miércoles, noviembre 04, 2009

Por fin!!!

A tan ansiada primeira victoria no Novo Zahorra produciuse por fin... E non só iso, senón que os primeiros goles marcados como locais sobre o céspede sintético tamén chegaron.

Pese a ser unha victoria merecida, non foi nada doada de conseguir. O Santiso comezou o encontro con ganas e dende o principio tentou crear xogo por medio do toque de balón. Pronto acadou a recompensa do gol por medio de Alberto Cordido nun remate axustado ó pao esquerdo dende o borde da área a pase de Alex. Mentres Alberto Cordido anotaba un gol histórico para o clube, Tono e Vanessa frotábanse as mans pensando na caña que os agardaba. Nese momento ninguén que estivera a ver o partido se imaxinaba os cambios que ía ter o marcador. Así, ó cabo duns minutos, na saída dun córner na que todo o equipo se quedou algo rezagado, un dianteiro do Balouta disparaba un potente tiro que se coaba por toda a escadra da meta defendida por Charli. Duro pao para o equipo local, máis aínda, cando pouco tempo despois, unha perda de balón no medio do campo propiciaba que o mesmo dianteiro visitante anotase o segundo gol. Con este resultado de 1-2 chegouse ó descanso.

A segunda metade principiou cun fútbol bastante trabado e moi directo no que o balón apenas paraba nas botas dos centrocampistas. Aínda así o Santiso seguía a ser algo superior ó Balouta sen que ningún dos dous tivera claras ocasións de gol. Ben avanzado o segundo tempo, Míchel conseguía o empate perforando a meta rival nun tiro de falta preto da área. Pouco durou a ledicia na parroquia do Santiso posto que uns instantes máis tarde o equipo local regalaba un balón ó borde da área que o Balouta non desaproveitaba e transformaba no terceiro tanto para os de Muimenta. Poucos minutos faltaban para que rematase o encontro pero os da casa non se viñeron abaixo, convencidos das suas posibilidades de darlle a volta ó marcador. Así foi como tras sacar de centro e recuperar o balón, Manuel culminaba cun tiro forte e case sen ángulo unha xogada pola banda dereita. Xa no desconto, o exceso de confianza do porteiro visitante, xogaríalle unha mala pasada cando tras regatear a Alfonso, tentou regatear tamén a Monchito pero éste fíxose co balón e enviouno ó fondo da rede sen ningún tipo de complicación.

En resumo, tres puntos que saben a gloria pola forma na que se acadaron, polo rival ante os que se acadaron e por seren os primeiros que quedan neste novo campo. Tarde chuviosa de domingo que tardaremos en esquecer...

5 comentarios:

  1. Boa crónica Agus. Da moi boa idea do movido que foi o partido do domingo.
    Decir que Alberto Cordido tivo un detalle, invitando non só ós irmáns de Quinzán, senón a todos os presentes na de Suárez tra-lo partido á primeira volta de cañas. E outro que se portou foi o propio taberneiro, que ofreceu uns abundantes pinchos de empanada, que axudaron a recuperar forzas a equipo e afección.

    E este domingo, a polo Gresande. Equipo que a pesares de empezar ben a tempada (chegaron incluso rumores de reforzos procedentes do veciño Vilatuxe, se non me engano), a xornada pasada caía ante o Prevediños. Se somos quen de acadar a victoria, igualarémolos a puntos.

    ResponderEliminar
  2. Quero que alguen do Santiso me Fale os venres e os luns ás 13:30 para darme os resultados dos partidos, os luns contaríanme os resultados e os venres que partidos se xogan na fin de semana...Toques xa está na onda, asi que non sexades menos...animádevos! o número da radio é 981505627.

    ResponderEliminar
  3. Ola.
    Este verán falárese con Álex para esa tarefa, e non puxera problema. Concretamente, Vanessa (de parte do concello de Melide) quedárase co seu teléfono para chamalo. Esta noite, no adestramento, aclararemos ese tema.

    ResponderEliminar
  4. Vaia, vaia... O Santiso tamén ten tuenti, mellor dito a afección do Santiso! Animádevos a visitalo! Esta afección non deixa de sorprendernos..

    ResponderEliminar
  5. Teño o número de Alex pero claro nunca me colle porq ten clase....sería para entrar os luns e os venres ás13:30... :S

    ResponderEliminar