jueves, enero 26, 2012

Partido para esquecer


A pesar de que as porterías eran "pequenas" o Santiso non puido evitar a derrota clara na visita a Trazo. Catro goles a cero para os locais que se mostraron claramente superiores.


Pola U.D. xogaron Charli en portería, Javi Liñares, Tono, José e Isma na defensa, José de Trebolo, Kike, Javi Ministro, Alex e Fran no centro do campo con Manolo arriba. Na segunda metade, Javi Ourense entrou por Javi Liñares.


Non foi sen dúbida o día para os visitantes, só a grandísima actuación de Charli axudou a que ó descanso se chegara co marcador de 1-0. E é que o noso gardameta sacou ata catro man a man no primeiro acto. Na area local só foi destacable un posible penalti sufrido por Manolo.


Tras o tempo de lecer, as cousas non variaron desgraciadamente para os intereses do Santiso e pronto recibeu o segundo gol, algo que afectou en exceso á moral do equipo e que supuxo que caeran outros dous tantos máis antes do remate do choque, aínda así, Charli de novo tivo unha actuación destacada.


Ás veces saen partidos así, o positivo é que este domingo temos a oportunidade de resarcirnos, visita o Novo Zahorra o Agrón, un dos equipos de arriba.


Por certo, para ós que non conozcades ós da foto, son Alex que está medindo a portería e Isma que xa debía notar que o partido non ía ser moi plácido...


Un saúdo e forza Santiso!!

jueves, enero 19, 2012

Segunda victoria do ano

Nunha tarde invernal con moito frío, o Santiso conseguiu os primeiros tres puntos da segunda volta. Triunfo por dous goles a un fronte ó Prevediños que vendeu cara a derrota pero que finalmente tivo que claudicar frontre ós locais que mereceron vencer claramente.


Os protagonistas por parte da U.D. foron Charli na porta, Isma, Tono, José e Kike en defensa, Javi Ministro, Manuel, Luis, Fran e Alex no medio, con Manolo arriba. Na segunda metade entraron Javi Liñares, Dani, Javi Ourense e José Trebolo por Luis, Isma, Fran e Alex respectivamente.


O Santiso saiu moi enchufado dende o principio e cerrou atrás a un Prevediños que non podía sair ó ataque. Javi Ministro tivo a gran ocasión de anotar con un remate ó poste da portería visitante, pero o primeiro gol chegaba co oportunismo dun auténtico "killer" da área; Manolo inauguraba o marcador tras aprobeitar un rexeite do gardamallas do Prevediños despois dunha falta moi ben executada por Kike. Minutos despois Charli tivo que empregarse a fondo logo dunha falta que de non ser polo "noso piloto" se convertiría no empate.


Tras o descanso, o partido igualouse un pouco e o Prevediños comezou a acercarse máis á area local. Nunha falta lonxana chegaría a igualada no marcador logo de que os visitantes aprobeitaran un rexeite de Charli; tocaba empezar de novo. Co partido encarando a recta final, Manuel ofreceulle a Javi Ministro un excelente balón que o de Pezobre cruzou expléndido á rede, facendo inutil a estirada do porteiro visitante e poñendo á U.D. de novo por diante no marcador. Así se chegaría ó final co equipo dedicando a victoria a unha afición que a pesar das baixas temperaturas acompañou unha vez máis ó Santiso no Novo Zahorra.


O próximo domingo visitamos ó Trazo, primeiro partido fóra deste 2012, porque non seguir coa racha...


Un saúdo e forza Santiso!!

martes, enero 10, 2012

Animo Micho!!

Non sin esforzo, o Santiso acadou os primeiros tres puntiños deste 2012. Foi pola minima ante o Rial por un gol a cero. Quizais as ganas de agradar ó público despois de tres domingos sin disputar encontros foron as culpables de que non se desenvolvera un gran xogo; inda así, os locais fixeron máis méritos para estrear o casilleiro neste novo ano.


Pola U.D. xogaron Charli en portería, Javi Liñares, Manuel, José e Isma en defensa, Javi Ourense, Micho, Luis, Alex e Fran no medio do campo, con Manolo na punta de ataque. Participaron tamén no choque Javi Ministro, Ivan, Dani e Tono que entraron no terreo de xogo por Micho, Charli, Javi Ourense e Ismael respectivamente.


Todo o encontro foi eclipsado sen dúbida pola acción que obrigou a Micho a abandoar o partido mediada a primeira metade; un balón dividido foi pelexado polo de Piñor coa cabeza e por un rival co pé, con tan mala sorte que Micho recibeu un forte golpe na fronte e no nariz. Finalmente recibeu entre 12 e 15 puntos de sutura na fronte e tamén ten unha fisura no nariz; sen embargo, pensa volver pronto e toda a parroquia do Santiso esperao cos brazos abertos.


No meramente deportivo, os locais conseguiron o único gol do partido na segunda parte gracias a unha pena máxima anotada por Alex logo de que un defensa visitante golpeara o esférico coa man. Algún que outro sufrimento no tramo final do partido para a defensa local pero o partido remataría cos puntos na casa.


O próximo partido volve ser no Novo Zahorra o domingo ás 4 da tarde fronte ó Prevediños, comezamos a segunda volta.


Un saúdo e de novo Animo Micho!!

martes, enero 03, 2012

Polo Chan!

Aprobeitando o parón de Nadal e á espera do primeiro encontro do ano 2012 fronte ó Rial o próximo domingo no Novo Zahorra, aquí vos deixo un enlace coa meritoria participación do Concello de Santiso no programa da galega "Polo Chan" na que varios mozos e mozas de Santiso participaron (algúns dos xogadores da U.D. incluidos). Se tedes un momento botádelle unha ollada, merece a pena, xa veredes...



http://85.91.64.21/reproductor/inicio.asp?canal=tele&hora=10:04:26&fecha=12/11/2011&arquivo=1&programa=POLO+CHAN&id_programa=921&corte=&mp4=0&medio=



Un Saúdo para "Galicia Ras" e Forza Santiso!!