martes, noviembre 27, 2012

Moito animo Luis!

O Santiso acadou un punto amargo fronte ó Montaos tras empatar a dous goles nun encontro no que o equipo deixou escapar unha ventaxa de dous goles. Lamentablemente, a esta circunstancia engádese a lesión de Luis que nun choque contra un rival na disputa dun balón dividido, sufreu rotura de peroné según indicou o noso compañeiro.
 
O once incial dos locais foi o conformado por Charli na porta, Tono, Dani, José e Kike en defensa, Javi Ministro, Agustín, Luis, Fran e Alex no medio con Manolo na punta de ataque. No primeiro tempo produceuse a fatídica xogada na que Luis se lesionou e Roberto entrou no seu lugar, posteriormente, na segunda metade, Moncho, Javi Liñares, Isma e José de Trebolo sustituiron a Javi Ministro, Fran, Alex e Manolo respectivamente.
 
O equipo anulou por completo ós visitantes na primeira metade e as oportunidades sucedéronse na área do Montaos. Manolo dispuxo da primeira gran ocasión cun remate ó poste logo de que a defensa visitante non puidese sacar o balón con claridade debido á presión do de Vilar. Posteriormente nunha xogada levada polos locais con rápidez, Alex asisteu a Javi Ministro para que inaugurase o marcador. Inda mellor se poñerían as cousas cando logo dunha boa xogada combinativa entre Roberto e Dani, Alex anotaba o segundo tras asistencia do primeiro. A pesar da ventaxa lograda, o partido non quedaría sentenciado.
 
O choque volveuse moito máis embarullado no segundo acto, os visitantes conseguiron levar ó partido ó seu terreo e entre faltas e protestas moveronse os últimos corenta e cinco minutos. Foi precisamente a través dunha falta cando o Montaos conseguiu reducir distancias. O Santiso sin embargo, tivo a ocasión de sentenciar con claras ocasións pero o porteiro visitante encargouse de desbartatar todas as ocasións locais. Manolo cun remate pegado a cepa do poste e Fran dispuxeron das máis claras pero ambos sufriron a gran actuación do arqueiro do Montaos. No tramo final, os visitantes colgaron balóns a área local a pesar de dispoñer de dous xogadores menos e no tempo de prolongación acadaron o premio do empate logo dun penalti por man involutaria de Tono. A pesar de que Kike dispuxo dunha falta no último minuto do encontro, o marcador final non se movería e cumpríase novamente o dito de que quen perdoa, acabao pagando.
 
No próximo encontro, o Santiso enfrontarase ó Tordoia B a domicilio, esperemos volver cos tres puntos.
 
Ánimo Luis e forza Santiso!!  

martes, noviembre 20, 2012

Remontando

E tras actualizar, comentar o último choque do equipo; o segundo triunfo da campaña non se fixo agardar e o Santiso acadou a victoria por 2 goles a 5 fronte ó Prevediños a domicilio. Con apuros no primeiro tempo, os visitantes sentenciaron ó rival no segundo acto cun dominio casi absoluto.
 
O once inicial do Santiso foi o conformado por Charli debaixo dos paus, Javi Liñares, Tono, Moncho, Kike en defensa, Javi Ministro, Micho, Luis, Fran e Alex no medio, con Manolo arriba. Cando apenas se disputara un minuto, Agustín sustitueu a Micho debido á que o de Piñor sufreu un forte golpe na perna esquerda. No segundo acto, producironse os trocos de José, Dani e Manuel por Tono, Moncho e Javi Ministro respectivamente.
 
Non entrou o equipo ben no partido, xa que ademáis da lesión de Micho, os locais conseguiron adiantarse no marcador mediado o primeiro tempo logo dun erro na zaga visitante. Tras o susto inicial o Santiso refíxose e nunha gran xogada combinativa iniciada por Fran, Javi Ministro cedeulle o esférico a Manolo para acadar a igualada a un tanto. O gol doulle alas a un Santiso que conseguiría o segundo logo dun claro penalti sufrido e anotado por Alex. Sin embargo, a ventaxa non duraría moito para os visitantes xa que apenas un minuto despois do 1-2, o Prevediños conseguiría establecer de novo a igualada no marcador. Manolo puido evitar que se chegara con empate ó descanso pero non acertou a rematar unha boa xogada do equipo.
 
