jueves, noviembre 26, 2009

Non puido ser...

Rematou a boa xeira do Santiso neste mes de Novembro, o Silleda B levouse os 3 puntos e chegou a primeira derrota neste mes tras dúas victorias e un empate. Domingo típico de inverno con auga e vento que facían pensar que era mellor quedar na casiña detrás do lume, sen embargo, a afición unha vez máis acudeu o Novo Zahorra animar o seu equipo.
O partido non comenza ben para o Santiso xa dende o inicio, o sorteo perxudicanos e toca xogar o primeiro tempo en contra do aire. Comenza o partido e mediado o primeiro tempo un balón en longo do equipo visitante que non consegue despexar Dani provoca o remate do dianteiro do Silleda que espectacularmente para Charly, sen embargo o rexeite e aprobeitado por outro xogador visitante que fai o 0 a 1. Pouco despois unha falta escorada a prol dos foráneos convirtese, axudado polo aire, no 0 a 2. Tocaba remontada de novo, pero o Santiso desta vez só puido conseguir o 1 a 2 nun saque de esquina por medio de Michel.
Quedaba toda a segunda parte e o aire a favor pero a tempraneira expulsión de Michel tras un pique cun xogador visitante fixo case imposible a remontada. Inda así, o equipo con 10 tirou de casta e arrinconou o Silleda no seu campo e o empate puido chegar sobre todo nunha gran xogada rematada por Alex que o porteiro visitante parou incriblemente coa cara.
Unha magoa, pero o equipo segue a fallar na casa, teremos que pedirlle os Reis Magos ou a Papa Noel algo de sorte agora que veñen as fechas navideñas.
O equipo xogou con Charly na porteria, Javi, Moncho, Dani e José en defensa, Alberto Cordido, Alfonso, Alberto Monchito e Alex na medular, con Michel e Micho na dianteira. No segundo tempo entraron Agus, Sergio, Manuel e Humberto. Os trocos de Sergio por Dani e de Humberto por José provocaron que o Santiso rematara o encontro xogando con só dous defensas axudados só por Agustín nalgún momento, un plantexamento moi a destacar polo adestrador que sen embargo non supuxo a consecución dalgún punto.
Toca pasar páxina e este domingo a UD visitará de novo Vila de Cruces para desta vez xogar contra o Cruces. Esperemos que, xa que o partido é ás 4 da tarde, o gran derbi entre Barça e Madrid das 7 non limite a presencia dos aficionados do equipo. Un saúdo e forza Santiso!

jueves, noviembre 19, 2009

Empate en Prevediños

Un domingo chuvioso esperaba ó Santiso na visita á Touro para enfrentarse o Prevediños. A historia hai que contala dende o inicio porque por primeira vez en moito tempo (incluso se falou que era un feito histórico), o plantel chegou antes ó campo que o equipo local. Sen embargo, non foi un dato que axudou a que se conseguise a terceira victoria consecutiva.
O porqué da non victoria pode atribuirse á sorte que esta vez foi esquiva para o Santiso, o equipo dominou o partido de inicio a fin e Michel, Micho, Alex, Alfonso e sobre todo Alberto Monchito (o seu remate de falta foise ó longueiro), tiveron ocasións máis que suficientes para cando menos, acadar un gol que dese a victoria a prol do Santiso.
Por tanto, 0 a 0 e a sensación de que se perderon 2 puntos, sen embargo, como dato positivo hai que reseñar que é a primeira vez na tempada que o equipo non recibe ningún gol e que ademáis se o Santiso segue xogando así, a victoria non pode resistirse tanto como neste pasado encontro.
A aliñación foi a seguinte, Charly na porteria, Tono, Moncho, Dani e José na defensa, na medular Javi, Alfonso, Agustín e Alex e na dianteira formaron Michel e Micho. Na segunda parte entrou Alberto Monchito por Michel.
Tras o encontro, o equipo desprazouse ata Melide para degustar no Mandil (o patrocinador do equipo) unha boa porción de embutido e tortilla. Unha pena non poder festexar a comida cunha nova victoria.
O próximo domingo rende visita ó Novo Zahorra o Silleda B, equipo que a pasada campaña militaba en segunda rexional. Esperemos que a afición responda e dea colorido a unha grada que leva dende o primeiro de mes sen ver ó seu equipo na casa.
Un saúdo e forza Santiso!

jueves, noviembre 12, 2009

Segunda victoria consecutiva!!

Victoria das que dan moral e autoestima a colleitada polo Santiso o pasado domingo en terras lalinenses. Primeira ocasión que o equipo xoga esta tempada nun campo sen ser de herba artificial, e parece que trouxo sorte, en realidade, últimamente é un campo que se lle está a dar ben ó equipo.
Vaiamos coa crónica, o partido comenza moi ben para ó Santiso, cando apenas se xogaban os primeiros 15 minutos, Alfonso remata dende fóra da área e tras golpear no longueiro, o esférico toca na espalda do porteiro local e convirtese no 0-1. Hai que reseñar que inda que o balón non golpease no porteiro o gol subiría igualmente ó marcador (esta aclaración faise para a tranquilidade de Alfonso e ese gol se subirá no seu casilleiro na carreira polo pichichi do Santiso).
O segundo non se fixo esperar, e foi a balón parado, tras unha cesión realizada polo Gresande o seu porteiro, Alfonso dispúsose a sacar o libre indirecto dentro da área, cando todo o mundo pensaba que Alberto Monchito ía rematar a gol, chegou Javi Ministro e con un remate axustado o pao conseguía o 0 a 2. Falouse tras finalizar o encontro que a xogada fora ensaiada o venres no adestramento (que por fin se realizou no Novo Zahorra), non vai ser o blog do Santiso o que desminta esta noticia…
Finalizando a primeira parte, o Gresande conseguiu reducir distancias gracias a un remate de cabeza do seu dianteiro.
Tras o descanso o Gresande conseguiu o 2-2 logo da saída dun saque de esquina que na segunda xogada se convirteu en gol.
Mal pintaban as cousas para o Santiso nese intre xa que o equipo local foise arriba e contou ademáis coa inestimable colaboración do árbitro, cada protesta do Santiso convertiase en cartón amarelo e cando había algunha xogada dubidosa, sempre ía a favor do equipo local. Así foi que a falta de 10 minutos o árbitro expulsaba inxustamente do encontro a Manuel.
Con 10 xogadores e empatando fóra da casa a falta de 10 minutos, calquer adestrador apostaría por amarrar o resultado, pero dende aquí hai que deixar constancia do plantexamento que fixo o novo adestrador do Santiso, Marcos Sandá, decidiu xogar con unha defensa de 3 e manter 4 no medio e 2 adiante. A valentía supuxo que Alberto Cordido marcara o 2 a 3 e que o Santiso conseguise a terceira victoria da tempada.
Polo Santiso xogaron Chaly na porteria, Tono, Javi, Dani e Moncho na defensa, Manuel, Alex, Alberto Monchito e Agustin na media e na dianteira os irmáns “de boer”, é decir, Alfonso e Michel. No segundo tempo participaron Alberto Cordido e Micho.
En definitiva, victoria meritoria a conseguida polo Santiso, que terá que desprazarse novamente o próximo domingo para enfrentarse ó Prevediños que como o Santiso, tamén leva dúas victorias consecutivas, polo que non será un partido fácil.
Sen embargo, esperamos poder contar unha nova victoria do Santiso a próxima semana. Un saúdo e Aúpa Santiso!

miércoles, noviembre 04, 2009

Por fin!!!

A tan ansiada primeira victoria no Novo Zahorra produciuse por fin... E non só iso, senón que os primeiros goles marcados como locais sobre o céspede sintético tamén chegaron.

Pese a ser unha victoria merecida, non foi nada doada de conseguir. O Santiso comezou o encontro con ganas e dende o principio tentou crear xogo por medio do toque de balón. Pronto acadou a recompensa do gol por medio de Alberto Cordido nun remate axustado ó pao esquerdo dende o borde da área a pase de Alex. Mentres Alberto Cordido anotaba un gol histórico para o clube, Tono e Vanessa frotábanse as mans pensando na caña que os agardaba. Nese momento ninguén que estivera a ver o partido se imaxinaba os cambios que ía ter o marcador. Así, ó cabo duns minutos, na saída dun córner na que todo o equipo se quedou algo rezagado, un dianteiro do Balouta disparaba un potente tiro que se coaba por toda a escadra da meta defendida por Charli. Duro pao para o equipo local, máis aínda, cando pouco tempo despois, unha perda de balón no medio do campo propiciaba que o mesmo dianteiro visitante anotase o segundo gol. Con este resultado de 1-2 chegouse ó descanso.

A segunda metade principiou cun fútbol bastante trabado e moi directo no que o balón apenas paraba nas botas dos centrocampistas. Aínda así o Santiso seguía a ser algo superior ó Balouta sen que ningún dos dous tivera claras ocasións de gol. Ben avanzado o segundo tempo, Míchel conseguía o empate perforando a meta rival nun tiro de falta preto da área. Pouco durou a ledicia na parroquia do Santiso posto que uns instantes máis tarde o equipo local regalaba un balón ó borde da área que o Balouta non desaproveitaba e transformaba no terceiro tanto para os de Muimenta. Poucos minutos faltaban para que rematase o encontro pero os da casa non se viñeron abaixo, convencidos das suas posibilidades de darlle a volta ó marcador. Así foi como tras sacar de centro e recuperar o balón, Manuel culminaba cun tiro forte e case sen ángulo unha xogada pola banda dereita. Xa no desconto, o exceso de confianza do porteiro visitante, xogaríalle unha mala pasada cando tras regatear a Alfonso, tentou regatear tamén a Monchito pero éste fíxose co balón e enviouno ó fondo da rede sen ningún tipo de complicación.

En resumo, tres puntos que saben a gloria pola forma na que se acadaron, polo rival ante os que se acadaron e por seren os primeiros que quedan neste novo campo. Tarde chuviosa de domingo que tardaremos en esquecer...