lunes, noviembre 25, 2013

Dozón 2 - Santiso 5

Victoria contundente a que acadou o Santiso na súa visita a Dozón, un campo no que sempre é difícil xogar polo seu estado e no que as condicións metereolóxicas non soen axudar. O equipo mostrouse moi superior ós locais e revisando as ocasións de gol incluso o marcador puido ser todavía máis claro para os visitantes.
 
Polo Santiso formaron de inicio os seguintes futbolistas; Iván Mourazos na portería, Bruno, Dani, José e Agustín (que volvía deste xeito ó equipo) en defensa, Javi, Luis, Nacho, David e Alex no medio con Manolo na punta de ataque. No segundo tempo participaron Fer, Boimorto, Iván, Carlos e Rober e sustitución de Luis, Javi, Agus, David e Manolo respectivamente.
 
O partido arrancou cun dominio claro por parte visitante e as ocasións comezaron a chegar; o equipo anotou o primeiro gol logo dunha gran acción combinativa na que Nacho asisteu a Alex para que o de Mourazos cedera a Manolo en boca de gol e o de Vilar inaugurase o marcador. Os seguintes minutos continuaron con dominio do Santiso pero sin embargo, neste primeiro acto, o marcador non sufría máis variacións. Nacho e Luis, ambos cuns remates loxanos e Manolo cun testarazo logo dun dos innumerables saques de esquina dos que dispuxo o equipo tiveron as oportunidades máis claras de ampliar o resultado. Os locais disfrutaron dun par de ocasións ailladas en toda a primeira metade.
 
Tras o descanso, os visitantes sairon coa intención de finiquitar o encontro e neste segundo acto, o equipo tivo máis efectividade fronte a porta contraria. Nacho anotou o segundo nunha xogada embarullada pouco despois de que David rematase ó longueiro un gran disparo e Alex tras un roubo de balón no medio do campo facía o terceiro para deixar casi sentenciado o partido. Sin embargo, logo dun erro defensivo dos visitantes, o Dozón conseguía reducir diferencias no marcador e poñer así, algo de inquedanza na parroquia santisense. Pero minutos despois, Carlos encargabase de deixar claro o desenlace do choque marcando o cuarto gol pouco despois de que Fer dispuxera dunha gran ocasión disparando de novo ó longueiro un remate lonxano. Boimorto conseguiu o quinto minutos despois para deixar cerrado definitivamente o partido. O segundo gol dos locais cando o encontro finalizaba foi xa unha mera anécdota.
 
Volve así o equipo á senda do triunfo logo de dúas derrotas consecutivas, agardemos seguir nesta liña de resultados. O vindeiro choque en liga non será ata o 15 de decembro a domicilio fronte ó Rodeiro xa que o próximo fin de semana o equipo tócalle descansar (finalmente a liga conta con 11 equipos tras a baixa do Val do Ulla e cada xornada hai un equipo que non xoga). Pero o Santiso sí xogará dentro de dúas semanas partido da Copa do Sar, será a domicilio tamén e a partido único fronte ó Dodro, un rival que compite en segunda rexional. Iremos informando.
 
Un saúdo e forza Santiso!!

lunes, noviembre 18, 2013

Santiso 0 - Touro 2

Cedeu o Santiso os tres primeiros puntos no Novo Zahorra nesta campaña. O Touro venceu por dous goles a cero nun encontro no que a falta de acerto fronte a portería condenou ós locais á derrota.
 
A formación inicial do equipo foi composta por Charli na porta, Bruno, Dani, José e Kike en defensa, con David, Boimorto, Fer, Iván e Alex no medio con Manolo arriba. O choque contaría tamén coa participación de Iván Mourazos, Javi, José Trebolo, Luis e Nacho en sustitución de David, Iván, Kike, Boimorto e Bruno.
 
Como se presumía, o Touro puxo dende o principio as cousas difíciles para os locais e levou o peso do partido inda que sin crear ocasións claras de gol. Éstas chegaron polo bando local, Alex e Manolo por partida doble dispuxeron das máis claras; o de Mourazos atopouse na primeira oportunidade co gardamaias visitante e na segunda xa moi forzado intentou asistir a Manolo evitando o remate un defensa do Touro na liña de gol; en canto ó de Vilar, tamén se atopou co arqueiro visitante na primeira ocasión e na segunda, o seu remate de cabeza foise fóra a rentes do pau da portería rival. Cando remataban quince minutos para o final do primeiro acto, produciuse a expulsión de Charli o que supuxo que o equipo quedase con un xogador menos na primeira media hora do partido por segundo partido consecutivo.
 
Tras o descanso, as oportunidades repartironse e os visitantes contaron con alguna ocasión clara ata que conseguiron adiantarse no marcador mediada a segunda parte. Puido chegar o empate pouco despois nun remate de Manolo pero de novo o porteiro visitante evitou o tanto. José Trebolo cun disparo dende fóra da área tamén puido acadar a igulada para o Santiso pero finalmente o seu remate foise fóra. Na seguinte xogada chegou o mazazo final nunha contra que o Touro aprobeitou para sentenciar o choque.
 
Na próxima xornada, o equipo visitará Dozón, agardemos regresar cos tres puntos e rematar coa mala xeira de resultados que leva o Santiso neste mes de Novembro.
 
Un saúdo e forza Santiso!!

lunes, noviembre 11, 2013

Deza 4 - Santiso 2

Non foi quen o Santiso de acadar a terceira victoria consecutiva nesta liga. A primeira derrota chegou fronte ó Deza por catro goles a dous. Desta volta faltou a solidez defensiva que mostrou o equipo nas dúas primeiras xornadas.
 
Polos visitantes xogaron Iván na porta, Bruno, Borja, José e Kike en defensa, David, Dani, Fer, Carlos e Alex no medio con Manolo na punta de ataque. Na segunda metade participaron Javi, Boimorto (que debutou así co equipo nesta campaña), Nacho, Luis e José Trebolo en sustitución de Bruno, Carlos, David, Dani e Alex respectivamente.
 
O choque levou a batuta do Deza nos minutos iniciais e froito dese dominio conseguiu adiantarse nunha acción afortunada na que Iván non puido despexar un balón bombeado dos locais. Tras uns minutos de desconcerto, o equipo acadou o empate logo dunha boa xogada colectiva na que finalmente Fer asistiu a Manolo para que o dianteiro recibise de espaldas á porta e rematase coa perna dereita logo dun rápido xiro facendo insuficiente a estirada do gardamenta local. A falta de quince minutos para o final do primeiro acto, produciríase unha das xogadas decisivas do encontro xa que Borja sería expulsado por doble cartón amarelo. O equipo recibiría pouco despois o segundo gol en contra e así se chegaría ó descanso.
 
Na reanudación, o equipo non se amedrentou e levou o peso do partido a pesar de xogar cun futbolista menos pero o dominio non se traduceu en ocasións claras de gol. O Deza á contra atopouse cómodo e conseguiu agrandar a ventaxa mediado o segundo acto e acadar o tres a un. Sin embargo, o equipo acadaría un novo gol por mediación de Kike ó transformar un libre indirecto dentro da área. A emoción mantívose ata o último minuto na que o equipo volcado ó ataque e con tres defensas recibeu o gol definitivo que pechou o encontro.
 
Toca pensar xa no seguinte partido que será no Novo Zahorra o próximo domingo fronte ó Touro, outro rival duro que poñerá sin dúbida as cousas difíciles.
 
Un saúdo e forza Santiso!!