Na reanudación, as ocasións para o Santiso sucederonse e o resultado final puido ser todavía máis claro para os visitantes. Os goles foron obra de Fran que conseguiu o 2-3 cun auténtico golazo dende fóra da área, Manolo que faría doblete minutos máis tarde e Alex non quixo ser menos e anotou tamén o segundo gol na súa conta. Luis, Manolo e Manuel dispuxeron de novas oportunidades de perforar a portería local pero o marcador xa non sufriría máis variacións.
 
O equipo colle algo de folgos e abandona os últimos lugares da clasificación pero hai que seguir ganando para mellorar postos no taboleiro. O próximo partido terá lugar o domingo no Novo Zahorra fronte ó Montaos ás 4 da tarde.
 
Un saúdo e forza Santiso!!

Actualizando

Chegou por fin a primeira victoria do Santiso na presente campaña, foi no Novo Zahorra por dous goles a cero fronte ó Trazo. Partido serio polo bando local que lle permiteu acadar o triunfo ante un dos favoritos da liga.
 
Polos locais participaron Charli en porta, Javi Liñares, Tono, Moncho e Kike en defensa, Javi Ministro, Micho, Luis, Fran e Alex no medio e Manolo arriba. Na segunda metade xogaron Roberto (que levou un golpe e tivo que ser de novo sustituido), Manuel, Javi Ourense, Isma e José de Trebolo.
 
Os goles do choque chegaron por mediación de Alex e Kike e inda que os visitantes trataron de acadar cando menos o empate, Charli interviu con acerto para evitalo.
 
A ausencia dun servidor evita comentar máis detalles do que foi por fin, a primeira ledicia para a afición do Novo Zahorra.
 
Como sempre, saúdos e forza Santiso!!

martes, noviembre 06, 2012

Dinámica negativa

Desafortunadamente a mala xeira de resultados non abandona ó Santiso e o equipo colleitou unha nova derrota fronte ó Camporrapado por tres goles a un. O encontro tivo unha parte para cada equipo pero a efectividade dos locais foi superior á do Santiso.
 
Polos visitantes actuaron Charli na porta, Moncho, Tono, Dani e Kike en defensa, Javi Ministro, Agustín, Luis, Fran e Alex no medio con Manolo arriba. Na segunda metade Roberto, Manuel, Javi Liñares e José Trebolo sustituiron a Javi Ministro, Fran, Moncho e Alex.
 
Os primeiros corenta e cinco minutos foron claramente para os visitantes que dispuxeron de grandes ocasións para finiquitar o encontro; sin embargo, tan só Alex foi quen de perforar a portería do Camporrapado logo dunha magnífica asistencia de Manolo. Posteriormente, o propio Alex rematou ó longueiro na ocasión máis clara para agrandar a distancia para o Santiso. Manolo e Javi Ministro tamén dispuxeron dunha gran oportunidade cada un pero ningún dos remates acabou en gol. Cando se acercaba o descanso e casi no único achegamento dos locais no primeiro acto, chegou o empate.
 
Na reanudación o partido mudou por completo e o Camporrapado dominou o choque e conseguiu reflexalo no marcador anotando dous goles máis castigando a un Santiso que na primeira metade puido sentenciar.
 
O seguinte partido será no Novo Zahorra fronte ó Trazo o vindeiro domingo, inda que non é o mellor rival para empezar a gañar, xa son horas de empezar a sumar puntiños.
 
Un saúdo e forza Santiso!! 

viernes, noviembre 02, 2012

Previa Xornada 6

A traxectoria deste ano e os resultados da pasada campaña non son esperanzadores:
Santiso 0 - Camporrapado 2
Camporrapado 2 - Santiso 0
así que con máis razón imos ver se cambiamos a tendencia dunha vez este domingo.