Victoria contundente a que acadou o Santiso na súa visita a Dozón, un campo no que sempre é difícil xogar polo seu estado e no que as condicións metereolóxicas non soen axudar. O equipo mostrouse moi superior ós locais e revisando as ocasións de gol incluso o marcador puido ser todavía máis claro para os visitantes.
Polo Santiso formaron de inicio os seguintes futbolistas; Iván Mourazos na portería, Bruno, Dani, José e Agustín (que volvía deste xeito ó equipo) en defensa, Javi, Luis, Nacho, David e Alex no medio con Manolo na punta de ataque. No segundo tempo participaron Fer, Boimorto, Iván, Carlos e Rober e sustitución de Luis, Javi, Agus, David e Manolo respectivamente.
O partido arrancou cun dominio claro por parte visitante e as ocasións comezaron a chegar; o equipo anotou o primeiro gol logo dunha gran acción combinativa na que Nacho asisteu a Alex para que o de Mourazos cedera a Manolo en boca de gol e o de Vilar inaugurase o marcador. Os seguintes minutos continuaron con dominio do Santiso pero sin embargo, neste primeiro acto, o marcador non sufría máis variacións. Nacho e Luis, ambos cuns remates loxanos e Manolo cun testarazo logo dun dos innumerables saques de esquina dos que dispuxo o equipo tiveron as oportunidades máis claras de ampliar o resultado. Os locais disfrutaron dun par de ocasións ailladas en toda a primeira metade.
Tras o descanso, os visitantes sairon coa intención de finiquitar o encontro e neste segundo acto, o equipo tivo máis efectividade fronte a porta contraria. Nacho anotou o segundo nunha xogada embarullada pouco despois de que David rematase ó longueiro un gran disparo e Alex tras un roubo de balón no medio do campo facía o terceiro para deixar casi sentenciado o partido. Sin embargo, logo dun erro defensivo dos visitantes, o Dozón conseguía reducir diferencias no marcador e poñer así, algo de inquedanza na parroquia santisense. Pero minutos despois, Carlos encargabase de deixar claro o desenlace do choque marcando o cuarto gol pouco despois de que Fer dispuxera dunha gran ocasión disparando de novo ó longueiro un remate lonxano. Boimorto conseguiu o quinto minutos despois para deixar cerrado definitivamente o partido. O segundo gol dos locais cando o encontro finalizaba foi xa unha mera anécdota.
Volve así o equipo á senda do triunfo logo de dúas derrotas consecutivas, agardemos seguir nesta liña de resultados. O vindeiro choque en liga non será ata o 15 de decembro a domicilio fronte ó Rodeiro xa que o próximo fin de semana o equipo tócalle descansar (finalmente a liga conta con 11 equipos tras a baixa do Val do Ulla e cada xornada hai un equipo que non xoga). Pero o Santiso sí xogará dentro de dúas semanas partido da Copa do Sar, será a domicilio tamén e a partido único fronte ó Dodro, un rival que compite en segunda rexional. Iremos informando.
Un saúdo e forza Santiso!!
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarMoi beeen fedelliño!! Jajaja! Moi ben redactado, coma sempre. Ánimo e a seguir así!
ResponderEliminarHola Dani:
ResponderEliminarSoy Héctor. Muchas felicidades por la victoria. Veo que este año habéis empezado bastante bien (exceptuando las dos derrotas anteriores). Espero que sigáis así de bien y que disfrutéis (que imagino que esa es la idea y el objetivo primordial,jajaja).
Bueno, que sepas que también te seguimos desde tierras catalanas. Es un placer leer las crónicas, están muy bien escritas y además aprendo gallego.
Veña, unha aperta
moi boa crónica Danieliñoo...jej.bon partido en xeral anke weno non se daba xogado polas características do campo xa que estaba en cachos de herba e área e weno "daba as augas pa un lado"jej 1 SAUDOOO E FORZAAA SANTISOOOO!!! Rober
ResponderEliminarGraciñas polos comentarios rapaces!!
ResponderEliminarAgus, espero que o teu regreso non quede sólo nos terreos de xogo e tamén por aquí botes unha man! jeje.
Hector, moitas gracias polas felicitacións! jeje. Alegrome de que che gusten as crónicas, esperemos que poida seguir escribindo victorias e se che sirve de algo pois inda mellor!! jeje. Espero que che vaia moi ben por alá. Unha aperta!!
Rober, esqueceraseme o tema das augas!! jeje. A verdade é que era algo para comentar na crónica!! jeje. Moitas gracias polo comentario! Saúdos.