lunes, febrero 10, 2014

Cruces 0 - Santiso 0

O Santiso acadou un punto na sempre difícil cancha do Cruces nun encontro moi igualado no que non existiron moitas ocasións de gol pero que ambos equipos puideron vencer.
 
Polos visitantes actuaron Iván Mourazos na portería, Bruno, Dani, Borja e Kike en defensa, Rober, Luis, Fer, David e Alex no medio con Manolo en punta de ataque. Na segunda metade tamén participaron Javi, Carlos, Iván, Nacho e Trebolo en sustitución de Rober, Luis, David, Alex e Manolo respectivamente.
 
No primeiro período os locais levaron o peso do encontro axudados polo vento a favor que sopraba no "Camballón". Afortunadamente, a falta de acerto por parte dos dianteiros da casa e as boas intervencións de Iván evitaron que o Santiso se vise por detrás no marcador. Por parte visitante, o ocasión máis clara chegou por mediación de Alex logo dun sensacional pase de Luis pero o gardamaias local evitou o tanto cunha boa parada.
 
Tras o descanso, o Santiso, intentou conseguir o tanto da victoria e dominou máis o choque inda que sin grandes oportunidades de gol. Nesta segunda metade, Kike tivo a opción máis clara de inaugurar o marcador cun remate de falta pero de novo o porteiro do Cruces evitou que o esférico se introducise na portería. Cerca do remate, unha gran acción combinativa entre Iván, Manolo e Nacho non finalizou con éxito o escapárselle o control ó de Pezobre. 
 
Toca pensar xa no vindeiro choque que será o próximo domingo no Novo Zahorra fronte ó Deza, partido moi importante para ver as aspiracións do equipo fronte a un rival directo na pelexa pola promoción de ascenso.
 
Un saúdo e forza Santiso!!


3 comentarios:

  1. Moy ben fedelliño. Haber si este domingo podemos ganar que boa falta fai. Un saludo e forza santiso oooo cr6

    ResponderEliminar
  2. moi boa cronica central,o domingo ai k ganar si ou si pa seguir na loita polos puestos de promocion,animar a afecion a k acuda animar o santiso k asi vai ser mais facil.1 saudo e aupa santisooo.alex

    ResponderEliminar
  3. o equipo esta bastante mal...a defensa debe mellorar. tiñan q poñer no campo os mismos collos co 10

    ResponderEliminar