jueves, abril 26, 2012

Triste despedida

Remataron os encontros no Novo Zahorra no tocante a esta campaña 2011/2012 e o Santiso non puido adicarlle unha victoria o seu público. O marcador final foi de 1 gol a tres para o Deixebre.

Polos locais actuaron Charli na porta, Isma, Dani, José e Kike en defensa, Roberto, Micho, Luis, Fran e Javi de Ourense no medio do campo con Javi Ministro na punta de ataque. Na segunda metade participaron Jose do Padron, Manuel e José de Trebolo en sustitucion de Javi Ourense, Luis e Roberto.

Cando apenas se dispuraran cinco minutos chegou a xogada clave do partido, o Deixebre conseguía adiantarse no marcador nunha xogada na que Charli seria expulsado por protestar. O equipo pasou entón a xogar en inferioridade numérica e inda que os visitantes non demostraron ser os mellores da categoría conseguiron finalmente levarse os tres puntos. A incertidume no resultado durou ata a o inicio da segunda metade na que o Deixebre conseguiu ampliar a ventaxa, foi un duro golpe para a moral dos locais que aguantaran ben no primeiro acto. A pesar de que todo estaba en contra, o Santiso non se rendeu e buscou o gol da honra cando menos, Manuel foi o que estivo mais preto pero o meta visitante conseguiu desviar o seu gran remate. Nunha contra chegou o terceiro dos visitantes pero finalmente o Santiso tamen anotaría un gol por mediacion de Kike que transformou unha pena maxima sinalada sobre José de Trebolo.

O vindeiro choque sera en Val do Dubra fronte o Rial dentro de 15 dias posto que o proximo domingo o equipo descansa. Será este partido o derradeiro desta liga, esperemos despedila ó grande.

Un saúdo e forza Santiso!!

martes, abril 17, 2012

Empate

Chegou a primeira igualada da tempada para o Santiso, foi contra o Villestro B a domicilio a 3 goles. O encontro puido caer de caquer lado nunha recta final tola con continuas chegadas nas dúas áreas pero finalmente chegouse ó xusto empate.


Polos visitantes actuaron Iván na porta, Isma, Manuel, José e Kike en defensa, Javi ministro, Micho, Luis, Fran e Alex no medio do campo con Manolo arriba. No segundo tempo, Roberto e José de Trebolo entraron por Javi Ministro e Manuel.


Os primeiros minutos do choque foron de tanteo sen ningún dominador claro pero sen embargo o Villestro conseguiu adiantarse no marcador nunha xogada aislada. A partir de ahí, o Santiso lonxe de virse abaixo comezou a ameazar a portería local e lograría o premio do empate cerca do descanso logo dun remate de Micho. Neste primeiro acto inda houbo tempo para un bo remate de Fran que desviou o porteiro local.


Tras o descanso, o Villestro dispuxo de ata tres ocasións claras para adiantarse no marcador pero sería o Santiso o que conseguiría adiantarse no marcador tras un magnífico remate de falta dende fóra da área de Kike que por se non o sabedes, está a ser imitado por Cristiano á hora de celebrar os goles. Cando mellor pintaban as cousas para os visitantes, o Villestro conseguiu darlle a volta ó resultado en apenas cinco minutos. Con pouco para o final, o Santiso buscou o empate con descaro e conseguiríao de novo por mediación de José. De ahí ata o final, unha auténtica lotería na que calquer conxunto se puido levar o partido; José de Trebolo tivo a ocasión máis clara para os visitantes neste treito.


O próximo partido será o domingo fronte ó lider, o Deixebre, no Novo Zahorra; será o derradeiro encontro da casa desta tempada.


Un saúdo e forza Santiso!!

lunes, abril 02, 2012

Triunfo sufrido

O Santiso acadou unha nova victoria pola mínima e con moito suspense, desta volta por un gol a cero fronte ó Lestedo no Novo Zahorra. A falta de pegada dos locais foi a tónica do choque que puido sentenciar en múltiples ocasións nun partido que acabou pedindo a hora.


Pola U.D. xogaron Charli na portería, Isma, Dani, José e José de Trebolo en defensa, Roberto, Luis, Manuel, Fran e Alex no medio con Manolo na punta. Na segunda metade participaron Micho e Javi Ministro que sairon en sustitución de Luis e Roberto.


O público local que ateigou unha vez máis o Novo Zahorra disfrutou dun mellor xogo do Santiso na primeira metade. Foi aí cando se viron a maioría das ocasións de gol, Alex tivo a oportunidade de adiantar ó equipo en dúas ocasións logo dunha boa asistencia de Fran primeiro e máis tarde despois dunha parede con Manolo pero en ambas ocasións o gardamaias visitante conseguíu evitar o gol. Fran tamén tivo a súa ocasión, pero o seu remate foise alto. Incluso Charli puido ser o goleador do equipo se o árbitro dese como válido un balón que sacou dende a súa área e o porteiro visitante sacou da portería cando o esférico xa sobrepasara a liña de gol. Para inaugurar o marcador houbo que recurrir ó balón parado, Manuel executou á perfección unha falta no borde da área para adiantar por fin ó Santiso.


No segundo acto, o Lestedo contou co aire a favor e foi cando empezou a inquedar algo máis á defensa local e o partido equilibrouse. José estivo especialmente espléndido nesta fase do partido xa que foron innumerables ás ocasións nas que golpeou a pelota de cabeza, ademáis conseguiu evitar un gol na mesma liña de gol cando Charli xa estaba batido. Por se fose pouco, o da Pontenova tamén se animou en ataque e puido anotar un auténtico golazo dende fóra da área pero o porteiro visitante evitouno cunha boa estirada. Alex tivo a sentecia de novo, logo de recibir unha boa asistencia de Micho pero cruzou en exceso ante a saída do gardamaias do Lestedo. Cando faltaban vinte minutos para o final produciuse a expulsión de Dani que agarrou o dianteiro visitante cando este se dispoñía a anotar o gol do empate a porta vacía; esta circunstancia propiciou un maior acoso á área local pero o equipo aguantou con moita coraxe. Incluso tivo algunha ocasión máis, sobre todo, unha na que primeiro Javi Ministro, despois Manolo e por último Alex non foron quen de rematar con claridade. Chegaríase así ó remate do partido coa victoria para o Santiso, excasa eso sí, pero moi merecida.


O próximo partido será o vindeiro domingo día 15 a domicilio fronte ó Villestro B, xa que non hai liga nesta Semana Santa, así que a disfrutar destes días.


Un saúdo e forza Santiso!!