martes, enero 10, 2012

Animo Micho!!

Non sin esforzo, o Santiso acadou os primeiros tres puntiños deste 2012. Foi pola minima ante o Rial por un gol a cero. Quizais as ganas de agradar ó público despois de tres domingos sin disputar encontros foron as culpables de que non se desenvolvera un gran xogo; inda así, os locais fixeron máis méritos para estrear o casilleiro neste novo ano.


Pola U.D. xogaron Charli en portería, Javi Liñares, Manuel, José e Isma en defensa, Javi Ourense, Micho, Luis, Alex e Fran no medio do campo, con Manolo na punta de ataque. Participaron tamén no choque Javi Ministro, Ivan, Dani e Tono que entraron no terreo de xogo por Micho, Charli, Javi Ourense e Ismael respectivamente.


Todo o encontro foi eclipsado sen dúbida pola acción que obrigou a Micho a abandoar o partido mediada a primeira metade; un balón dividido foi pelexado polo de Piñor coa cabeza e por un rival co pé, con tan mala sorte que Micho recibeu un forte golpe na fronte e no nariz. Finalmente recibeu entre 12 e 15 puntos de sutura na fronte e tamén ten unha fisura no nariz; sen embargo, pensa volver pronto e toda a parroquia do Santiso esperao cos brazos abertos.


No meramente deportivo, os locais conseguiron o único gol do partido na segunda parte gracias a unha pena máxima anotada por Alex logo de que un defensa visitante golpeara o esférico coa man. Algún que outro sufrimento no tramo final do partido para a defensa local pero o partido remataría cos puntos na casa.


O próximo partido volve ser no Novo Zahorra o domingo ás 4 da tarde fronte ó Prevediños, comezamos a segunda volta.


Un saúdo e de novo Animo Micho!!

4 comentarios:

  1. Eu xa estou pensando en recuperar e volver a xogar canto antes, e gracias a todos polos animos q m destes

    ResponderEliminar
  2. animo micho..neste caso os puntos son o de menos..mención especial merece alex que ainda non sei quen lle deixou tirar o penalti..espero estar de volta para a semana..1 saúdo a todo santiso e por suposto a galicia ras..

    ResponderEliminar
  3. Moi boas a todos. O ano 2012 comeza ben para o santiso en diversos aspectos. En primeiro lugar, felicitar a Dani pola cronica feita e o ekipo polo partido desputado o domingo, k serviu para deixar os 3 primeiros puntos do ano na casa. Tamen felicitar a Alex polo segundo gol da tempada (ambos consecutivos) e a Tono pola incorporacion o ekipo trala lesion sufrida recentemente. Pero os aspectos mais importantes, os aspectos negativos, tamen estan presentes na zaga do santiso xa que o compañeiro de Piñor, Micho, sufriu un forte golpe neste partido e estara de baixa un tempo estimado entre 1 e 2 meses. por iso, dende aki, mandarlle moito animo e desexarlle unha pronta recuperacion, o igual k o noso compañeiro Roberto, k segue fora dos terreos de xogo, e o k tamen lle mandamos moitas foezas para k se incorpore o antes posible o equipo. Asik o dito. ANIMO MICHO. Saudos a todos. AUPA SANTISO!!!

    ResponderEliminar
  4. wenas,en 1 lugar darlle todo o animo a micho e ke se rekupere pronto.e respecto o partido do domingo aer se xega a 2 victoria konsekutiva.O PARTIDO SERA DE NONO NA KASA NO KAMPO MUNICIPAL DE SANTISO AS 4 DA TARDE KONTRA O PREVEDIÑOS ANIMADEVOS A VR VER O VOSO EKIPO O SANTISO.1 saudo e AUPA SANTISO

    ResponderEliminar