Un domingo chuvioso esperaba ó Santiso na visita á Touro para enfrentarse o Prevediños. A historia hai que contala dende o inicio porque por primeira vez en moito tempo (incluso se falou que era un feito histórico), o plantel chegou antes ó campo que o equipo local. Sen embargo, non foi un dato que axudou a que se conseguise a terceira victoria consecutiva.
O porqué da non victoria pode atribuirse á sorte que esta vez foi esquiva para o Santiso, o equipo dominou o partido de inicio a fin e Michel, Micho, Alex, Alfonso e sobre todo Alberto Monchito (o seu remate de falta foise ó longueiro), tiveron ocasións máis que suficientes para cando menos, acadar un gol que dese a victoria a prol do Santiso.
Por tanto, 0 a 0 e a sensación de que se perderon 2 puntos, sen embargo, como dato positivo hai que reseñar que é a primeira vez na tempada que o equipo non recibe ningún gol e que ademáis se o Santiso segue xogando así, a victoria non pode resistirse tanto como neste pasado encontro.
A aliñación foi a seguinte, Charly na porteria, Tono, Moncho, Dani e José na defensa, na medular Javi, Alfonso, Agustín e Alex e na dianteira formaron Michel e Micho. Na segunda parte entrou Alberto Monchito por Michel.
Tras o encontro, o equipo desprazouse ata Melide para degustar no Mandil (o patrocinador do equipo) unha boa porción de embutido e tortilla. Unha pena non poder festexar a comida cunha nova victoria.
O próximo domingo rende visita ó Novo Zahorra o Silleda B, equipo que a pasada campaña militaba en segunda rexional. Esperemos que a afición responda e dea colorido a unha grada que leva dende o primeiro de mes sen ver ó seu equipo na casa.
Un saúdo e forza Santiso!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario