sábado, junio 14, 2014

CARTA DE DESPEDIDA COMO “ADESTRADOR” DE MICHO

A continuación unhas palabras do que foi o mister esta pasada campaña:


En primeiro lugar quero facer mención o presi Sanda, que me deu a oportinidade de vivir esta experiencia tan difícil como bonita a vez, teño que agradecerlle que puxo tanto a miña disposición como a de Victor todo o que necesitavamos e mais.

-Tamén teño que facer mención os membros da directiva e colaboradores,  porque a súa axuda supón unha gran aportación no funcionamento do equipo: Joserra, Michel, Ministro, Moncho, Cristina, Moldes, …. seguro que me olvido de moitos.

 -Mención especial merece a NOSA AFICIÓN esa que me criticou en certos momentos, pero que me animou principalmente, o único que podo e darlle as grazas, recordo entre outros por exemplo o partido contra o At. Melide no cal demostrastes o grandes que sodes.

-E como non, como me ía olvidar dos xogadores , aqueles que coa súa continuidad ou nova incorporación me demostraron o seu apoio, con mellores ou peores cualidades futbolísticas, máis traballadores ou menos, máis protestóns ou menos, a todos vos considero amigos, acertadas ou non quero que non dudedes que todas as decisións foron tomadas sempre pensando o mellor para o equipo, e oxala continuedes todos a vindeira tempada.

-Por último e non menos importante, senón todo o contrario teño que falar de Victor, quen tivo una dedicación e esforzo enorme toda a temporada, teño que darlle mil grazas en primeiro lugar por decidir continuar  xa que sen o se apoio eu difícilmente me houbera decidido, e porque con el me sentín enormemente agusto toda a tempada, quero desexarlle sorte a el e o novo mister  e o seu esforzo terá a xusta recompensa.

Por outro lado teño que dicir que para a vindeira temporada se o tempo disponible, o físico e o corpo técnico o cree convinte volverei a disfrutar noutra faceta do equipo, ou senón como un aficionado mais, o impotante e formar parte desta pequena familia do SANTISO.

AUPA SANTISO

lunes, abril 28, 2014

Vilatuxe 0 - Santiso 0

Cerrouse o telón da campaña 2013-2014 para o Santiso. O equipo acadou un meritorio empate a cero goles no feudo do campión da competición para pechar a tempada.
 
Polos visitantes actuaron Iván na porta, Bruno, Dani, José e Agus en defensa, Rober, Luis, Javi, David e Alex no medio con Nacho na punta do ataque. Mediada a primeira metade, Carlos sustitueu a Bruno que abandonou o terreno de xogo lesionado.
 
No primeiro acto notouse que ambos equipos non se xogaban nada e apenas houbo ocasións claras de gol nas dúas áreas. A oportunidade máis clara deste período chegou por mediación de Nacho que enganchou a perfección un balón que finalmente se estrelou no poste da porta local.
 
Tras o descanso, conforme se ía acercando o remate do partido, a intensidade medrou un pouco e os locais apretaron en busca do gol da victoria pero sin acadar ocasións claras de gol. A oportunidade máis importante veu de novo por parte visitante cando Alex rematou a bocaxarro tras unha mala saída do gardameta do Vilatuxe pero o seu remate foise fóra.
 
Finalmente o equipo pecha a tempada no séptimo posto a tan só 4 puntos do posto que daría opción a xogar a promoción de ascenso. Toca agora un longo descanso ata a nova campaña.
 
Un saúdo e forza Santiso!!


lunes, abril 14, 2014

Santiso 8 - Prevediños 1

Borracheira de goles no último encontro da campaña no Novo Zahorra. O Santiso goleou sin piedade ó Prevediños por oito goles a un nun partido sin moita historia como indica o marcador final.
 
Polos locais xogaron Iván na porta, Bruno, Dani, Borja e Kike en defensa, Javi, Fer, Luis, David e Trebolo no medio, con Manolo na punta de ataque. Na segunda metade tamén dispuxeron de minutos Boimorto, Rober, José, Carlos e Nacho que entraron no campo en sustitución de Trebolo, Bruno, Borja, David e Manolo respectivamente.
 
