jueves, octubre 22, 2009

Segue a mala xeira no Novo Zahorra

Así é, non se sabe se é a mala sorte, se ninguén quere pagar as cañas ou se o caucho non nos quere como a zahorra pero o certo é que o equipo segue sin marcar no Novo Zahorra en partido oficial.
Nova derrota por cero goles a un contra o único equipo que ata o de agora suma os seus partidos como victorias, o Sporting Estrada. O partido foi moi parecido ó xogado na primeira xornada frente o Callobre, tanto que tivo un final idéntico. Quizais o Santiso non tivo tantas ocasións como no primeiro partido pero houbo algunha clara que puido decantar o marcador para o equipo da casa. Sen embargo foron ós da Estrada os que conseguiron anotar o gol cando faltaban apenas 10 minutos para o final, sen que o equipo da casa puidese reaccionar.
Polo Santiso xogaron Chaly na porteria, Tono, Moncho, Alvaro e José na defensa, Javi, Alfonso, Agustin e Alex no medio do campo con Michel e Manuel na dianteira. Tamén xogaron no segundo tempo, Alberto Monchito (tras o seu regreso de terras londinenses), Jose do Padrón e Dani.
Este domingo nova xornada de liga en Vila de Cruces ante o Piloño, un equipo que leva duas victorias e unha derrota, agardemos que a U.D. consiga empatar a puntos co equipo pontevedrés.
Por último, que non menos importante, falar unha vez máis da magnifica afición que ten o equipo e que puxo un colorido na grada que máis dun equipo quixera. Moitas gracias e agardamos poder darvos unha alegría canto antes.Forza Santiso!!

3 comentarios:

  1. Eu creo que as cañas son o problema, porque senón, non se explica tanta sequía. A ver se imos ter que cambiar a aposta!!!.
    Comentar tamén a praga de lesións que vimos sufrindo desde comenzos da tempada. A ver se pronto podemos ir recuperando efectivos para encher unha boa convocatoria.
    E respecto do partido do domingo, se finalmente se xoga nas Cruces, pois atoparémonos un bo campo (herba artificial), pero dos máis grandes da categoría (recordo os problemas do ano pasado para cerrar os espacios en defensa contra o Cruces, amén da inoportuna lesión da que prefiro non acordarme). Con todo, será preferible ó propio campo do Piloño, case igual de grande pero de dura area (aínda que, como dí Dani, quen sabe, igual nos quere mellor a zahorra que o caucho, jeje!!!).

    ResponderEliminar
  2. jose penas23/10/09 14:04

    bos dias!

    comentar q a dia de hoxe, ás 13:52 hora de Santiso, atopábase no Novo Zahorra un camión transporte con dúas das torretas que han formar parte da iluminación do noso benquerido estadio. A ver se vai ser de non adestrar no campo q non vemos porta nin que toleemos? E q eu ata q poñan as torretas non marco..

    ResponderEliminar
  3. Torretas postas = Cañas pagadas na de Suárez, logo!. Dios te oia!!!

    ResponderEliminar