Segue a racha de imbatibilidade do Santiso dende que caera en Berres, son 8 xa os partidos que leva sen coñecer a derrota, desta volta colleitou un empate a 4 goles no feudo do Prevediños. A magoa é que o equipo a pesares de que non perde, tampouco é quen de gañar nos útimos tres encontros.
O Santiso formou con Charli en porta, Tono, Dani e Kike en defensa, Javi e Luis por diante, Roberto, Micho, Manuel e Alex no medio do campo, e o pichichi Manolo na punta do ataque. Na segunda metade entraron Fran por Luis, Bruno por Roberto, José por Javi e Jose do Padrón por Dani.
O choque non puido comezar mellor para o Santiso xa que tras un centro de Luis, Alex conseguía o 0-1 cando apenas se disputara un minuto de encontro. Houbo poucas ocasións máis salientables na primeira parte o que presaxiaba un partido tranquilo para o Santiso, nada máis lonxe da realidade.
O segundo tempo comezaba con máis noticias boas para o Santiso, xa que tras unha boa xogada, Roberto caía na área local sinalando o árbitro penalti. Luis encargouse de subir o segundo para o Santiso. Pero a partir de aqui o partido volveuse tolo, o Prevediños reduceu distancias primeiro tras unha boa xogada combinativa e pouco despois, conseguiu o empate tras un auténtico golazo dende fóra da área que se coou pola escadra visitante. O Santiso conseguiu de novo adiantarse por medio de Manolo tras unha boa xogada de Alex pola esquerda pero pouco despois o equipo local conseguia a igualada nunha xogada individual do dianteiro do Prevediños que Dani non puido evitar. Outra boa xogada do Santiso calcada á do terceiro gol servía para que Manolo conseguise o 3-4 a pase novamente de Alex. Cando parecía que o partido ía morrer con victoria para o Santiso unha inexistente falta escorada a favor dos locais provoucou unha tremenda maraña dentro da área na que caeu un atacante local, o trencilla decideu sinalar penalti e o Prevediños conseguiu o definitivo 4-4.
Unha autentica pena, pero toca levantarse e intentar seguir coa racha ante o Berres, proxima visita que terá o Novo Zahorra este próximo domingo.
Un saúdo e forza Santiso!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario