Un Piloño moi superior o Santiso levouse os tres puntos no partido disputado o pasado domingo en Vila de Cruces por tres goles a cero. Puxeronse as cousas moi mal para o Santiso case que dende o inicio porque arredor do segundo minuto o Piloño xa vencia por un a cero tras un erro defensivo do Santiso nun saque dende o curruncho. As ocasións para os locais multiplicaronse durante o resto do encontro, sen embargo, non foi ata o minuto 80 de partido cando o Piloño marcaba o segundo nunha contra. O terceiro chegou na seguinte xogada noutra contra ben levada polo dianteiro do Piloño.
Resultado claro para os pontevedreses que de xogar todos os partidos como o pasado, de seguro que estará a pelexar polos postos nobres da clasificación.
O Santiso xogou co seguinte equipo, Dani na porteria, Tono, Javi, Michel e José na defensa, Manuel, Humberto, Alfonso e Alex no medio do campo e finalmente na dianteira xogaron Micho e Alberto Cordido. No segundo tempo entraron Moncho, Jose do Padrón e Agustín.
Toca pasar páxina e este domingo o equipo ten unha nova oportunidade de desquitarse no Novo Zahorra, esta vez frente o Balouta. Esperase por fin unha victoria local neste domingo día de tódolos santos, esperemos que estén da nosa parte! Un saúdo e forza Santiso!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Informo para a xente repartida pola xeografía galega q a dia de hoxe está colocado o alumeado, o q non sei e se alumea ou non!
ResponderEliminarasi q quizáis esta noite o adestramento se poida levar a cabo no novo campo.
Comunicádelle os "místers" (del universo) q conte cunha baixa máis, tanto para o adestramento como para o partido, pois sufrin unha escordadura de nocello a comezos de semana
ata o domingo
Excelentes novas. Sobre todo para tí, Jose, xa que dixeches que coas torretas novas xa estabas listo para estrearte como goleador esta tempada.
ResponderEliminarPor outra banda, a escordadura, ¿foi na casa, no pádel ou no sempre arriscado deporte de aguantamento de cubata?. Bueno, sexa como sexa, a repoñerse!.
Polo demais, a ver se por fin este domingo temos cañas ou segue a maldición....