jueves, octubre 29, 2009

Derrota sen paleativos contra o Piloño

Un Piloño moi superior o Santiso levouse os tres puntos no partido disputado o pasado domingo en Vila de Cruces por tres goles a cero. Puxeronse as cousas moi mal para o Santiso case que dende o inicio porque arredor do segundo minuto o Piloño xa vencia por un a cero tras un erro defensivo do Santiso nun saque dende o curruncho. As ocasións para os locais multiplicaronse durante o resto do encontro, sen embargo, non foi ata o minuto 80 de partido cando o Piloño marcaba o segundo nunha contra. O terceiro chegou na seguinte xogada noutra contra ben levada polo dianteiro do Piloño.
Resultado claro para os pontevedreses que de xogar todos os partidos como o pasado, de seguro que estará a pelexar polos postos nobres da clasificación.
O Santiso xogou co seguinte equipo, Dani na porteria, Tono, Javi, Michel e José na defensa, Manuel, Humberto, Alfonso e Alex no medio do campo e finalmente na dianteira xogaron Micho e Alberto Cordido. No segundo tempo entraron Moncho, Jose do Padrón e Agustín.
Toca pasar páxina e este domingo o equipo ten unha nova oportunidade de desquitarse no Novo Zahorra, esta vez frente o Balouta. Esperase por fin unha victoria local neste domingo día de tódolos santos, esperemos que estén da nosa parte! Un saúdo e forza Santiso!

jueves, octubre 22, 2009

Segue a mala xeira no Novo Zahorra

Así é, non se sabe se é a mala sorte, se ninguén quere pagar as cañas ou se o caucho non nos quere como a zahorra pero o certo é que o equipo segue sin marcar no Novo Zahorra en partido oficial.
Nova derrota por cero goles a un contra o único equipo que ata o de agora suma os seus partidos como victorias, o Sporting Estrada. O partido foi moi parecido ó xogado na primeira xornada frente o Callobre, tanto que tivo un final idéntico. Quizais o Santiso non tivo tantas ocasións como no primeiro partido pero houbo algunha clara que puido decantar o marcador para o equipo da casa. Sen embargo foron ós da Estrada os que conseguiron anotar o gol cando faltaban apenas 10 minutos para o final, sen que o equipo da casa puidese reaccionar.
Polo Santiso xogaron Chaly na porteria, Tono, Moncho, Alvaro e José na defensa, Javi, Alfonso, Agustin e Alex no medio do campo con Michel e Manuel na dianteira. Tamén xogaron no segundo tempo, Alberto Monchito (tras o seu regreso de terras londinenses), Jose do Padrón e Dani.
Este domingo nova xornada de liga en Vila de Cruces ante o Piloño, un equipo que leva duas victorias e unha derrota, agardemos que a U.D. consiga empatar a puntos co equipo pontevedrés.
Por último, que non menos importante, falar unha vez máis da magnifica afición que ten o equipo e que puxo un colorido na grada que máis dun equipo quixera. Moitas gracias e agardamos poder darvos unha alegría canto antes.Forza Santiso!!

viernes, octubre 16, 2009

"Dream team"

Velaquí vai unha instantánea do equipazo da tempada pasada.



  • Fila superior (de esquerda a dereita): Charli, Álvaro, Jose, Joserra, Dani, Alberto, Manuel, José, Enri, Manolo e Míchel.


  • Fila inferior (de esquerda a dereita): Alberto Torreiro, Micho, Agus, Fran, Javi, Fran Penas, Alex e Moncho.


Pronto colgaremos a do actual equipo e sobretodo, co novo campo de fondo.
¡FORZA SANTISO!

miércoles, octubre 14, 2009

Primeiros 3 puntos

Victoria traballada na visita ó Camporrapado. Empezou con apuros a cousa, xa que o autobús do Santiso chegaba (despois de pasar algúns calores máis dos precisos) ó antigo campo do Camporrapado, que se atopaba pechado a escasos 20 minutos de comenzar o encontro. Gracias as indicacións recibidas soubemos que debíamos desplazarnos ata o novo campo do Boqueixón, un campo de características similares ó Novo Zahorra.