A pesar do abultado do resultado o equipo non desplegou un gran xogo inda que sí foi efectivo de cara a porta contraria sobre todo no segundo acto. Nos primeiros corenta e cinco minutos os locais conseguiron anotar dous tantos, o primeiro foi obra de Javi gracias a un remate dentro da área que tras golpear o poste se introduceu nas redes da porta visitante. O segundo chegou por mediación de Luis que anotou un gran gol dende a distancia.
 
Tras o descanso os locais saíron algo relaxados e esto permiteu que o Prevediños realizase algún achegamento á porta de Iván conseguindo reducir distancias nunha desas chegadas. A partir dahí, os locais puxeronse as pilas e os goles comezaron a caer. Javi completando o seu doblete acadou o terceiro e Rober pouco despois acadaba o cuarto rompendo as ilusións dos visitantes que a partir dese momento baixaron os brazos. A goleada completouna José cun testarazo tras un saque de esquina, Nacho tras unha boa asistencia de Rober, Kike nunha subida ó ataque e Rober que conseguiu tamén un doblete na súa conta persoal.
 
Xa só falta un encontro para finalizar a liga e será a domicilio fronte ó Vilatuxe, equipo que ven de acadar o ascenso nesta xornada. O choque disputarase dentro de dúas semanas posto que na Semana Santa non se xogaran partidos.
 
Un saúdo e forza Santiso!!  

lunes, abril 07, 2014

Camporrapado 0 - Santiso 4

Victoria contundente a acadada polo Santiso na súa visita a Camporrapado por catro goles a cero. O equipo dominou por completo o partido e reflexouse no resultado final.
 
Polos visitantes actuaron Charli na porta, Bruno, Dani, José e Alex en defensa, Carlos, Luis, Fer e Iván no medio con Nacho e Manolo arriba. Na segunda metade tamén participaron Javi, Roberto, Trebolo, Boimorto e Iván Mourazos en sustitución de Iván, Carlos, Alex, Manolo e Charli respectivamente.
 
Pronto se puxeron as cousas de cara para o equipo cando Nacho foi quen de inaugurar o marcador logo dunha gran xogada individual. Minutos despois, o de Pezobre realizou unha boa internada pola banda e cedeu o balón a Manolo pero o remate deste último estrelouse no longueiro. Co partido aparentemente controlado, Charli tamén apareceu en escena realizando unha magnífica interveción a un remate dentro da área que ben puido significar o empate. Foi a ocasión máis clara para os locais que pronto se viñeron abaixo ó acadar Manolo pouco despois, un deses goles que fai xustiza ó traballo que fai tódolos partidos o de Vilar; o gardameta local presionado por Manolo despexou o esférico que golpeou no ariete do Santiso e paseniñamente foise introducindo nas redes. Cando o primeiro tempo estaba a piques de rematar, os visitantes acadaron o terceiro gol por mediación de Fer nunha xogada ensaiada dende o curruncho.
 
Na reanudación, co rival casi entregado, o Santiso redondeou o triunfo noutra internada de Nacho pola banda que cedeu a Carlos para que acadara o cuarto tanto para o equipo. Roberto nos minutos finais dispuxo da oportunidade de conseguir o quinto nun man a man pero o seu remate foise fóra por pouco.
 
O vindeiro choque do Santiso será o próximo domingo no Novo Zahorra fronte ó Prevediños, será o derradeiro partido na casa do equipo na presente campaña.
 
Un saúdo e forza Santiso!!    

lunes, marzo 31, 2014

At. Melide 0 - Santiso 0

Con moita repercusión mediática (retransmisión en directo por internet incluida) chegou por fin o derbi. O Santiso non se deixou amedrentar polas novas incorporacións do Atlético e plantou cara en todo momento ata acadar un merecido empate apoiado en todo momento por unha bancada que maioritariamente apoiou o equipo durante todo o partido.
 
Polos visitantes actuaron Chali na porta, Bruno, Dani, José e Kike en defensa, Agus, Luis, Fer, Iván e Alex no medio con Manolo arriba. Na segunda metade tamén participaron David, Javi, Nacho e Roberto en sustitución de Agus, Iván, Manolo e Alex respectivamente.
 
Os locais intentaron impoñer o dominio do xogo ó seu favor dende o inicio pero un Santiso ben plantado cun gran traballo no centro do campo propiciou que os achegamentos á área escaseasen. A ocasión máis clara foi desbaratada por Charli nunha magnifica intervención logo dun remate de falta. Por parte visitante, os achegamentos máis importantes chegaron nun remate de Agus que se foi fóra e nun testarazo de José tras un remate de falta de Kike que o gardameta local evitou cunha gran parada.
 
Na segunda metade, o equipo estivo un pouco máis agazapado atrás pero ainda así non renunciou ó ataque e dispuxo dunha boa ocasión por mediación de Fer pero o seu remate foise fóra. Conforme se chegaba ós minutos finais do encontro os locais apretaron e foron de auténtico sufrimento para o Santiso cun remate ó poste incluido pero o marcador final reflexou o resultado inicial de igualada a cero.
 
Punto que sabe a victoria e moito máis logo de ver o entusiasmo dunha afición que cos seus ánimos apoiou sin cesar ó equipo. O vindeiro partido do Santiso será de novo a domicilio fronte ó Camporrapado o próximo domingo.
 
Un saúdo e forza Santiso.  

lunes, marzo 24, 2014

Santiso 1 - Rodeiro 2

Derrota cruel a encaixada polo Santiso no Novo Zahorra fronte ó Rodeiro por un gol a dous. O equipo chegou a adiantarse no marcador pero finalmente os visitantes conseguiron darlle a volta ó resultado e acadar a victoria cun tanto nos últimos minutos.
 
Polos locais xogaron Charli na porta, Bruno, Dani, José e Agus en defensa, David, Borja, Luis, Fer e Alex no medio con Manolo no ataque. No segundo tempo, Boimorto, Rober, Trebolo e Carlos entraron no campo en sustitución de Alex, Luis, David e José.
 
O encontro estivo moi igualado no medio do campo dende o inicio e os achegamentos á área escasearon por ambas partes. Polo Santiso, as ocasións máis claras viñeron por parte de Manolo nun remate a bocaxarro que o porteiro visitante acertou a atrapar e tamén nun disparo escorado de Alex que se foi fóra polo que ó descanso chegouse co marcador inicial de empate sin goles.
 
Na reanudación o choque moveuse polos mesmos derroteiros ata que Manolo anotou un auténtico golazo dende a distancia aprobeitando unha saída en falso do gardameta rival. Co marcador a favor o equipo meteuse atrás inconscientemente e o Rodeiro comezou a levar o peso do partido. Os visitantes logo dunha xogada embarullada, conseguiron anotar o gol do empate. De ahí ata o final o Santiso buscou adiantarse de novo no marcador e foi Manolo o que creou máis perigo na área rival pero o gol chegou a prol do Rodeiro que se levou finalmente un choque que puido caer para calquer lado.
 
O vindeiro partido do equipo será en Melide fronte ó Atlético o próximo domingo. Un choque sin dúbida especial ó tratarse dun derbi.
 
Un saúdo e forza Santiso!!

lunes, marzo 10, 2014

Santiso 7 - Dozón 0

Caeu por fin o primeiro triunfo da segunda volta a prol do Santiso. O equipo venceu claramente ó pechacancelas da clasificación por sete goles a cero nun encontro sin moita historia.
 
Polos locais actuaron Iván Mourazos na porta, Bruno, Dani, José e Kike en defensa, Roberto, Agus, Fer, Alex e David no medio do campo e Nacho na punta de ataque. Na segunda parte tamén participaron Trebolo, Javi, Manolo, Iván e Borja en sustitución de Alex, Agus, Nacho, David e Dani respectivamente.
 
A pesar de que os locais non sairon ó choque demasiado enchufados e os visitantes dispuxeron de algún que outro achegamento nos minutos iniciais; o encontro foise decantando pouco a pouco para o Santiso. A primeira diana acadouna Rober logo de aprobeitar unha saída en falso do gardameta visitante. Pouco despois nunha das mellores xogadas colectivas do equipo; Nacho conseguía anotar o segundo tras una gran asistencia de David. Non habería máis goles antes do descanso a pesar de que os locais dispuxeron de claras ocasións por mediación de Nacho nun man a man fronte ó porteiro do Dozón, Kike nun remate de falta e José nunha xogada ensaiada.
 
