lunes, mayo 14, 2012

Demasiados contratempos

Foron moitos os atrancos so que atopou o Santiso no último encontro desta liga. O primeiro foi que o choque se disputou en sábado o que impediu que algúns dos xogadores do equipo non puidesen participar e que a U.D. se presentara ó inicio do partido con tan só once efectivos. A pesar desta circunstancia, o Santiso plantou cara e mesmo se puido levar os tres puntos; o marcador final foi de dous goles a un para o Rial.

Polos visitantes actuaron Iván na porta, Javi Liñares, Dani, Luis e Isma en defensa, Roberto, Manuel, Micho, Fran e José de Trebolo no medio con Alex na punta de ataque.

Ademais de chegar co equipo xusto, o Santiso tivo que repoñerse a que Manuel e Dani non estaban ó cen por cen e tamén a que cando apenas se disputaban cinco minutos, Isma sufriu unha lesión no nocello, o de Novela bastante fixo con aguantar no terreo de xogo durante todo o encontro. Para máis complicacións, o Rial adiantouse no marcador nunha xogada de varios rexeites. Os visitantes puideron igualar antes do descanso a balón parado, primeiro por mediación de Luis a través dunha pena máxima cometida a Micho que o de Balocás non puido convertir. Posteriormente, Javi Liñares tivo a segunda clara ocasión pero o seu remate de falta estrelouse no longueiro, o rexeite tampouco puido ser aprobeitado por Isma.

Tras o descanso, o Rial puido sentenciar o partido con varias ocasións clarisimas pero unhas veces Iván, e outras fallos incríbles impediron que o marcador se ampliase para os locais. O Santiso casi sacou tallada nesta fase do encontro xa que conseguiu empatar logo dun magnifico gol de Alex e pouco despois o propio xogador de Mourazos tivo o segundo pero o gardamaias local impediu o tanto. Finalmente nunha contra o Rial acadou o marcador definitivo de dous a un.

Non puido despedir a tempada o Santiso cun triunfo pero dadas as circunstancias pódese catalogar de meritorio o resultado acadado a pesar de ser fronte a un rival que rematou o campionato na penúltima posición. Finalmente a U. D. remata a liga no noveno posto con 37 puntos, destacable, sen dúbida a segunda volta do equipo donde mellorou a imaxe que dou na primeira.

Volveremos a tempada que vén. Un saúdo e forza Santiso!!