lunes, febrero 24, 2014

Touro 3 - Santiso 1

A mellora que experimentou o equipo con respecto ó encontro anterior non foi suficiente para que o Santiso conseguise puntuar na súa visita a Touro. Os locais conseguiron o triunfo logo de remontar o gol inicial dos visitantes para acabar vencendo por tres tantos a un.
 
O equipo formou con Iván Mourazos na porta, Agus, Dani, Borja e Kike en defensa, Nacho, Fer, Iván, Luis e Alex no medio con Manolo arriba. Na segunda metade tamén participaron Javi, David, José, Carlos e Trebolo en sustitución de Nacho, Dani, Iván, Luis e Borja respectivamente.
 
O Santiso saliu máis enchufado ó partido e pronto se adiantou no marcador por mediación de Nacho que defineu á perfección logo dunha boa asistencia de Iván. Un Touro sin ideas atopouse co empate gracias a un discutido penalti que Iván Mourazos a piques estivo de deter. Coa igualada no marcador o equipo non se veu abaixo e puido adiantarse de novo en dúas claras oportunidades; primeiro cun claro penalti a Iván non sinalado e despois gracias a un remate de Nacho que se foi ó poste.
 
O inicio do segundo acto non puido ser peor para os visitantes xa que o Touro acadou dous goles nos primeiros minutos e deixou casi sentenciado o partido. Tras o duro golpe; o Santiso levou o peso do partido pero sin crear moitas ocasións de gol ata os minutos finais nos que David primeiro, nun remate dentro da área que desviou o gardamenta local e posteriormente Manolo, Javi e o propio David nunha triple ocasión na mesma xogada, dispuxeron das oportunidades máis claras de cando menos reducir a diferencia no marcador. 
 
Non queda outra que pensar no seguinte choque que será o vindeiro domingo día 9 de Marzo fronte ó Dozón no Novo Zahorra. O vindeiro fin de semana hai parón polo Entroido. Agardemos que tras o descanso o equipo agasalle por fin cunha victoria á súa afición.
 
Un saúdo e forza Santiso!!

lunes, febrero 17, 2014

Santiso 0 - Deza 4

Dolorosa derrota a encaixada polo Santiso no Novo Zahorra fronte o Deza. Os erros defensivos condenaron ó equipo a caer goleado fronte á súa afición por cero goles a catro.
 
Polos locais xogaron Iván Mourazos na porta, Bruno, Dani, José e Kike en defensa, Agus, Borja, Fer, Luis e Alex no medio con Manolo arriba. Na segunda parte, Nacho, Roberto, Iván, David e Trebolo entraron no campo en sustitución de Borja, Agus, José, Manolo e Alex respectivamente.
 
Un primeiro tempo horroroso do Santiso deixou en bandexa a victoria para o Deza que aprobeitou as facilidades concedidas atrás polo equipo para colocarse con tres goles de vantaxe. Na área visitante apenas houbo achegamentos sendo un remate de Kike de cabeza e un man a man de Manolo fronte o arqueiro as oportunidade máis salientables.
 
No segundo acto, os locais trataron de voltear cando menos a imaxe ofrecida na primeira metade pero inda que as ocasións se sucederon, o Santiso non só non foi quen de conseguir o gol da honra senon que inda recibeu outro tanto en contra. Neste período as oportunidades máis claras de anotar chegaron por mediación de Iván, Nacho e Trebolo sumadas a un balón que se paseou pola área pequena que ninguén foi quen de remachar á rede pero unhas veces as intervencións do gardameta visitante e outras a falta de acerto propiciaron o resultado final.
 
Toca esquecer canto antes este accidente e pensar xa no próximo partido que será a domicilio fronte o Touro o vindeiro domingo.
 
Un saúdo e forza Santiso!!


lunes, febrero 10, 2014

Cruces 0 - Santiso 0

O Santiso acadou un punto na sempre difícil cancha do Cruces nun encontro moi igualado no que non existiron moitas ocasións de gol pero que ambos equipos puideron vencer.
 
Polos visitantes actuaron Iván Mourazos na portería, Bruno, Dani, Borja e Kike en defensa, Rober, Luis, Fer, David e Alex no medio con Manolo en punta de ataque. Na segunda metade tamén participaron Javi, Carlos, Iván, Nacho e Trebolo en sustitución de Rober, Luis, David, Alex e Manolo respectivamente.
 
No primeiro período os locais levaron o peso do encontro axudados polo vento a favor que sopraba no "Camballón". Afortunadamente, a falta de acerto por parte dos dianteiros da casa e as boas intervencións de Iván evitaron que o Santiso se vise por detrás no marcador. Por parte visitante, o ocasión máis clara chegou por mediación de Alex logo dun sensacional pase de Luis pero o gardamaias local evitou o tanto cunha boa parada.
 
Tras o descanso, o Santiso, intentou conseguir o tanto da victoria e dominou máis o choque inda que sin grandes oportunidades de gol. Nesta segunda metade, Kike tivo a opción máis clara de inaugurar o marcador cun remate de falta pero de novo o porteiro do Cruces evitou que o esférico se introducise na portería. Cerca do remate, unha gran acción combinativa entre Iván, Manolo e Nacho non finalizou con éxito o escapárselle o control ó de Pezobre. 
 
Toca pensar xa no vindeiro choque que será o próximo domingo no Novo Zahorra fronte ó Deza, partido moi importante para ver as aspiracións do equipo fronte a un rival directo na pelexa pola promoción de ascenso.
 
Un saúdo e forza Santiso!!


lunes, febrero 03, 2014

Santiso 0 - Bandeira 1

A segunda volta non puido comezar de peor maneira para o Santiso, os tres puntos fuxiron do Novo Zahorra nun encontro no que os locais nunca se sentiron cómodos e o Bandeira aprobeitou para vencer o partido pola mínima. 
 
Polo equipo xogaron Charli na porta, Bruno, Dani, José e Kike en defensa, Iván, Luis, Borja, Fer e Alex no medio con Manolo arriba. Na segunda metade interviron Javi, Rober, Nacho e David en sustitución de Iván, Dani, Luis e Bruno.
 
Dende o inicio veuse que os visitantes estaban mellor plantados no terreo de xogo e pronto dispuxeron de ocasións de gol que só a falta de acerto e Charli evitaron que o marcador se movese a prol dos foráneos. Cando xa se acercaba o descanso, os visitantes conseguiron adiantarse nun remate de falta tras un saque dende o curruncho. Neste primeiro acto, os locais tiveron as oportunidades máis claras por parte de Manolo nun par de remates que se foron fóra.
 
Na segunda metade, o Santiso cambiou algo a imaxe e inda que non despregou un xogo moi vistoso, si tivo o dominio do partido e dispuxo de grandes ocasións de acadar cando menos a igualada. Alex cun remate de cabeza e Fer cur disparo coa perna dereita dispuxeron de boas oportunidades de gol que o gardameta visitante evitou con dúas eficaces paradas. Cerca xa do remate, un disparo de Rober dentro da área escapouse alto no que foi quizais a opción máis clara de sacar algo positivo do choque. Co pitido final frustrouse unha gran oportunidade de manterse nos postos máis altos da clasificación. Á derrota hai que sumarlle as lesións de diferente consideración de Charli, José e Bruno no que foi sen dúbida un domingo negro este inicial de febreiro.
 
Agardando a pronta recuperación de todos os mancados, o equipo desplazarase a Cruces a vindeira xornada na búsqueda de tres puntos que devolvan a confianza ó plantel.
 
Un saúdo e forza Santiso!!