lunes, enero 20, 2014

Prevediños 0 - Santiso 4

Gran victoria a colleitada polo equipo na súa visita a Touro para enfrentarse ó Prevediños. O Santiso venceu e convenceu nun choque no que o marcador final reflexou a superioridade dos visitantes que sobre todo no primeiro tempo, desenvolveron un gran xogo combinativo.
 
O equipo formou con Charli na portería, Agustín, Dani, José e Kike en defensa, David, Luis, Borja e Alex no medio, con Nacho e Manolo na punta de ataque. O segundo período contou coa participación de Bruno, Trebolo, Javi, Carlos e Rober que sustituiron a Agus, Alex, Borja, Manolo e David respectivamente.
 
O triunfo cimentouse nunha primeira metade para enmarcar na que os visitantes enlazaron grandes posesións de balón con continuas triangulacións de pases ó primeiro toque. Con este escenario, os goles non tardaron en chegar; o tanto inaugural do encontro foi obra de Manolo que definiu fronte ó porteiro local logo dunha magnífica asistencia de Borja. O segundo gol chegou por mediación de Alex que anotou a porta vacía tras desfacerse do gardameta do Prevediños. Nunha das accións combinativas do primeiro acto, Alex asistía a David para que éste último colocase o esférico nos pés de Nacho para que o de Pezobre definise con frialdade á rede o terceiro tanto. Luis tivo o cuarto antes do descanso pero o arqueiro local evitouno cunha gran parada.
 
Tras o tempo de lecer, o Santiso saliu enchufado e nada máis iniciarse o segundo tempo, o cuarto gol reflexouse no marcador gracias a una acción dende o curruncho na que Kike rematou e Nacho desviou de tacón para sumar así o seu segundo gol da tarde. Con todo a favor os visitantes relaxaronse e non conseguiron manter o ritmo da primeira parte inda que as ocasións de gol na área local non deixaron de sucederse; David cun intento de vaselina que se foi fóra e Rober con varios centros dende a banda dereita tiveron as ocasións máis claras de ampliar inda máis o resultado para os visitantes. Charli tamén se sumou á festa do equipo cunha magnífica estirada na que evitou o gol da honra para o Prevediños nun dos poucos achegamentos polo bando local.
 
A vindeira xornada será a derradeira da primeira volta e o Novo Zahorra será testigo da visita do líder, o Vilatuxe poñerá sin dúbida as cousas difíciles ó equipo.
 
Un saúdo e forza Santiso!!

4 comentarios:

  1. Chapo fedelliño. Haber domingo . Hay que salir a tope pa ganar un partido muy importante. Un saludo e forza santiso. Cr6

    ResponderEliminar
  2. mi boa crónica fedello moi bo partido do santiso con xogadas moi bonitas e combinativas!!!este domingo toca 1 JUeso duro de roer.jej ai k dalo todo pa kedar cos 3 puntiños e acabar ben a primeira volta, esperemos k a afección cumpla coma sempre.1 saudoo e forzaa santisoo!!! Rober

    ResponderEliminar
  3. Asi me gusta rapaces que vaides subindo pouco a pouco na clasificacion.moita sorte po po partido deste fin de semana fronte o vilatuxe,se queredes podedes ganar.forza santiso.desde Barcelona, Monchito!!

    ResponderEliminar
  4. Partido dominado polo Santiso no que o balón rodou maiormente polo chan e non polo aire como soe ocorrer. O seguinte encontro contra os líderes diranos se a posición que ocupamos na taboa é meritoria ou é simplemente un espellismo.
    FORZA SANTISO!

    ResponderEliminar