Na reanudación todo foi máis fácil para un Santiso que pronto conseguiría agrandar a vantaxe no marcador. Rober foi o encargado de anotar o terceiro nun fallo defensivo visitante e o cuarto chegaría pouco despois logo dun remate inapelable de Kike dende fóra da área. Os dous seguintes tantos levaron a sinatura de Manolo que defineu á perfeción ante o porteiro rival. Puido o de Vilar conseguir o "Hat-Trick" nun intento de vaselina que acabou no longueiro. Quen non desperdiciou a oportunidade de acadar tres goles foi Rober que anotou o séptimo para cerrar a conta do equipo. Antes do remate Iván agasaiou ós presentes cunha magnífica acción de regate na que finalmente asisteu á Javi pero o de Pezobre non foi quen de aprobeitar.
 
O vindeiro partido será dentro de dúas semanas xa que o próximo domingo ó equipo tócalle descansar. O rival será o Rodeiro e o choque disputarase no Novo Zahorra. Esperemos que a victoria desta xornada sirva de punto de inflexión para o equipo.
 
Un saúdo e forza Santiso!!

lunes, febrero 24, 2014

Touro 3 - Santiso 1

A mellora que experimentou o equipo con respecto ó encontro anterior non foi suficiente para que o Santiso conseguise puntuar na súa visita a Touro. Os locais conseguiron o triunfo logo de remontar o gol inicial dos visitantes para acabar vencendo por tres tantos a un.
 
O equipo formou con Iván Mourazos na porta, Agus, Dani, Borja e Kike en defensa, Nacho, Fer, Iván, Luis e Alex no medio con Manolo arriba. Na segunda metade tamén participaron Javi, David, José, Carlos e Trebolo en sustitución de Nacho, Dani, Iván, Luis e Borja respectivamente.
 
O Santiso saliu máis enchufado ó partido e pronto se adiantou no marcador por mediación de Nacho que defineu á perfección logo dunha boa asistencia de Iván. Un Touro sin ideas atopouse co empate gracias a un discutido penalti que Iván Mourazos a piques estivo de deter. Coa igualada no marcador o equipo non se veu abaixo e puido adiantarse de novo en dúas claras oportunidades; primeiro cun claro penalti a Iván non sinalado e despois gracias a un remate de Nacho que se foi ó poste.
 
O inicio do segundo acto non puido ser peor para os visitantes xa que o Touro acadou dous goles nos primeiros minutos e deixou casi sentenciado o partido. Tras o duro golpe; o Santiso levou o peso do partido pero sin crear moitas ocasións de gol ata os minutos finais nos que David primeiro, nun remate dentro da área que desviou o gardamenta local e posteriormente Manolo, Javi e o propio David nunha triple ocasión na mesma xogada, dispuxeron das oportunidades máis claras de cando menos reducir a diferencia no marcador. 
 
Non queda outra que pensar no seguinte choque que será o vindeiro domingo día 9 de Marzo fronte ó Dozón no Novo Zahorra. O vindeiro fin de semana hai parón polo Entroido. Agardemos que tras o descanso o equipo agasalle por fin cunha victoria á súa afición.
 
Un saúdo e forza Santiso!!

lunes, febrero 17, 2014

Santiso 0 - Deza 4

Dolorosa derrota a encaixada polo Santiso no Novo Zahorra fronte o Deza. Os erros defensivos condenaron ó equipo a caer goleado fronte á súa afición por cero goles a catro.
 
Polos locais xogaron Iván Mourazos na porta, Bruno, Dani, José e Kike en defensa, Agus, Borja, Fer, Luis e Alex no medio con Manolo arriba. Na segunda parte, Nacho, Roberto, Iván, David e Trebolo entraron no campo en sustitución de Borja, Agus, José, Manolo e Alex respectivamente.
 
Un primeiro tempo horroroso do Santiso deixou en bandexa a victoria para o Deza que aprobeitou as facilidades concedidas atrás polo equipo para colocarse con tres goles de vantaxe. Na área visitante apenas houbo achegamentos sendo un remate de Kike de cabeza e un man a man de Manolo fronte o arqueiro as oportunidade máis salientables.
 
