O Santiso conseguiu este pasado domingo gañar nun encontro, algo que se resistía nos últimos catro embites. Foi unha victoria en Gresande, por cero goles a dous que sirveu para que o equipo volvese sumar de tres en tres. Segue a dárselle ben este equipo ó Santiso, agardemos que perdure a tradición.
No Santiso formaron de inicio, Charli en porta, Tono, Dani e Kike en defensa, Manuel e Luis por diante, Roberto, Micho, Agustín e Alex no medio con Manolo pichichi que volveu "mollar" en punta de ataque. Tras o descanso, entraron Javi por Roberto, José por Alex, Jose do Padrón por Micho e Bruno por Manolo.
Cando fai anos se rendía visita ó Gresande, os comentarios sobre o terreo de xogo eran de admiración por atoparse con un campo de herva natural acostumados a xogar en campos de terra, area ou zahorra como o propio feudo do Santiso. Afortunadamente, imos evolucionando e agora o normal é atopar terreos de céspede artificial, e hoxe por hoxe o terreo do Gresande deixa moito que desexar, non só porque se mellorou nos campos en xeral, senon tamén porque o do equipo pontevedrés empeorou. Deste xeito, era bastante compricado fabricar boas xogadas xa que os botes que sufría o balón impedían moitas veces facer un bó control do esférico.
Sen embargo o Santiso, logrou sobrepoñerse e a pesar de non realizar un magnífico partido si fixo méritos para lograr o triunfo. Os goles chegaron na primeira metade, o primeiro veu dunha falta que sacou Luis e foi rematada por un xogador local cara a súa propia portería. Deixo nas mans dos seguidores e xogadores que visen o gol se vai sumar na conta de Luis na carreira do pichichi do equipo. O segundo chegou tras unha xogada "típica" de Manolo, que a base de insistencia conseguiu levar a pelota controlada para coa perna menos boa, a dereita, rematase a gol. Puido chegar algún gol máis para o Santiso, sobre todo no primeiro acto por medio de Manuel ou Agustín pero o marcador non se moveu máis.
Victoria que permite ó equipo chegar á quinta praza, que cómpre manter e intentar mirar máis arriba se é posible. Próximo partido o domingo no Novo Zahorra contra o Callobre.
Un saúdo e forza Santiso!!