lunes, diciembre 23, 2013

Santiso 4 - Atlético Melide 3

Espectacular encontro o disputado o pasado domingo no Novo Zahorra entre o Santiso e o Atlético Melide. O partido respondeu as expectativas que se lle presupón a un derbi cunha gran afluiencia de público, moita emoción, alternativas no marcador, tensión e nervios. Finalmente a balanza inclinouse a prol dos locais cunha victoria pola mínima por catro goles a tres.
 
Polo equipo xogaron Charli na porta, Agus, Dani, José e Kike en defensa, David, Borja, Fer, Iván e Alex no medio con Manolo na punta de ataque. No segundo período tamén participaron Boimorto, Luis, Javi, Nacho e Bruno en sustitución de Borja, Iván, David, Agus e Manolo respectivamente.
 
O choque non puido empezar peor para o Santiso xa que nada máis comezar o encontro os visitantes conseguiron poñerse con dous goles de ventaxa logo de executar unha falta e de finalizar con acerto unha contra. Afortunadamente o equipo conseguiu reducir rápidamente a diferencia no marcador por mediación de Manolo que executou á perfección un man a man frónte o gardameta do atlético. Tras uns primeiros minutos electrizantes o partido tranquilizouse un pouco pero o Santiso non desistiu do intento de acadar o empate. Kike tivo unha boa opción tras un remate de falta pero o gol da igualada chegaría por mediación de Iván que cruzou con acerto o esférico á rede logo dunha boa asistencia de Manolo. Antes do descanso os locais dispuxeron da oportunidade de darlle a volta ó resultado por completo cun gran testarazo de Manolo que se foi fóra por moi pouco.
 
Na reanudación, os locais pronto recibiron outro duro golpe ó anotar os de Melide o terceiro tanto por mediación do seu dianteiro centro. Tocaba remar en contra de novo e o Santiso intentouno arroupado por unha afición que foi sin dúbida o xogador número doce apoiando en todo momento ó equipo. O premio da igualada chegou tras unha internada de Alex pola banda esquerda na que centrou á área pequena e un defensa visitante introduceu o balón na súa propia portería. Nun emocionante final de partido, o Santiso acadou o ansiado gol do triunfo tras un remate de Boimorto que o porteiro visitante non foi quen de atallar. Pero a pesar de poñerse por fin por diante no marcador, a tranquilidade non chegaría para a parroquia local, xa que os visitantes dispuxeron dunha gran oportunidade para igualar de novo o marcador cun remate ó poste tras unha falta lateral pero Charli faríase finalmente coa pelota. Co pitido final desbordouse a ledicia entre afición e xogadores do Santiso logo dun partido que tardaremos en esquecer.
 
Despois do parón de navideño o Santiso voltará a xogar no Novo Zahorra fronte ó Camporrapado, será xa en 2014, o vindeiro día 12 de xaneiro. Agardemos agasaiar á nosa gran afición cun novo triunfo.
 
Un saúdo e Bo Nadal!!    

lunes, diciembre 16, 2013

Rodeiro 2 - Santiso 1

Tras a eliminación na Copa do Sar, o Santiso visitaba Rodeiro para retomar a competición ligueira. Desafortunadamente os locais conseguiron levarse o choque cunha victoria pola mínima nun partido igualado.
 
Polos visitantes xogaron Charli na porta, Agustín, Dani, José e Kike en defensa, Iván, Fer, Boimorto e Alex no medio con Nacho e Manolo en ataque. Na segunda metade Javi, David, Borja e Carlos sustituiron a Iván, Nacho, Boimorto e Dani respectivamente.
 
Na primeira metade o encontro discurriu bastante parexo e non houbo excesivas ocasións de gol, sin embargo os locais aproveitaron dous despistes defensivos para anotar os seus goles inda que no segundo foi a través dun probable fóra de xogo no que o dianteiro do Rodeiro aproveitou para marcar. Na área contraria as ocasións máis claras chegaron logo de dous saques de esquina nos que primeiro Kike cun remate fóra pegadiño ó poste e despois Alex cun disparo que desviou o cancerbeiro local puideiro inaugurar o marcador para os visitantes. Posteriormente Manolo dispuxo da oportunidade máis clara cun remate de cabeza logo dun centro de Alex pero o seu testarazo foise fóra.
 
Tras o descanso, o equipo encerrou ó Rodeiro no seu campo e os locais só dispuxeron de oportunidades á contra. O dominio visitante non produciu ocasións claras de gol pero sí multiples faltas o borde da área e saques de esquina. Nunha desas oportunidades mediado o segundo periodo e logo de varios rexeites nos que Manolo por dúas veces puido anotar, José sería o que acadaría o único gol do equipo. De ahí cara o final os visitantes intentarono colgando balóns á área do Rodeiro pero o tanto da igualada non chegou.
 
Sin tempo para lamentacións, o vindeiro domingo chegará o derradeiro partido do ano e será un derbi no Novo Zahorra fronte ó Atlético Melide.
 
Un saúdo e forza Santiso!!