No segundo acto, os locais trataron de voltear cando menos a imaxe ofrecida na primeira metade pero inda que as ocasións se sucederon, o Santiso non só non foi quen de conseguir o gol da honra senon que inda recibeu outro tanto en contra. Neste período as oportunidades máis claras de anotar chegaron por mediación de Iván, Nacho e Trebolo sumadas a un balón que se paseou pola área pequena que ninguén foi quen de remachar á rede pero unhas veces as intervencións do gardameta visitante e outras a falta de acerto propiciaron o resultado final.
 
Toca esquecer canto antes este accidente e pensar xa no próximo partido que será a domicilio fronte o Touro o vindeiro domingo.
 
Un saúdo e forza Santiso!!


lunes, febrero 10, 2014

Cruces 0 - Santiso 0

O Santiso acadou un punto na sempre difícil cancha do Cruces nun encontro moi igualado no que non existiron moitas ocasións de gol pero que ambos equipos puideron vencer.
 
Polos visitantes actuaron Iván Mourazos na portería, Bruno, Dani, Borja e Kike en defensa, Rober, Luis, Fer, David e Alex no medio con Manolo en punta de ataque. Na segunda metade tamén participaron Javi, Carlos, Iván, Nacho e Trebolo en sustitución de Rober, Luis, David, Alex e Manolo respectivamente.
 
No primeiro período os locais levaron o peso do encontro axudados polo vento a favor que sopraba no "Camballón". Afortunadamente, a falta de acerto por parte dos dianteiros da casa e as boas intervencións de Iván evitaron que o Santiso se vise por detrás no marcador. Por parte visitante, o ocasión máis clara chegou por mediación de Alex logo dun sensacional pase de Luis pero o gardamaias local evitou o tanto cunha boa parada.
 
Tras o descanso, o Santiso, intentou conseguir o tanto da victoria e dominou máis o choque inda que sin grandes oportunidades de gol. Nesta segunda metade, Kike tivo a opción máis clara de inaugurar o marcador cun remate de falta pero de novo o porteiro do Cruces evitou que o esférico se introducise na portería. Cerca do remate, unha gran acción combinativa entre Iván, Manolo e Nacho non finalizou con éxito o escapárselle o control ó de Pezobre. 
 
Toca pensar xa no vindeiro choque que será o próximo domingo no Novo Zahorra fronte ó Deza, partido moi importante para ver as aspiracións do equipo fronte a un rival directo na pelexa pola promoción de ascenso.
 
Un saúdo e forza Santiso!!


lunes, febrero 03, 2014

Santiso 0 - Bandeira 1

A segunda volta non puido comezar de peor maneira para o Santiso, os tres puntos fuxiron do Novo Zahorra nun encontro no que os locais nunca se sentiron cómodos e o Bandeira aprobeitou para vencer o partido pola mínima. 
 
Polo equipo xogaron Charli na porta, Bruno, Dani, José e Kike en defensa, Iván, Luis, Borja, Fer e Alex no medio con Manolo arriba. Na segunda metade interviron Javi, Rober, Nacho e David en sustitución de Iván, Dani, Luis e Bruno.
 
Dende o inicio veuse que os visitantes estaban mellor plantados no terreo de xogo e pronto dispuxeron de ocasións de gol que só a falta de acerto e Charli evitaron que o marcador se movese a prol dos foráneos. Cando xa se acercaba o descanso, os visitantes conseguiron adiantarse nun remate de falta tras un saque dende o curruncho. Neste primeiro acto, os locais tiveron as oportunidades máis claras por parte de Manolo nun par de remates que se foron fóra.
 
Na segunda metade, o Santiso cambiou algo a imaxe e inda que non despregou un xogo moi vistoso, si tivo o dominio do partido e dispuxo de grandes ocasións de acadar cando menos a igualada. Alex cun remate de cabeza e Fer cur disparo coa perna dereita dispuxeron de boas oportunidades de gol que o gardameta visitante evitou con dúas eficaces paradas. Cerca xa do remate, un disparo de Rober dentro da área escapouse alto no que foi quizais a opción máis clara de sacar algo positivo do choque. Co pitido final frustrouse unha gran oportunidade de manterse nos postos máis altos da clasificación. Á derrota hai que sumarlle as lesións de diferente consideración de Charli, José e Bruno no que foi sen dúbida un domingo negro este inicial de febreiro.
 
