous colexios, dous centros médicos, dous equipos de fútbol, dous puntos neurálxicos de actividade comercial separados pola fronteira natural do Beseña. Mais, a cada lado medran os rancores, (que foi daqueles tempos das carreiras en Visantoña!!), as competencias,...
Vivir en Santiso, que bonito é! Ir os domingos á misa e atopar aos mesmos vellos, aos mesmos curas de hai vinte anos que forman parte da nosa historia, e aos mesmos rapazotes que van obrigados polas nais a durmir no último banco.
O noso extraterrestre visitante levaría unha imaxe dun sitio no que os mozos traballan para os pais. Vería que é posible chamarlle pista polideportiva a unha superficie cementada coma a que campa na entrada de Belmil. Sabería que non é imprescindible estudar medicina para expedir receitas médicas, que nin sequera hai que ter estudos para ser alcalde, e que e posible ir cada catro anos nunha lista electoral distinta e levar garabata con honor e coa cabeza guicha.
Pero, malia todo, posiblemente, o extraterrestre quedase a vivir con nós. Mágoa que teña que decidir a que lado do Beseña...

lunes, octubre 23, 2006

6ª Xornada

A crónica
Non puido ser. Comentaba riki o outro día que ademais da rivalidade futbolística Santiso-Vilatuxe, tamén estaba a rivalidade, ben entendida, claro está, entre as bandas de música dos respectivos concellos. Pois despois do visto o domingo no campo da Ponte haberá que esperar que os nosos amigos da municipal de Villar de Ferreiros estean máis acertados coa tromba e o bombo do que estivemos co esférico.

0-3. Ese foi o doloroso resultado que de novo enterra ó santiso nos postos baixos da táboa. Non foi un partido desastroso, pero sí quedou claro dende o principio que o Vilatuxe con un equipo de máis talla física, máis pelexón, e tamén máis oportunista se ía levar o encontro. Esta vez nin o sistema táctico de Míchel deu resultado. O Santiso era incapaz de acercarse con perigo a portería rival; so algún tiro lonxano e xogadas a balón parado creaban algo de inquedanza. E así, nunha xogada na que o número 10 rival gañaba en velocidade á defensa local, entrando pola banda esquerda de ataque do Vilatuxe, chegaba o primeiro gol. Charly foi que de rechazar o tiro, pero non o posterior remate do dianteiro rival debaixo da portería. A segundo gol chegou tras unha falta que botaba o Vilatuxe casi desde o círculo central. Un centro templado e o dianteiro rematou entre dous defensas e o porteiro. Un tipo de acción na que teremos que estar máis atentos en sucesivos partidos. O cerre púxose xa na segunda metade, cun Santiso xa entregado.

Esperemos que este resultado sirva para facer reaccionar ó equipo. Seguro que o fará se sigue entrenando e traballando como ata agora. Temos que ter en conta, ademais que non puidemos contar con Alfonso no medio do campo e xa sabemos o que eso representa para o xogo do Santiso.

Non queda máis que agradecer o, esta vez numeroso, público que asistiu ó encontro e pedirlles que non desanimen e que sigan apoiando como o fixeron o domingo. Xogouse contra un dos equipos chamados a estar arriba na clasificación. Seguro que en vindeiros encontros volveremos ofrecer goles e victorias á nosa xente.

Xogador estrela
Nunha xornada na que o equipo, en xeral, estivo bastante gris, debemos destacar con xustiza a Moncho como un dos que máis gañas e empuxe físico aportou. Defendeu con acerto e sumouse ó ataque sempre que puiudo pola súa banda. Mesmo chegou a crear perigo cun lonxano tiro de falta "ó estilo Roberto Carlos" que tivo que sacar o porteiro visitante. Soubo conterse ademais
cando o árbitro lle mostrou a amarela e moitos apostaban por que non acabaría o partido. Esperemos que esas gañas súas contaxien ó resto do equipo o vindeiro domingo no que visitamos o campo do Estudiantil.

