jueves, abril 26, 2012

Triste despedida

Remataron os encontros no Novo Zahorra no tocante a esta campaña 2011/2012 e o Santiso non puido adicarlle unha victoria o seu público. O marcador final foi de 1 gol a tres para o Deixebre.

Polos locais actuaron Charli na porta, Isma, Dani, José e Kike en defensa, Roberto, Micho, Luis, Fran e Javi de Ourense no medio do campo con Javi Ministro na punta de ataque. Na segunda metade participaron Jose do Padron, Manuel e José de Trebolo en sustitucion de Javi Ourense, Luis e Roberto.

Cando apenas se dispuraran cinco minutos chegou a xogada clave do partido, o Deixebre conseguía adiantarse no marcador nunha xogada na que Charli seria expulsado por protestar. O equipo pasou entón a xogar en inferioridade numérica e inda que os visitantes non demostraron ser os mellores da categoría conseguiron finalmente levarse os tres puntos. A incertidume no resultado durou ata a o inicio da segunda metade na que o Deixebre conseguiu ampliar a ventaxa, foi un duro golpe para a moral dos locais que aguantaran ben no primeiro acto. A pesar de que todo estaba en contra, o Santiso non se rendeu e buscou o gol da honra cando menos, Manuel foi o que estivo mais preto pero o meta visitante conseguiu desviar o seu gran remate. Nunha contra chegou o terceiro dos visitantes pero finalmente o Santiso tamen anotaría un gol por mediacion de Kike que transformou unha pena maxima sinalada sobre José de Trebolo.

O vindeiro choque sera en Val do Dubra fronte o Rial dentro de 15 dias posto que o proximo domingo o equipo descansa. Será este partido o derradeiro desta liga, esperemos despedila ó grande.

Un saúdo e forza Santiso!!

2 comentarios:

  1. Moi ben fedelliño. haber si contra o rial acabamos ben o ano. e xa hay que pensar no ano que ben que o tempo logo pasa un saludo a todos santiiiiiiiiiiiiso bien santiiiiiiiiiiiiiiiso bien santiiiiiiiiiiiiiiiiso bien bien bien .cr6

    ResponderEliminar
  2. Anónimo2/5/12 19:56

    wens o partido RIAL-SANTISO SERA O SABADO as 8 DA TARDE

    ResponderEliminar