Agardando a pronta recuperación de todos os mancados, o equipo desplazarase a Cruces a vindeira xornada na búsqueda de tres puntos que devolvan a confianza ó plantel.
 
Un saúdo e forza Santiso!! 

lunes, enero 27, 2014

Santiso 2 - Vilatuxe 2

O Vilatuxe rachou a xeira de tres victorias consecutivas do Santiso pero non foi quen de levarse os tres puntos do Novo Zahorra. Finalmente o marcador reflexou unha igualada a dous tantos que pode darse por xusta inda que os locais apretaron ó líder e a piques estiveron de lograr a victoria.
 
Polos da casa formaron Charli no marco, Agus, Dani, José e Kike en defensa, Fer, Borja, Luis, Iván e Alex no medio con Manolo na punta de ataque. Na segunda metade tamén participaron Javi, David, Rober e Nacho que sustituiron a Borja, Iván, Luis e Alex respectivamente.
 
O choque estivo marcado polo vento que soprou durante os noventa minutos regulamentarios. Cada equipo dispuxo de aire a favor durante un período e foi un factor determinante para que existiran dúas partes claramente diferenciadas. No primeiro acto, os visitantes dominaron o partido pero os achegamentos á porta local chegaron só a balón parado mediante corners e saques de falta. Foi nunha desas faltas cando os visitantes conseguiron adiantarse no marcador cun remate non exento de fortuna, xa que o esférico introduciuse na portería logo de golpear na barreira e despistar a Charli. O Santiso espoleado polo gol en contra, buscou a igualada e Manolo casi o consegue tras un testarazo logo dunha falta rematada por Kike. Pero pouco despois nunha xogada calcada, Kike golpeou de novo unha falta e José si foi quen de anotar de cabeza o empate a un gol. Cando xa se agardaba o fin do primeiro tempo con igualada no marcador, o Vilatuxe conseguía de novo adiantarse tras un erro defensivo local.
 
No segundo período, os locais axudados polo vento a favor dominaron casi por completo e pronto acadaron de novo o empate gracias a un remate de Borja que definiu con tranquilidade á rede ante a saída do porteiro visitante logo dunha boa asistencia de Manolo. O Santiso buscou o triunfo de ahí ó final pero non foi quen de disfrutar dun gran número oportunidades para facelo. Sin dúbida a máis clara chegou cando o partido xa finalizaba cun remate de falta de Kike que o arqueiro do Vilatuxe evitou cunha moi boa parada cando xa se cantaba o gol nas bancadas.
 
Remata así a primeira volta co equipo situado na cuarta plaza, agardemos mantela ó final da segunda ou porque non, mellorala. O vindeiro partido do Santiso será de novo como local no Novo Zahorra fronte ó Bandeira o próximo domingo. A axuda da afición será de novo chave como neste último encontro fronte ó Vilatuxe.
 
Un saúdo e forza Santiso!!  

lunes, enero 20, 2014

Prevediños 0 - Santiso 4

Gran victoria a colleitada polo equipo na súa visita a Touro para enfrentarse ó Prevediños. O Santiso venceu e convenceu nun choque no que o marcador final reflexou a superioridade dos visitantes que sobre todo no primeiro tempo, desenvolveron un gran xogo combinativo.
 
O equipo formou con Charli na portería, Agustín, Dani, José e Kike en defensa, David, Luis, Borja e Alex no medio, con Nacho e Manolo na punta de ataque. O segundo período contou coa participación de Bruno, Trebolo, Javi, Carlos e Rober que sustituiron a Agus, Alex, Borja, Manolo e David respectivamente.
 
