lunes, noviembre 28, 2011

Dormidos

Algo facía presaxiar o que ía suceder cando chegamos a Lestedo e nos demos conta de que alí non era o encontro; desfacer o camiño andado e aterrizar no Forte a tan só 10 minutos antes do inicio do choque. Sen apenas facer exercicios de quencemento o Santiso iniciaba un partido que tirou na primeira metade e que cando quixo reaccionar xa era demasiado tarde. Finalmente 3 a 1 para os da casa que se aprobeitaron da falla de concentración na retagarda visitante.


O Santiso formou con Charli na porteria, Isma, Dani, José e Kike en defensa, Javi Ministro, Micho, Manuel, Alex e Fran no medio do campo, con Manolo arriba. Na segunda metade entraron Jose, Iván, Javi Liñares e José de Trebolo sustituíndo a Javi Ministro, Charli, Dani e Alex.


Os tres goles locais chegaron da mesma maneira, balóns en longo á espalda da defensa, galopada pola banda e gol do Lestedo. Cun doloroso 3 a 0 chegabase ó descanso.


No segundo acto, o Lestedo acusou o esforzo da primeira medate e o Santiso comezou a tocar a pelota con un protagonista principal; Fran ofreceuse por todo o campo para sair coa pelota xogada cara á area rival. Nunha desas xogadas, agasallou a Manolo cun gran balón que o de Vilar non desperdiciou. Houbo algún achegamento máis pero estaba claro que o partido xa era dos locais.


Toca aprender dos erros e pensar xa no proximo rival, o Villestro B, que visitará o Novo Zahorra o próximo domingo ás 6 da tarde.


Por último mandar dende aquí unha forte aperta de parte de toda a parroquia do Santiso a Roberto que se está a recuperar dunha operación de oído. Moito Animo!!


Un saúdo e forza Santiso!!

martes, noviembre 22, 2011

Por fin!!

Rachouse a mala xeira de resultados para o Santiso, facía falta xa un triunfo, e o equipo conseguiuno fronte o Resmón no Novo Zahorra por un gol a cero. Primeira vez que non se encaixa ningún gol na presente campaña, queda demostrado que é algo moi importante para conseguir victorias.


Polo Santiso actuaron Charli na porta, Isma, Manuel, José e Kike en defensa, Javi Ministro, Micho, Luis e Alex no medio do campo, Fran de enganche e Manolo na punta de ataque. Posteriormente entraron Roberto, Javi Liñares, Javi Ourense, Jose do Padrón e José de Trebolo por Alex, Isma, Micho, Javi Ministro e Luis respectivamente; éste último foise mancado, agardemos unha pronta recuperación.


Foi un encontro moi serio por parte do Santiso que logrou a victoria gracias a un golazo de falta directa de Kike, que xa leva tres tantos na presente campaña. Polo que me comentaron foi un moi bo partido do equipo en xeral e sobre todo en defensa.


O próximo domingo visitamos ó Lestedo, esperemos que con esta victoria collamos moral para seguir colleitando puntos.


Por certo, agradecer a Alex a información aportada nos dous últimos partidos para poder facer cando menos unha pequena referencia no blog do equipo.


Un saúdo e forza Santiso!!




jueves, noviembre 17, 2011

Sin reacción

Pois desgraciadamente, así é, o Santiso volveu caer, esta vez fronte ó Ames a domicilio. Foi por dous goles a cero e a racha negativa seguese acumulando.


Polos visitantes actuaron Ivan en porta, Isma, Manuel, José e Javi Ministro en defensa, Roberto, Micho, Kike, Luis e Alex no medio e Manolo arriba. Na segunda metade participaron Charli, Jose do Padrón e José de Trebolo que entraron no lugar de Roberto, Alex e Isma.


Non queda outra que intentar levantarse, os malos resultados teñen que rematar pronto. O próximo domingo rende visita ó Novo Zahorra o cuarto clasificado, o Resmón; agardemos que chegue por fin unha victoria que elimine a nefasta xeira de partidos perdidos.


Un saúdo e forza Santiso!!

jueves, noviembre 10, 2011

Caída libre

Racha malísima a que leva o Santiso, o pasado domingo colleitou un novo partido perdido, foi ante o Touro no Novo Zahorra por cero goles a dous.


Os locais formaron con Charli na portería, Isma, Tono, Manuel e Javi Ministro en defensa, Javi Ourense, Micho, Luis, Alex e Roberto no medio do campo e Manolo en ataque. Tamén xogaron Dani, Fran, José de Trebolo e Javi Liñares que entraron no terreo de xogo por Tono, Javi Ourense, Roberto e Isma. Os trocos de Tono e Roberto foron por lesión, agardemos que poidan disputar o próximo choque.


Non foi o mellor dos partidos que se leva visto no Novo Zahorra, partido moi trabado con poucas ocasións de gol, semellaba que como no partido fronte ó Camporrapado, o que anotase antes se levaría o gato á auga. O Santiso tivo as ocasións máis claras por medio de Alex, nun balón cruzado a pase de Manolo e tamén nunha falta ó borde da área. Pero pasou o que últimamente lle acontece ó Santiso, adiantouse o rival e o nivel de desconfianza apoderouse do equipo que tan só un minuto despois encaixou o segundo. Non houbo reacción e os tres puntos fuxiron de novo do noso feudo lamentablemente.


O próximo partido será a domicilio fronte ó Ames, agardemos por fin o remate desta mala xeira de resultados.


Un saúdo e forza Santiso!!

jueves, noviembre 03, 2011

Outubro Negro

Finalizou por fin este mes de outubro tan negativo para os intereses do Santiso, e é que nada menos que 5 derrotas en outros tantos partidos acadou o equipo. A última dolorosa, por cinco goles a cero contra o Tordoia.


Polos visitantes xogaron, Charli na porta, Javi Ministro, Tono, Manuel e Kike en defensa, Roberto, Micho, Luis e Alex no medio, Fran na media punta e Manolo no ataque. Na segunda metade actuaron Iván, Javi Liñares, José, Javi Ourense e José de Trebolo no lugar de Charli, Roberto, Micho, Fran e Alex respectivamente.


Os locais foron claramente superiores xa na primeira parte á que se chegou con dous a cero, o mellor xogo do Santiso produciuse tras o descanso pero o terceiro gol local pesou moito na moral visisitante que posteriormente apallou outros dous goles máis.


Esperemos que este mes de novembro nos ofreza mellor xogo e resultados que o pasado. O vindeiro domingo, visita o Novo Zahorra o Touro. Vamos que toca gañar xa!!


Un saúdo e forza Santiso!!