lunes, enero 28, 2013

Resurrección

Realmente o equipo nunca estivo morto e boa mostra delo foi o encontro realizado fronte ó lider tras o tropezo de Touro. O Santiso tivo contra as cordas ó Vila de Ordes durante boa parte do choque que finalmente rematou con igualada a dous tantos.

Polos locais actuaron Dani na porta, Javi Liñares, Tono, José e Isma en defensa, Roberto, Micho, Agustín, David e Alex no medio con Manolo na punta de ataque. No segundo acto, Javi Ministro e Fran sustituiron a Roberto e David respectivamente.

O Santiso saiu a demostrar que o resultado do partido anterior fora un accidente e xogou con descaro dende o principio. O premio para o equipo chegou pronto logo da xogada preferida de Manolo, ou polo menos, a que ultimamente lle sae, cabezada logo dun saque de banda e desta volta non para anotar senon para asistir a Roberto que remachou á rede o gol inaugural do partido. As dúbidas chegaron ó conxunto visitante e os locais dispuxeron dalgunha ocasión máis inda que non demasiado claras, un remate de Manolo foi a máis destacable. Sin embargo, o Vila de Ordes repuxose e nos minutos finais deste primeiro tempo acosou a porta local mediante saques de esquina e faltas laterais. Nun deses achegamentos e tras un erro defensivo o marcador volvia ás táboas e así se chegaría ó descanso.

Na reanudación, o Santiso volveu a levar o peso do encontro ata adiantarse de novo, foi logo dun penalti provocado por José nun remate de cabeza que o defensa rival desviou co brazo. Alex foi o encargado de transformar a pena máxima para o equipo. Nesta fase do partido, ambos equipos puideron anotar e polos locais as máis claras chegaron por mediación de Alex nun remate cruzado e nun rebote do porteiro visitante que a piques estivo de rematar en gol. Sin embargo, o Vila de Ordes conseguiría a igualada de novo tras un remate de falta.

Partido que debe servir ó equipo para coller folgos e autoconfianza de que loitando dende o principio pode estar a altura de calquer rival. O seguinte embite será a domilicio fronte ó Resmón, outro óso duro de roer.

Un saúdo e forza Santiso!!

lunes, enero 21, 2013

Malleira

Hai días nos que é mellor non levantarse e onte foi un deles para o Santiso, o Touro levouse o partido cun resultado moi abultado por 6 goles a cero.

Os visitantes xogaron con Charli na portería, Javi Liñares, Dani, José e Isma en defensa, Javi Ministro, Micho, Agustín, Fran e Alex no medio con Manolo arriba. Na segunda metade, David sustitueu a Micho e José de Trebolo a Javi Liñares.

Cando o equipo quixo reaccionar xa perdía por dous goles a cero, o primeiro logo dun erro defensivo e o segundo tras un máis que probable fóra de xogo. Tras os golpes sufridos, veuse a mellor versión do Santiso na que puido anotar por mediación de Manolo pero ós vestiarios chegaríase sin máis variación no marcador.

Na segunda metade veuse a peor versión do equipo na que encaixou dous novos goles moi cedo e xa non foi quen de reaccionar concedendo un resultado demasiado duro.

Esperemos que se volva á senda do bó xogo canto antes e que se poida ver un gran partido no próximo choque o vindeiro domingo no Novo Zahorra fronte ó lider, o Vila de Ordes. 

Ánimo equipo!!

Un Saúdo e forza Santiso!!

lunes, enero 14, 2013

Meritorio empate

O Santiso conseguiu arrancar un punto no primeiro encontro do 2013, foi a domicilio fronte ó Rial e o resultado final foi de igualada a un tanto. Os visitantes plantaron cara en todo momento ante un rival difícil e evitaron a derrota logo de realizar un gran esforzo.

Polos visitantes actuaron Charli na portería, Tono, Dani, José e Isma na defensa, Javi Ministro, Micho, Agustín, David (incorporación no mercado de inverno do Santiso) e Alex no medio con Manolo na dianteira. Na segunda metade, Roberto, José de Trebolo e Manuel sustituiron a Javi Ministro, José e Micho respectivamente.

Os primeiros corenta e cinco minutos non deixaron grandes ocasións de gol en ningunha área, defensivamente o equipo estivo moi serio e só na recta final os locais dominaron algo máis e dispuxeron de algunha ocasión. Cando o descanso estaba a piques de chegar, o Rial foi quen de anotar nunha xogada afortunada na que o dianteiro local se levou o esférico de rebote e posteriormente asisteu ó compañeiro para marcar o un a cero. 

Lonxe de renderse, o Santiso saliu a polo empate no segundo acto metendo cada vez máis atrás ós locais que só se acercaban á Charli nalgunha contra. Manolo avisou primeiro nun remate que se foi fóra por moi pouco e posteriormente conseguiu anotar un gol "made in Manolo" despois dun saque de banda realizado por Isma que o de Vilar cabeceou certeiramente á rede cando o encontro estaba a punto de finalizar. Sen dúbida, un xusto premio para os visitantes que funcionaron como un verdadeiro equipo con continuas axudas entre tódolos xogadores. 

Na próxima xornada comenza a segunda volta polo que o Santiso terá que xogar de novo fóra da casa, desta volta será en Touro; equipo que figura na terceira posición da liga polo que sin dúbida será un rival dificil.

Un saúdo e forza Santiso!!