miércoles, octubre 15, 2008

Xornadas 3 e 4

Coas prisas que me acompañan estes días,comentarvos só como foron as cousas últimamente, por si algún aínda non se enterou.

O domingo pasado (día de San Froilán) visitamos o recén descendido Berres. Acudimos un pouco mermados polas baixas e iso notouse: un set a cero, ou o que é o mesmo 6 a 1 para os recén descendidos da Estrada. Un accidente teno calquera... Non vos podo contar moito do partido, porque a miña foi unha das ausencias ese día, pero o que chegou ós meus oídos foi que a causa da carretada foi o desfondo físico que sufrimos na medular a medida que ía avanzando o partido.
Por certo, que alguén me comente quen marcou o gol para telo en conta na táboa de goleadores deste ano.

En canto a esta última xornada, recibimos na Golada, que vista a invasión por parte dos incondicionais, xa empeza a ser un pouco como a nosa segunda casa, ós colegas do At. Gresande. Foi un partido disputadísimo, de non moita calidade (todo hai que dicilo) que puido gañar calquera. Pero ó final, e pola mínima, os puntos viñeron para este lado do Ulla.
Por certo, ¿déstesvos conta de que o ano pasado todos estes partidos igualados acabavamos perdendo?. Algo está cambiando.... A ver si este ano a sorte está do noso lado, quen sabe...
Ah! o mellor do partido, o golazo de Alberto cordido nunha boa xogada combinativa, e un posterior intento de baselina, que de entrar, sería algo máis que só o segundo.

Saúdos.