jueves, febrero 16, 2012

Goleada!

O Santiso acadou por fin unha victoria cómoda nesta tempada, foi por cinco goles a cero fronte ó Xa Chegou no Novo Zahorra. Inda que tampouco foi o mellor dos encontros feitos polo equipo, sí se tivo o acerto de cara á portería rival que outras veces faltou.


Polo Santiso actuaron Iván na portería, que celebrou 17 primaveras coa titularidade, Javi Liñares, Tono, José e Kike en defensa, Javi Ministro, Manuel, Dani, Fran e Alex no medio, con Manolo arriba no ataque. Na segunda metade, participaron Isma, Charli e Micho que volveu ós terreos de xogo tras o golpe recibido contra o Rial. Os sustituidos foron Kike, Manolo e Javi Ministro.


O partido iniciouse con algún que outro ataque do Xa Chegou que Iván frenou fantásticamente, pero pronto os locais comezaron a ameazar a portería contraria. O primeiro gol chegou de penalti, o porteiro visitante cometeu falta a Manolo cando este se dispoñía a anotar o primeiro. Alex foi o encargado de inaugurar o marcador cun remate axustado ó poste. Pouco despois, os locais conseguían ampliar o resultado, de novo Alex cun tiro escorado, marcaba o 2-0. A partir de ahí, o Xa Chegou baixou os brazos e o Santiso aprobeitou para sentenciar claramente o partido, primeiro Javi Ministro e despois Manolo, deixaban o claro resultado de catro a cero para a U.D. Incluso puido chegar algún gol máis nesta primeira parte por mediación de Fran e Manolo, este último cun remate ó poste.


Na reanudación, o Santiso contaxiouse un pouco do xogo do rival e non disfrutou de tantas ocasións de gol, sobre todo contabilizou moitos saques de esquina e faltas cerca da área. Nunha delas, Javi Liñares estrelou o esférico ó poste e case ó final do choque, José conseguiu batir ó gardamallas visitante cun certeiro remate de cabeza tras outra falta. Iván pasou case inadvertido neste segundo acto.


Victoria clara e contundente do equipo que consegue así a sexta de forma consecutiva no Novo Zahorra. O próximo rival será o Ortoño a domicilio, intentaremos devolverlle o resultado que nos endosou na ida.


Un saúdo e forza Santiso!!

martes, febrero 07, 2012

Esforzo sin premio

O Santiso colleitou unha nova derrota a domicilio pero desta volta a imaxe ofrecida polo equipo foi moi meritoria, a mala sorte en momentos puntuais e a actuación arbitral impediron que cando menos se arrancase un punto da visita a Camporrapado. Finalmente os locais acabaríanse levando o choque por dous goles a cero.


Polos visitantes xogaron, Charli na portería, Isma, Tono, José e Kike en defensa, Javi Ministro, Manuel, Luis, Dani e Alex no medio do campo e Fran arriba ante a ausencia por acumulación de cartón amarelos do noso pichichi Manolo. No segundo tempo Iván sustitueu a Charli.


O partido disputouse no remodelado terreo do Camporrapado, sen dúbida, o mellor da categoría, campo grande de herba natural magnífico para a práctica do fútbol. O Santiso saiu con moita moral tras o bo traballo realizado no encontro anterior e a primeira metade foi claramente para o equipo. As ocasións na área local sucederonse con remates de Kike nunha falta, Dani nun remate de cabeza e sobre todo con dúas chegadas de Fran; o do Padrón volveu tola a defensa do Camporrapado e sufreu cando menos un penalti claro e outro dubidoso. Ningunha xogada foi sinalada como pena máxima polo trencilla; que incluso sinalou falta do propio Fran cando non tiña previsto pitar nada e veu que Alex anotaba para o Santiso. Os locais apenas chegaron neste primeiro acto.


Tras o descanso, o Camporrapado apretou máis e atopouse con un gol nun corner ó pouco da reanudación. Co resultado en contra, os visitantes intentaron botarse máis arriba pero con menos claridade que na primeira metade debido en parte o baixón físico polas grandes dimensións do terreo de xogo. O encontro complicaríase inda máis cando nunha contra os locais anotaban o segundo nun probable fóra de xogo. O Santiso sin embargo non se rendiu e puido anotar cando menos o gol da honra pero un defensa local sacou coa cabeza un bo remate de Luis. De ahí ata o final partido moi embarullado sin moitas máis ocasións.


Boa imaxe en definitiva a que deixou o equipo pero que non foi suficiente para puntuar. O próximo domingo volve o fútbol ó Novo Zahorra a partir das 16.15, rende visita o Xa Chegou.


Un saúdo e forza Santiso!!


jueves, febrero 02, 2012

Gran triunfo

O Santiso acadou este pasado domingo unha meritoria e merecida victoria fronte ó Agrón no Novo Zahorra; un rival que ata fai dúas xornadas era o líder da categoría. O marcador final foi de un gol a cero, o que supón o quinto triunfo consecutivo na casa.


Os locais formaron con Charli na porta, Isma, Tono, José e Kike en defensa, Javi Ministro, Manuel, Luis, Dani e Alex no medio do campo e Manolo arriba. No segundo tempo entraron Javi Liñares por Isma e Javi Ourense por Manolo.


A U.D. xogou dende o principio sen complexos ante un rival en teoría superior, con moito rigor defensivo e sen renunciar ó ataque. Na primeira metade veuse a mellor versión do equipo, o gol puido chegar primeiro por mediación de Alex cun remate que desbaratou o gardamallas visitante. Posteriormente Manolo internouse na área e rematou ó poste, o rexeite foi aprobeitado por Javi Ministro para remachar á rede o esférico. O de Pezobre consigue así o segundo gol consecutivo no Novo Zahorra.


No segundo acto o Agrón intentouno pero sen apenas crear perigo, dedicouse a colgar balóns á área local sen éxito, debido en parte á gran actuación en tareas defensivas do Santiso.


En definitiva, partido moi completo do equipo que debe dar moita moral para intentar seguir con esta liña de xogo. O próximo rival será o Camporrapado a domicilio, equipo que tamén está na zona de arriba, a ver se repetimos imaxe.


Un saúdo e forza Santiso!!