lunes, octubre 28, 2013

Santiso 1 - Cruces 0

Os primeiros tres puntos da tempada disputados no Novo Zahorra quedaron na casa e o Santiso suma así o segundo triunfo logo de dúas xornadas de liga. O equipo polo momento está a rentabilizar ben os goles que anota xa que 2 tantos proporcionaron 6 puntos.
 
Polos locais participaron Charli na porta, Bruno, Dani, José e Kike en defensa, Roberto, Iván, Borja e Alex no medio con Nacho e Manolo en ataque. Iván tivo que retirarse mediada a primeira parte debido a un golpe no nocello arrastrado do adestramento do venres e foi sustituido por Carlos. Na segunda metade, Javi, José Trebolo e Iván Mourazos entraron no campo en lugar de Roberto, Dani e Charli (tamén abandonou o campo cunhas molestias) respectivamente.
 
No primeiro acto o equipo non atopou a maneira de desarbolar a defensa rival e as chegadas polo bando local chegaron a balón parado cun remate de Kike como acción máis destacada que o porteiro visitante desviou con acerto. Carlos dispuxo dunha ocasión máis antes do descanso pero o seu remate foise fóra.
 
Pouco despois da reanudación, o Santiso atopou o regalo do gol logo dunha xogada por banda de Roberto que centrou para que Nacho de tacón remachase á rede o esférico. Buscarían os locais sentenciar o choque con dúas boas oportunidades de Javi, outra de Nacho e xa cerca do final por parte de Manolo pero ningún deles conseguiría anotar. O Cruces creou algo de perigo nos minutos finais colgando balóns á área dos locais pero un gran traballo defensivo evitou todas as ofensivas visitantes e o resultado final quedaría con victoria pola mínima para o Santiso.
 
A fortaleza defensiva está a ser clave para que o equipo esté sumando puntos, neste apartado e no partido fronte o Cruces supoño que coincidiredes en que Bruno no lateral e Carlos no centro do campo tiveron un papel destacado.
 
O vindeiro fin de semana non hai liga polo que o próximo partido será a domicilio fronte ó Deza o próximo domingo día 10 de Novembro. Agardemos seguir coa boa xeira de resultados.
 
Un saúdo e forza Santiso!!
 
 

lunes, octubre 21, 2013

Bandeira 0 - Santiso 1

(O equipo celebra o gol do triunfo)
 
O Santiso acadou os tres primeiros puntos da temporada logo de vencer por cero goles a un ó Bandeira nun partido disputado finalmente en Silleda. Triunfo moi importante ante un equipo sempre correoso e difícil de vencer.
 
Polos visitantes xogaron Charli na porta, Rober, Borja, José e Kike en defensa, Carlos (que sustitueu no último momento a Luis que sinteu unhas molestias no quencemento), Fer, Iván e Alex no medio, David na media punta e Nacho na dianteira. Na segunda metade dispuxeron de minutos Manolo, Javi e Bruno en sustitución de David, Carlos e Iván respectivamente.
 
O choque apenas contou con achegamentos á portería por parte dos dous equipos nos primeiros corenta e cinco minutos, moito centrocampismo e pouco xogo combinativo. Na segunda metade os ataques animaronse algo máis e as defensas tiveron máis traballo. Charli tivo que empregarse a fondo para desviar un remate de falta o que supuxo a oportunidade maís clara polo bando local. En canto ó Santiso, colleu máis presencia na área rival cando quedou con dous dianteiros e entrou ben por bandas destacando unha boa xogada de Rober logo dunha gran asistencia de Iván. Pero o gol chegou a falta de cinco minutos para o final e despois dunha xogada na que a defensa local só puido deter a Manolo cometendo falta dentro da área. A correspondente pena máxima foi anotada maxistralmente por Alex acadando o único gol do partido. Nos minutos finais do choque o Bandeira colgou balóns desesperadamente pero o resultado non sufriría máis variacións.
 
Victoria que debe dar moral para o estreno desta liga no Novo Zahorra, será o vindeiro domingo ás 4.30 da tarde.
 
Un saúdo e forza Santiso.

jueves, octubre 17, 2013

Comenza a liga!!

Despois dunha longa espera, o vindeiro domingo día 20 abrese o telón da campaña 2013-2014 para o Santiso. Unha nova temporada que trae bastantes novidades con respecto ó ano anterior tanto no banquillo, no plantel e nos rivais.

Comezando por esto último, o equipo quedou encadrado no grupo de Pontevedra polo que volveremos a enfrontarnos a vellos coñecidos como o Bandeira, Cruces, Deza, Rodeiro, Vilatuxe, Dozón e un novo rival como é o Val do Ulla. Por outro lado, tamén compartimos grupo con equipos do ano pasado como o Touro, Prevediños, Camporrapado, Atlético Melide.

En canto ó plantel de xogadores o Santiso sufriu numerosas baixas polo que tivo que buscar no mercado novas incorporacións e finalmente conta coas altas de Bruno, Iván Mourazos e Nacho procedentes do Atlético Melide (os dous primeiros regresan ó que xa fora o seu equipo), e procedentes do Melide Futbol Sala chegaron Iván San Cosme, Borja, Fernando e Carlos. No banquillo atópase a outra novidade no equipo xa que Victor formará "tandem" con Micho que abandonou os terreos de xogo.

O primeiro capitulo desta nova andaida escribirase o domingo día 20 de Outubro en Bandeira a partir das 4.30 da tarde. Esperemos que levemos moitas alegrías con este novo proxecto.

Un saúdo e forza Santiso!!