lunes, febrero 24, 2014

Touro 3 - Santiso 1

A mellora que experimentou o equipo con respecto ó encontro anterior non foi suficiente para que o Santiso conseguise puntuar na súa visita a Touro. Os locais conseguiron o triunfo logo de remontar o gol inicial dos visitantes para acabar vencendo por tres tantos a un.
 
O equipo formou con Iván Mourazos na porta, Agus, Dani, Borja e Kike en defensa, Nacho, Fer, Iván, Luis e Alex no medio con Manolo arriba. Na segunda metade tamén participaron Javi, David, José, Carlos e Trebolo en sustitución de Nacho, Dani, Iván, Luis e Borja respectivamente.
 
O Santiso saliu máis enchufado ó partido e pronto se adiantou no marcador por mediación de Nacho que defineu á perfección logo dunha boa asistencia de Iván. Un Touro sin ideas atopouse co empate gracias a un discutido penalti que Iván Mourazos a piques estivo de deter. Coa igualada no marcador o equipo non se veu abaixo e puido adiantarse de novo en dúas claras oportunidades; primeiro cun claro penalti a Iván non sinalado e despois gracias a un remate de Nacho que se foi ó poste.
 
O inicio do segundo acto non puido ser peor para os visitantes xa que o Touro acadou dous goles nos primeiros minutos e deixou casi sentenciado o partido. Tras o duro golpe; o Santiso levou o peso do partido pero sin crear moitas ocasións de gol ata os minutos finais nos que David primeiro, nun remate dentro da área que desviou o gardamenta local e posteriormente Manolo, Javi e o propio David nunha triple ocasión na mesma xogada, dispuxeron das oportunidades máis claras de cando menos reducir a diferencia no marcador. 
 
Non queda outra que pensar no seguinte choque que será o vindeiro domingo día 9 de Marzo fronte ó Dozón no Novo Zahorra. O vindeiro fin de semana hai parón polo Entroido. Agardemos que tras o descanso o equipo agasalle por fin cunha victoria á súa afición.
 
Un saúdo e forza Santiso!!

2 comentarios:

  1. Excesivo premio para o Touro nun encontro no que o Santiso ben puido gañar. Se non fora polo penalti en contra que se inventou o árbitro e a sorte que non estivo de cara (botando o balón que deu no pau para fora en vez de para adentro coma no seu penalti...).

    Este fin de semana toca disfrutar do cocido, das filloas, das orellas e demáis larpeiradas... A ver se á volta o equipo encarrila con victorias a recta final da liga.

    Un saúdo e forza Santiso!!

    P.D: Aínda que se perda, facede igual comentarios, que se non o noso cronista vaise desanimar!

    ResponderEliminar
  2. Anónimo1/3/14 15:25

    moi bn dani jej,resultado marcado polo elemento k tiñ un silbato na boca per bueno esa derrota xa e pasado e centrarse no siguient partido na casa xa k ai k ganar si ou si.1 saudo e aupa santisoo.alex

    ResponderEliminar