Anecdotario
Cando Luxemburgo chegou ó Madrid, unha das incorporacións estrela fora Patricia Teixeira. Unha nutricionista, de bastante bon ver, que se comentaba que fixera adelgazar a Ronaldo 6 kilos cos seus métodos. Non sabemos se Míchel se puxo en contacto con esta profesional, pero o caso é que 2 xogadores do equipo, dos que máis manteñen o tipo en canto a quilos se refire, chegaron ó vestiario con plátanos e mandarinas como todo o seu xantar. Eso sí, coméntase que a noite do sábado foi longa para eles e mesmo un chegou cunha gorra e un cinto femenino que causarían estragos no mesmo París. Xa se sabe... os xogadores sempre marcando tendencias.

Por outro lado, témoslle que pedir a José que ate ben as botas, para evitar que algunha volva a saír disparada como ocorreu nun saque de porta no que ninguén saiu ferido.

E para finalizar ¿Non se vos parecía a Melendi o porteiro do Vilatuxe? ¿Alguén lle preguntou polo chocolate que máis lle gusta?

martes, octubre 17, 2006

4ª e 5ª xornadas

A crónica
Respecto a 4ª xornada, temos que decir que saimos derrotados por 4-3 do campo do Lamela-B. E eso que ós 15 minutos xa se gañaba por 3 goles a cero. Ó descanso chegouse con un 3-2 favorable, pero a expulsión de Álvaro e outra serie de circunstancias estrañas, que estamos seguros que non se repetirán, propiciaron a remontada do Lamela nun partido que tiñamos
gañado e que nos mesmos nos encargamos de botar por terra. O feito de que só 12 xogadores se puidesen desprazar ó partido, de seguro que tamén influiu neste adverso resultado. Decir finalmente que os goles do Santiso foron conseguidos por Míchel de penalty, Álvaro e José.

En canto a 5ª xornada, a victoria no campo do Dozón, fixo esquecer a derrota anterior e devolve ó Santiso ó medio da táboa clasificatoria. O resultado serviu ademais para alonxar as pantasmas creadas no partido anterior, pois, como naquel caso, conseguimos poñernos cun marcador de 3-0 a favor. Sin embargo, e pese á confusión dos 5 minutos finais, que puideron costarnos máis caro, esta vez a remontada non se produciu. Os goles do santiso foron anotados por Jose (José Manuel o do Padrón), que viu así recompensada a súa presión constante ó porteiro e a defensa rivais, Sandá e Moncho nun espectacular salto ó saque dun corner no que se impuxo a toda a defensa do Dozón. Sen embargo, parece que o arbitro concedeu este gol, que por certo para algúns non chegou a entrar, a Manuel, pero seguro que Moncho o seguirá intentando.

Desde logo non se poderá queixar o escaso público que acude ó municipal. O Santiso é, con 14 dianas, o equipo máximo goleador da categoría. Hai que decir tamén que so os dous últimos clasificados levan máis goles encaixados. Polo tanto, pódese decir que un pode acudir a ver este equipo con altas probabilidades de ver un bo espectáculo, polo menos no que a goles se refire.
Se a esto engadimos que a vindeira xornada recibimos ó Vilatuxe, o segundo equipo máis goleador con só un gol menos, debería ser argumento suficiente como para que os indecisos se animasen a achegarse o vindeiro domingo ó campo da Ponte. Deste xeito poden comenzar a tarde sobre as 4 vendo este emocionante partido e completar logo a tarde futbolística das que fan afección co Madrid-Barça do Bernabeu (sen dúbida, dous partidos de altura).
Outro dato a ter en conta e o enormemente distribuidos que están os goles que consigue o Santiso entre os seus xogadores. De feito, so 4 ou 5 deles aínda non viron porta rival, o que fai que a loita polo pichichi particular do equipo se presente máis aberta que nunca.

Xogador estrela
A falta da categoría de "Adestrador estrela" na que pugnaría cada semana a dupla Míchel-Juan, temos que asignar hoxe este galardón ó noso entrenador-xogador Míchel. E é que o seu revolucionario 5-4-1, para outros entendido como 3-4-3 cos laterales facendo de carrileiros, pero que o seu propio creador definiu como "chamádelle como queirades, pero é o mismo que o outro día", está empezando a dar resultados.

