jueves, noviembre 10, 2011

Caída libre

Racha malísima a que leva o Santiso, o pasado domingo colleitou un novo partido perdido, foi ante o Touro no Novo Zahorra por cero goles a dous.


Os locais formaron con Charli na portería, Isma, Tono, Manuel e Javi Ministro en defensa, Javi Ourense, Micho, Luis, Alex e Roberto no medio do campo e Manolo en ataque. Tamén xogaron Dani, Fran, José de Trebolo e Javi Liñares que entraron no terreo de xogo por Tono, Javi Ourense, Roberto e Isma. Os trocos de Tono e Roberto foron por lesión, agardemos que poidan disputar o próximo choque.


Non foi o mellor dos partidos que se leva visto no Novo Zahorra, partido moi trabado con poucas ocasións de gol, semellaba que como no partido fronte ó Camporrapado, o que anotase antes se levaría o gato á auga. O Santiso tivo as ocasións máis claras por medio de Alex, nun balón cruzado a pase de Manolo e tamén nunha falta ó borde da área. Pero pasou o que últimamente lle acontece ó Santiso, adiantouse o rival e o nivel de desconfianza apoderouse do equipo que tan só un minuto despois encaixou o segundo. Non houbo reacción e os tres puntos fuxiron de novo do noso feudo lamentablemente.


O próximo partido será a domicilio fronte ó Ames, agardemos por fin o remate desta mala xeira de resultados.


Un saúdo e forza Santiso!!

2 comentarios:

  1. hola que hay eu xa non sei que che diga,pero muy mala suerte temos de cristo. haber si cambia algo e nos sube un pouco a moral un saludo

    ResponderEliminar
  2. Nenos.... Este domingo han cambiar as cousas, xa veredes. Respecto do parte de lesións, decir que finalmente parece que sí tiña roto un dedo do pé (menos mal que non manquei a Luis, polo menos). O caso é que, por agora, xogar non vou poder. A ver se pega pronto, porque esta racha ten que cambiar.

    ResponderEliminar