jueves, diciembre 27, 2012

Derbi

Partido típico de rivalidade o disputado o pasado domingo no Novo Zahorra. Excaso de oportunidades e bo xogo pero con moita intensidade e emoción. Finalmente o Santiso levouse o choque por dous goles a un fronte ó Atlético Melide.

Os locais formaron con Charli na porta, Tono, Dani, José e Kike en defensa, Javi Ministro, Agustín, Micho, Fran e Alex no medio con Manolo na punta do ataque. Na segunda metade, Roberto, Isma e Javi Liñares sustituiron a Micho, Kike e Fran respectivamente.

O dominio na primeira metade correspondeu ó Santiso e foi nestes primeiros corenta e cinco minutos donde desenvolveu o mellor xogo do partido. O primeiro gol chegou por mediación de Alex que acadou unha espléndida volea coa perna esquerda logo de que Micho pelexase con acerto un balón aéreo. Sen apenas tempo para poder reaccionar, os visitantes recibían o segundo tras un xogada na que Tono pelexou polo esférico e asisteu a Fran; o do Padrón revolveuse con éxito na área e deixou en bandexa o gol a Manolo que empurrou a pelota ó fondo das redes. O marcador non sufriría variación antes do descanso.

Tras o tempo de lecer, o encontro foi claramente a menos sobre todo por parte local e apenas houbo achegamentos nas áreas. Polo Santiso a oportunidade máis clara tivoa Fran cun remate ó longueiro pero o resultado non se vería alterado ata os minutos finais e por parte visitante, cando o Atlético acadaba o gol da honra despois dun centro que se foi envenenando ata introducirse na porta local. Os minutos finais foron de nervios polo apretado do marcador pero o Santiso aguantou ben e finalmente os puntos quedaron na casa.

Non foi o mellor partido da tempada para os locais pero esta victoria debe dar moral para afrontar o próximo choque que será a domicilio fronte ó Rial xa en 2013.

Feliz ano e forza Santiso!!

martes, diciembre 04, 2012

Victoria placenteira

Gran triunfo o acadado polo Santiso o pasado domingo en Tordoia, os verdiamarelos derrotaron ós locais por cero goles a tres, pero sen dúbida o marcador final inda puido ser moito máis claro a prol dos visitantes xa que dispuxeron de infinidade de oportunidades para agrandar o resultado nun choque que dominou de principio a fin.
 
O equipo formou con Dani como arqueiro, Javi Liñares, Tono, José e Moncho en defensa, Roberto, Agustín, Javi Ministro, Fran e Alex no medio, con Manolo na punta de ataque. No segundo acto, José de Trebolo sustitueu a Manolo.
 
A pesar da longa viaxe, o Santiso non acusou o cansancio e pronto comezou a dominar o partido, nunha boa xogada combinativa finalizada cun centro de Alex e un testarazo de Manolo os visitantes inaguraban o marcador cando apenas se disputaran cinco minutos de xogo. O equipo colleu alas tras o gol e noutra fermosa acción iniciada por Fran, Roberto cedeu a Manolo e éste a Alex para que o de Mourazos anotara o segundo. De ahí ata o descanso as oportunidades sucederonse, Javi Ministro rematou dende fóra da área e o porteiro local desviou con acerto, minutos despois José nun remate de cabeza á saída dunha falta tamén puido sentenciar pero sen dúbida, Manolo tivo a máis clara deste primeiro período nun remate ó poste.
 
No segundo acto, máis do mesmo, dominio claro dos visitantes con grandes ocasións sobre todo na fase final do partido cando o Tordoia buscou un pouco máis a portería rival. Fran tería terceiro nas súas botas nun remate que desbaratou o gardamaias local, José de novo de cabeza tras un saque dende o curruncho puido acadar o gol da tranquilidade e minutos despois, producírase outra clarísima ocasión na que primeiro Roberto con remate ó poste e despois Manolo non conseguiron aprobeitar o bo centro dende a banda esquerda de Alex. O ansiado gol conseguiríase finalmente gracias a Javi Ministro que nunha boa aproximación ó ataque tras asistencia de Alex perforaba a rede local. Habería tempo para novas ocasións como un gol anulado a Roberto por fóra de xogo e tamén para un remate de Alex desviado de novo polo arqueiro do Tordoia.
 
Partido moi completo do equipo, quizais o mellor da tempada, cun triunfo que foi acompañado por grandes posesións do esférico e no que fixo boas accións combinativas co único pero da falta de gol que non debe alarmar a ninguén xa que tamén hai que gardar algúns para outros partidos.
 
A próxima cita para os xogadores do Santiso será a recinto pechado xa que este vindeiro venres celebrarase a xa tradicional cea de Nadal. Posteriormente, o equipo descansará este fin de semana e tamén o seguinte polo que non haberá fútbol ata o próximo día 23 de decembro na que o Atlético Melide visitará o Novo Zahorra.
 
Ata daquelas e inda que é algo cedo Bo Nadal a tod@s!!
 
Un saúdo e forza Santiso!!