Nadie discute a categoría de Míchel como xogador, eso sí, cando está motivado e con ganas de xogar, pero a este paso teremos que falar pronto do novo Fernando Vázquez galego (ou quizais se se anima a deixar bigote o novo David Vidal, quen sabe...).

Anecdotario
Neste novo afán por abrir novos mercados, pensamos sobre todo en Oriente (non falamos neste caso de China ni Xapón senón do eixo Touro-Agolada-Tabeirós) coméntase que o Santiso incorporou á súa causa mesmo a estrelas da talla de Richard Gere (adicamos esta anécdota a José e Sandá que, ben seguro, pensaban que esto non sairía do vestiario).

Por outra banda, houbo unha pequena falta de comunicación entre o dúo de dirección técnica que fixo que algúns xogadores se desplazasen ó municipal de Dozón sen a pertinente ficha federativa. Ante esta situación considerouse, por unha vez e sen que sirva de precedente, que esta vez Alfonso non lle ía decir ó árbitro aquelo de "Eu son meu irmao oh!!!" que xa pensaramos para Míchel na Estrada.

lunes, octubre 02, 2006

3ª Xornada

A crónica
Espléndida victoria por goleada 7-0 ó Prevediños ante o noso público.

Hai que recoñecer que foi un partido fácil desde o principio e que o equipo rival nen sequera chegou a facer ocasións de peligro ante a portería de Charly (ainda que non podemos decir que fora un expectador de excepción porque co seu gol de penalty entra na dura pelexa polo pichichi do equipo). O encontro serviu para olvidar un pouco as dúas malas actuacións anteriores e para que o público que acudiu o campo se divertira co xogo, cos goles e tamén cos típicos comentarios que aparecen cun resultado tan abultado, claro (incluidos os apelativos cariñosos ó arbitro que lucía unha brillante e incipiente melena).

Ante a choiva de goles e a escasa oposición do rival, non comentaremos as distintas xogadas, e diremos únicamente que os goles foron conseguidos por Micho, Manolo (2), Alfonso, Jose, Dani (outro que sube como a espuma nas apostas para o pichichi) e o comentado de Charly de penalty.

Por certo, despois do encontro do Santiso, xogouse no municipal do Souto o encontro entre o Toques (con moitos ex-compañeiros) e o Ponte Carreira que rematou con empate a 2.

A vindeira semana visitamos o campo do Lamela B. Unha victoria do Santiso valería para adiantarlles na clasificación e colocarnos na zona alta da táboa.

Xogador estrela

Aínda que debido o tipo de partido pódese decir que todo o equipo parece mellor o certo é que todo o mundo pode ver que con Alfonso no medio do campo o equipo parece outro. Tócase máis o balón por abaixo, as faltas que se lanzan dan outra sensación de perigo e os equipos rivais cóstalles moitísimo máis facer xogadas.
Así pois, recordando aqueles vellos tempos nos que se decía que "Cando xoga Charly xoga o Santiso" agora temos que decir que "Cando xoga Alfonso xoga o Santiso". Estamos desexando velo acompañado pronto por Míchel motivado arriba (o flamante entrenador-xogador, o noso Vialli particular que onte decidiu reservarse)


Anecdotario
Con temple. Así marcou o noso porteiro Charly o seu primeiro gol esta tempada. Un porteiro da vella escola de Rogelio Ceni (si, si, ese do São Paulo que tira ata as zapatillas). Prevese unha dura competencia agora nas xogadas a balón parado Alfonso-Charly similar a tantos outros como Beckam-Roberto Carlos no Madrid. O público, que pese a que sempre ten a razón (ainda que neste caso menos, porque non paga entrada) fixo comentarios despectivos do tipo "Habían ser bos cando marcou hasta o porteiro..." e outros similares. Desde aquí animamos a Charly para que faga caso omiso deses comentarios e siga a súa imparable carreira cara o pichichi.

Certo xogador do Santiso, do que non imos decir o nome porque Sandá prefiere quedar no anonimato, tivo unha noite de sábado animada e apareceu co peito cheo de brillantina de colores o que fixo que máis dun pensanse se Carmen de Mairena non andaría este sábado por Melide.