O triunfo cimentouse nunha primeira metade para enmarcar na que os visitantes enlazaron grandes posesións de balón con continuas triangulacións de pases ó primeiro toque. Con este escenario, os goles non tardaron en chegar; o tanto inaugural do encontro foi obra de Manolo que definiu fronte ó porteiro local logo dunha magnífica asistencia de Borja. O segundo gol chegou por mediación de Alex que anotou a porta vacía tras desfacerse do gardameta do Prevediños. Nunha das accións combinativas do primeiro acto, Alex asistía a David para que éste último colocase o esférico nos pés de Nacho para que o de Pezobre definise con frialdade á rede o terceiro tanto. Luis tivo o cuarto antes do descanso pero o arqueiro local evitouno cunha gran parada.
 
Tras o tempo de lecer, o Santiso saliu enchufado e nada máis iniciarse o segundo tempo, o cuarto gol reflexouse no marcador gracias a una acción dende o curruncho na que Kike rematou e Nacho desviou de tacón para sumar así o seu segundo gol da tarde. Con todo a favor os visitantes relaxaronse e non conseguiron manter o ritmo da primeira parte inda que as ocasións de gol na área local non deixaron de sucederse; David cun intento de vaselina que se foi fóra e Rober con varios centros dende a banda dereita tiveron as ocasións máis claras de ampliar inda máis o resultado para os visitantes. Charli tamén se sumou á festa do equipo cunha magnífica estirada na que evitou o gol da honra para o Prevediños nun dos poucos achegamentos polo bando local.
 
A vindeira xornada será a derradeira da primeira volta e o Novo Zahorra será testigo da visita do líder, o Vilatuxe poñerá sin dúbida as cousas difíciles ó equipo.
 
Un saúdo e forza Santiso!!

lunes, enero 13, 2014

Santiso 2 - Camporrapado 1

O ano 2014 recibeu ó Santiso con tres puntos cunha victoria pola mínima fronte a un Camporrapado que a pesar de estar na zona baixa da clasificación, vendeu cara a derrota. Os locais tiveron que remontar na segunda metade o gol inicial dos visitantes que demostraron que nesta liga todo está moi igualado.
 
No bando local, o once inicial formouno Charli na porta, Agustín, Borja, José e Trebolo en defensa, Roberto, Fer, Boimorto e Alex no medio, Iván no enganche e Manolo na punta de ataque. Na segunda metade, Luis, Carlos, Bruno, Nacho e Iván Mourazos (que actuou de xogador de campo e non de gardameta tras a lesión de Alex) sustituiron a Boimorto (que se retirou cun golpe no pe), Rober, Trebolo, Iván e Alex respectivamente. 
 
Os visitantes sairon mellor plantados no campo ante un Santiso espeso en ataque e demasiado nervioso. Mediado o primeiro período o Camporrapado conseguía adiantarse no marcador gracias a cun centro que se foi envenenando ata golpear no poste e introducirse na porta de Charli. Espoleados polo gol en contra, o equipo comezou a ameazar a portería contraria e dispuxo de varias ocasións de acadar a igualada. Alex tivo o empate por partida doble, primeiro nun remate que se foi fóra por moi pouco e despois noutro disparo despois dunha asistencia de Manolo. Posteriormente o propio Alex centrou dende a banda esquerda un esférico que se paseou pola área pequena e ninguén foi capad de rematar.
 
Tras a reanudación o Santiso buscou todavía con máis empeño o arco visitante e o gol estivo a piques de chegar tras unha magnifica xogada colectiva na que Manolo tras un bo control a pase de Alex viu como o porteiro do Camporrapado desviaba o seu remate. Finalmente, a recompensa chegaría noutro centro dende a esquerda de Alex que remataba Manolo e tras o rexeite da defensa, Rober conseguía introducir o esférico no fondo das redes. Cando apenas faltaban quince minutos para o final, a fortuna sorriu por unha vez ó equipo xa que conseguía anotar o tanto da victoria na xogada seguinte a unha clara ocasión dos visitantes. O autor do gol foi Luis que aprobeitou o remate inicial de Carlos para poñer por primeira vez por diante ó equipo no marcador. De ahí ó final, moito sufrimento na parroquia local xa que os visitantes buscaron o gol do empate con balóns colgados á área do Santiso pero afortunadamente non houbo máis variacións no resultado.
 
O vindeiro choque do equipo será a domicilio en Touro fronte ó Prevediños, agardemos voltar da viaxe cos tres puntos no peto.
 
Un saúdo e forza Santiso!!