jueves, diciembre 15, 2011

Castigo excesivo

Desta volta o horario nocturno non trouxo boa sorte ó equipo. Derrota ante un dos equipos que debe estar arriba na clasificación ó final da liga. Ben é certo que se facemos unha análise completa do partido o Deixebre mereceu a victoria, pero o 4-1 final antoxase duro para o Santiso.


Polos visitantes xogaron Ivan na portería, Javi Liñares, Manuel, José e Isma en defensa, Jose do Padrón, Micho, Javi Ministro, Alex e Fran no centro do campo, con Manolo na punta de ataque. No segundo acto participaron Luis e Dani que entraron por Javi Ministro e Manuel.


O Santiso aguantou ben á primeira metade o empuxe dos locais que só tiveron algunha ocasión cerca do descanso pero que Iván desbaratou con boas paradas. Pola outra portería existiron menos ocasións, tan só duas faltas rematadas por Javi Liñares e Alex.


No segundo tempo, o Santiso saíu algo durmido e costoulle dous goles en apenas cinco minutos. Sen embargo, lonxe de amedrentarse, o equipo tirou de casta e reduciu distancias logo dun esférico que pelexou Manolo e que Fran se encargou de remachar a gol. Co marcador máis apretado, parecía que Santiso ía ter algunha opción de puntuar pero nese intre chegou a xogada máis polémica do encontro; o dianteiro local caeu lesionado nun choque e debido ós berros do xogador do Deixebre, o Santiso quedou parado interesandose polo rival; algo que aprobeitaron os locais para anotar o 3-1. Tras isto, o partido quentouse bastante e pouco xogo se viu, os visitantes puideron acortar distancias cun remate de José ó pau pero sería o Deixebre o que lograría marcar o cuarto nunha contra.


O próximo partido será xa no ano 2012 fronte ó Rial no Novo Zahorra. Collemos unhas pequenas vacacións (cena incluida o próximo día 23 de Decembro).


Felices Festas e Forza Santiso!!

lunes, diciembre 05, 2011

Así si!

Tocou desta volta dar a de cal e realizar un meritorio encontro; victoria por dous goles a cero fronte a un Villestro B que se viu desbordado en todo momento por un gran Santiso.


Por parte dos locais actuaron Charli na portería, Javi Liñares, Manuel, José e Isma en defensa, Jose do Padrón, Micho, Kike, Alex e Fran no centro do campo e Manolo arriba. Posteriormente, entraron Javi Ourense, Dani e José de Trebolo por Jose do Padrón, Manuel e Alex respectivamente.


Foi sen dúbida ó mellor dos partidos que se levan disputados nesta liga, continuas chegadas á area visitante e sen apenas apuros en defensa. Sin embargo, costou adiantarse no marcador, as ocasións máis claras tivoas primeiro Alex e despois Manolo pero ningunha entrou. Si o faría unha moi boa xogada que iniciou Kike, deixou pasar Manolo e finiquitou Alex cun remate que se combertiría no un a cero. O de Mourazos adicoulle o gol ó noso compañeiro Roberto que se atopaba na grada. Así, se chegou ó tempo de lecer.


Na reanudación, o equipo buscou cerrar o partido e contou con incluso máis ocasións que na primeira parte. Fran rematou ó poste tras un saque de esquina pero o pequeno gran xogador do Santiso non ía quedar sin anotar desta volta, nunha xogada posterior, unha boa asistencia de Manolo convertiase no dous a cero tras o bo remate do futbolista do Padrón. Co resultado máis amplio para os locais, o Villestro botouse máis arriba e o Santiso tivo ainda máis ocasións que de non ser polo gardamallas visitante o resultado sería inda máis abultado; Micho, Kike e Javi de Ourense viron como o porteiro do Villestro lles sacaba os seus remates. Incluso Manolo tivo a súa ocasión con un balón que realmente entrou pero que o árbitro non dou como gol.


Bo partido en definitiva o disputado polo Santiso, non sabemos se foron os aires nocturnos pero o certo é que a outra vez que se xogara de noite ganaramos por 6 a 1 ó Berres, así que parece que non se nos dá nada mal.


O próximo partido será a domicilio fronte ó Deixebre, que está loitar polos postos nobres da clasificación. Será o último choque deste 2011, agardemos rematalo ó grande.


Un saúdo e forza Santiso!!