jueves, enero 31, 2008

Martina. Socia do Santiso nº ¿?


Aquí a tedes.... Espero que Míchel nos confirme pronto o nº do carné de socia da cativa. Tardou en salir (as malas linguas din que herdou a tranquilidade do pai), pero aí está.
Para os despistados, que xa poderían deixar de estalo despois de que o outro día todo o respetable lle pedise "ó padriño" que adicase o gol á nova sobriña/afillada cando Alfonso marcou, aquí está a herdeira de Míchel e Cristina. Haberá pensando en ir facendo a sección feminina, digo eu..... Felicidades papás!!!

lunes, enero 28, 2008

Esta vai por Manolo


Levo xa uns cantos anos dando e levando caneladas no campo do Souto da Ponte, agora Zahorra Stadium. E en todos estes anos téñome mexado de risa cos contos de Rouco, cas bromas de Charly nos entrenamientos dos venres, cando Juan corría descalzo pola xeada, con Moncho cando mandaba "a cagar a alguén porque estaba amarillo"... e así podería seguir con miles de contos máis. E con todo, e se preguntamos ós que levan ainda máis tempo ca min, se hai alguén con quen non podes parar de rir, a quen aínda nunca vimos enfadado ou malhumorado, alguén que sin duda é a alegría do vestuario do Santiso ese é Manolo. Sí... Manolo ou Ronaldiño (de Transfontao, por moito que el insista en que é de Vilar). Os que coñecedes a Manolo sabedes que non descubro nada novo, e seguro que rides con el tanto coma min.
Pois, como moitos saberedes, estes días Manolo anda algo jodido. Estando no traballo tivo un accidente, que, de ser outro, seguramente non o contaba. Pero el, coa forza que ten aí está recuperándose nun hospital da Coruña.
Asi que.... nada. Estamos esperando que te boten de aí logo e que te veñas pasar polo Zahorra, que, gañando e todo, parece que hai menos alegría no vestiario.
Padiante meu, que vas nela!!

Fotos Maite

viernes, enero 11, 2008

Fotos Eva-Marga

Marga, a irmá de Micho, e Eva pasáronme estas fotos hai xa unhas semanas. Como vedes, corresponden ó partido que xogamos contra o Vilatuxe, no campo do Don Ramiro en Lalín. Campo que, por certo, visitamos de novo este vindeiro domingo. A ver se desta vez nos traemos os 3 puntos. Tamén hai algunhas do partido contra o At. Melide.
Por certo, e xa que falamos de Micho, agradecemento especial para el, que, por encima de estar sancionado (mentres o causante da sanción salía impune), non so ven ós partidos a facer piña, senón que anima á familia a sumarse e apoiar.