Victoria traballada na visita ó Camporrapado. Empezou con apuros a cousa, xa que o autobús do Santiso chegaba (despois de pasar algúns calores máis dos precisos) ó antigo campo do Camporrapado, que se atopaba pechado a escasos 20 minutos de comenzar o encontro. Gracias as indicacións recibidas soubemos que debíamos desplazarnos ata o novo campo do Boqueixón, un campo de características similares ó Novo Zahorra.
Co tempo xusto, con Dani na portería (por ausencia de Charly), os irmáns Penas na medular e Alberto Cordido en punta, como principais novidades respecto á anterior xornada comenzou o encontro. E non o fixo demasiado ben para os intereses do Santiso que encaixaba un primeiro gol, como resultado dun roubo do Camporrapado, cando trataba de sacar o balón xogado desde un saque de porta. Sen embargo, fomos quen de remontar. Un golazo de Álex, que marchou de cantos lle saíron ó paso na banda esquerda equilibraba o encontro. O gol, recordou a máis dun dos presentes ó chamado gol de aguanís, aquel que fixera Raul na intercontinental ó Vasco da Gama (e eso que non estaba Javi vendo o partido). Finalmente, nunha boa xogada combinativa, Míchel abriu o balón do centro á banda dereita, incorpórase Tono, que da unha boa asistencia a Álex, que fai o segundo, e á postre definitivo gol que certificaba a remontada.
Destacar asemade, a boa actuación de Dani, que xogando nun posto tan complicado como a portería, non só cumpliu, senón que sacou un balón impresionante que se colaba pola escadra, e, sen dúbida, poñería as cousas ben difíciles de ter entrado.
Polo demais, non aparecen actualizados os resultados na páxina do Correo, pero se non recordo mal, o luns na Voz aparecía unha nova xornada sen empates. Así pois, 4 ou 5 equipos encabezan a táboa con 6 puntos, outros tantos cérrana con 0, e na zona media, con unha victoria, está o Santiso, que recibe esta semana no Novo Zahorra a todo un descendido Sporting Estrada, un dos equipos que conseguiron as dúas victorias nos dous partidos desputados, e que, acostumados como están a un campo bo (herba artificial) e grande, seguro que teñen físico e toque dabondo como para poñernos as cousas difíciles.
Polo que respecta as fichaxes deste ano, que alguén preguntaba, dicir que o domingo debutou en liga Sergio, sustituíndo a Javi (Ministro), na segunda parte, mentres que Iván, en quen están depositadas grandes esperanzas, sabedores como somos da súa calidade, segue a recuperarse do esguince de nocello.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario