jueves, febrero 16, 2012

Goleada!

O Santiso acadou por fin unha victoria cómoda nesta tempada, foi por cinco goles a cero fronte ó Xa Chegou no Novo Zahorra. Inda que tampouco foi o mellor dos encontros feitos polo equipo, sí se tivo o acerto de cara á portería rival que outras veces faltou.


Polo Santiso actuaron Iván na portería, que celebrou 17 primaveras coa titularidade, Javi Liñares, Tono, José e Kike en defensa, Javi Ministro, Manuel, Dani, Fran e Alex no medio, con Manolo arriba no ataque. Na segunda metade, participaron Isma, Charli e Micho que volveu ós terreos de xogo tras o golpe recibido contra o Rial. Os sustituidos foron Kike, Manolo e Javi Ministro.


O partido iniciouse con algún que outro ataque do Xa Chegou que Iván frenou fantásticamente, pero pronto os locais comezaron a ameazar a portería contraria. O primeiro gol chegou de penalti, o porteiro visitante cometeu falta a Manolo cando este se dispoñía a anotar o primeiro. Alex foi o encargado de inaugurar o marcador cun remate axustado ó poste. Pouco despois, os locais conseguían ampliar o resultado, de novo Alex cun tiro escorado, marcaba o 2-0. A partir de ahí, o Xa Chegou baixou os brazos e o Santiso aprobeitou para sentenciar claramente o partido, primeiro Javi Ministro e despois Manolo, deixaban o claro resultado de catro a cero para a U.D. Incluso puido chegar algún gol máis nesta primeira parte por mediación de Fran e Manolo, este último cun remate ó poste.


Na reanudación, o Santiso contaxiouse un pouco do xogo do rival e non disfrutou de tantas ocasións de gol, sobre todo contabilizou moitos saques de esquina e faltas cerca da área. Nunha delas, Javi Liñares estrelou o esférico ó poste e case ó final do choque, José conseguiu batir ó gardamallas visitante cun certeiro remate de cabeza tras outra falta. Iván pasou case inadvertido neste segundo acto.


Victoria clara e contundente do equipo que consegue así a sexta de forma consecutiva no Novo Zahorra. O próximo rival será o Ortoño a domicilio, intentaremos devolverlle o resultado que nos endosou na ida.


Un saúdo e forza Santiso!!

8 comentarios:

  1. Decir que Ivan paso inadvertido!!! madre mía....si hizo un despeje hacia el córner que hizo que, por caminos sinuosos y no arduos, nos viniese a la cabeza los despejes de Valdés, en aquellas fechas en las que Villa jugaba en el Valencia. De todas formas buen partido ante un equipo que se aproximaba más a una banda de coleguitas.... Por cierto CR6 anda como un loco en el coche...parece Pique.

    ResponderEliminar
  2. En primeir lugar aqui falase gallego. E a velocida crucero do peigo e 260 270 menos nada. mui ben descrito coma sempre o noso fedelliño. hay que seguir asi . forza santiso. cr6

    ResponderEliminar
  3. wenas mui boa kronika dani koma sempre.o anonimo ke fala kastellano ke se dedike a a ver os partidos e deixar de kritikar,xk ivan ainda esta empezando asike kala a bokiña ke kada un fai o ke pode.decir ke este domingo nn se xoga.e aer se po proximo domingo ganamos e segue racha ke nos permita subir algunhas posicios. 1 saudo e aupa SANTISO.ALEX

    ResponderEliminar
  4. Boas a todos. Antes de nada, felicitar a Dani polo comentario (k foi xcepcional kma sempe, e polo gran partido k fixo) e o ekipo en xeral polo gran partido feito; incluido Ivan, k fixo xunto o resto de xogadores un partidazo, a pesar d k algun castellano lle intente kitar meritos. sigue asi Ivan, k xegaras lexos, e calaras moitas bocas, kma a d est individuo. Polo demais, felicitar a micho pola volta os terreos de xogo, e os golesdores do ekipo. Nada mais. Un saudo e ¡¡¡ANIMO SANTISO!!!

    ResponderEliminar
  5. TOTALMENTE DE ACORDO CO PARTIDAZO DE IVáN..senón sacara as 2 primeiras a cousa cambiaba bastante..polo demáis felicitar a álex polo seu doblete a micho p0la reaparición e a manolo polo pepino ese que da 260-270...animo santiso!!!.1saudo para galicia ras..

    ResponderEliminar
  6. Moi boas.si señor Dani segues sorprendendo con eses comentarios..moi ben!!!!wen decir ke fixestes 1gran partidazo todo o ekipo en a seguir asi e aver se segue a boa sorte contra o ortoño o domingo k ben..wen por outro lado felicitar a alex polo recital de goles k foi pena k non fora 1hatrik.jej e felicitar tamen o resto de goleadores e do ekipo....finalmente ese anónimo parece k kere amargar a algun xogador per wen ni caso..iván sigue asi k vas ser 1 makina de parar goles!!!jej wen 1 saúdo e ForzAAA SANTSOOOOOO!!!RobER.

    ResponderEliminar
  7. Hola hola hola Queridos amigos! Una persona cuando hace un gran trabajo tampoco pasa inadvertido...No voy a cuestionar vuestra capacidad de lectura. Sin más decir que es un placer semanal leer las crónicas de Dani. Es visita obliga. Por cierto se le recomienda a Alex, consulte el significado de kritikar (búsquese con C) porque no lo tiene claro...No critico a Iván en ningún momento. XDD

    ResponderEliminar
  8. wenas a todos,antes de nada felicitar a ROBERTO pola volta os terreos de xogo despois dunha opercion e e mellor volta imposible porke akadou un gol,tamn felicitr a dani polo 1 gol da tempada,e felicitar tamn o noso manoliño ke tamn akadou 1 gol.CABE DESTACAR KE ESTE DOMINGO TEMS 1 PARTIDO MUI IMPORTANTE XA KE ALO APARTE DE SALIR GOLEADOS NN FOMS MU BN TRATADOS ASIKE AI KE DEVOLVERLLES KA MESMA MOEDA O DOMINGO NO NOSO KAMPO,FACER UN XAMAMENTO A TODA PARROKIA PA KE AKUDAN O PARTIDO.O PARTIDO SERA O DOMINGO 4DE MARZO as 16:15 NO KAMPO MUNICIPAL DE SANTISO

    ResponderEliminar