lunes, diciembre 16, 2013

Rodeiro 2 - Santiso 1

Tras a eliminación na Copa do Sar, o Santiso visitaba Rodeiro para retomar a competición ligueira. Desafortunadamente os locais conseguiron levarse o choque cunha victoria pola mínima nun partido igualado.
 
Polos visitantes xogaron Charli na porta, Agustín, Dani, José e Kike en defensa, Iván, Fer, Boimorto e Alex no medio con Nacho e Manolo en ataque. Na segunda metade Javi, David, Borja e Carlos sustituiron a Iván, Nacho, Boimorto e Dani respectivamente.
 
Na primeira metade o encontro discurriu bastante parexo e non houbo excesivas ocasións de gol, sin embargo os locais aproveitaron dous despistes defensivos para anotar os seus goles inda que no segundo foi a través dun probable fóra de xogo no que o dianteiro do Rodeiro aproveitou para marcar. Na área contraria as ocasións máis claras chegaron logo de dous saques de esquina nos que primeiro Kike cun remate fóra pegadiño ó poste e despois Alex cun disparo que desviou o cancerbeiro local puideiro inaugurar o marcador para os visitantes. Posteriormente Manolo dispuxo da oportunidade máis clara cun remate de cabeza logo dun centro de Alex pero o seu testarazo foise fóra.
 
Tras o descanso, o equipo encerrou ó Rodeiro no seu campo e os locais só dispuxeron de oportunidades á contra. O dominio visitante non produciu ocasións claras de gol pero sí multiples faltas o borde da área e saques de esquina. Nunha desas oportunidades mediado o segundo periodo e logo de varios rexeites nos que Manolo por dúas veces puido anotar, José sería o que acadaría o único gol do equipo. De ahí cara o final os visitantes intentarono colgando balóns á área do Rodeiro pero o tanto da igualada non chegou.
 
Sin tempo para lamentacións, o vindeiro domingo chegará o derradeiro partido do ano e será un derbi no Novo Zahorra fronte ó Atlético Melide.
 
Un saúdo e forza Santiso!!
 


3 comentarios:

  1. Muy beeeen fedelliño. Haber si cambia algo a suerte e se pon algo do noso lado. Un saludo. Cr6

    ResponderEliminar
  2. moi boa cronica dani coma sempre a verda,despois da derrota do domingo este domingo ai que dalo todo e conseguir a victoria contra os veciños do atl.melide.1 saudo e aupa santisooo

    ResponderEliminar
  3. este domingooo ai que dalo todo e ganar o derbi como dios manda!!jej 1saudoo e FORZAA SANTISOO!!!!! Rober

    ResponderEliminar