Co tempo xusto, con Dani na portería (por ausencia de Charly), os irmáns Penas na medular e Alberto Cordido en punta, como principais novidades respecto á anterior xornada comenzou o encontro. E non o fixo demasiado ben para os intereses do Santiso que encaixaba un primeiro gol, como resultado dun roubo do Camporrapado, cando trataba de sacar o balón xogado desde un saque de porta. Sen embargo, fomos quen de remontar. Un golazo de Álex, que marchou de cantos lle saíron ó paso na banda esquerda equilibraba o encontro. O gol, recordou a máis dun dos presentes ó chamado gol de aguanís, aquel que fixera Raul na intercontinental ó Vasco da Gama (e eso que non estaba Javi vendo o partido). Finalmente, nunha boa xogada combinativa, Míchel abriu o balón do centro á banda dereita, incorpórase Tono, que da unha boa asistencia a Álex, que fai o segundo, e á postre definitivo gol que certificaba a remontada.

Destacar asemade, a boa actuación de Dani, que xogando nun posto tan complicado como a portería, non só cumpliu, senón que sacou un balón impresionante que se colaba pola escadra, e, sen dúbida, poñería as cousas ben difíciles de ter entrado.

Polo demais, non aparecen actualizados os resultados na páxina do Correo, pero se non recordo mal, o luns na Voz aparecía unha nova xornada sen empates. Así pois, 4 ou 5 equipos encabezan a táboa con 6 puntos, outros tantos cérrana con 0, e na zona media, con unha victoria, está o Santiso, que recibe esta semana no Novo Zahorra a todo un descendido Sporting Estrada, un dos equipos que conseguiron as dúas victorias nos dous partidos desputados, e que, acostumados como están a un campo bo (herba artificial) e grande, seguro que teñen físico e toque dabondo como para poñernos as cousas difíciles.

Polo que respecta as fichaxes deste ano, que alguén preguntaba, dicir que o domingo debutou en liga Sergio, sustituíndo a Javi (Ministro), na segunda parte, mentres que Iván, en quen están depositadas grandes esperanzas, sabedores como somos da súa calidade, segue a recuperarse do esguince de nocello.

martes, octubre 06, 2009

Distinto campo, mesma imaxe.

A estrea ligueira da U.D. Santiso non foi como se esperaba. A pesar de contar cun novo terreo de xogo, a imaxe do equipo foi a mesma que a de pasadas tempadas.
Mesmos erros: tentar ese xogo tan directo que a nós non nos favorece nada, mínima eficacia goleadora, mala defensa de córners e faltas ó borde da área. E, esto xa como opinión persoal, esa presión absurda que nos corroe (xogamos en terceira autonómica, non o olvidemos) e que nos impide xogar con tranquilidade.
Mesmas virtudes: boa defensa en xeral, creación de bastantes oportunidades de gol e sobretodo as ganas e ímpetu que todos os xogadores lle poñemos cando saltamos ó campo.
Así, como ben apuntaba Tono, o resultado foi inxusto xa que nos dispuxemos de bastantes máis oportunidades de gol ca eles. E tampouco demostraron mellor xogo, en ningún momento tentaron tocar o balón, senón que aproveitaban o saque en longo do seu porteiro e que alguen arriba a pillase. Pero como aquí gaña o que mete máis goles, neste caso o Callobre meteu un e nós ningún. Haberá revancha no partido de volta, estou seguro!
A aliñación foi a seguinte: Charli na portería; Tono, Dani, José e Moncho na defensa; Jose, Michel, Agus e Alex no medio; Manuel e Manolo adiante. No descanso retirouse Manolo lesionado no xeonllo e entrou Ministro. Xa comezado o segundo tempo, Jose foi sustituído por Álvaro.
Non podo rematar esta entrada sen facer especial mención á afección. De verdade, sodes incribles! Hai campos de segunda autonómica e incluso de primeira ós que non vai tanta xente. Gracias a todos!

lunes, octubre 05, 2009

Pólvora mollada

Parece que ninguén quere pagar as cañas. E é que este domingo tivemos ocasións máis que de sobra para facer algún tanto, pero non puido ser.
Aguantou ben a defensa case que os 90 minutos, agás o despiste que causou o gol visitante, que chegou nun balón metido a espalda da liña defensiva, sen que o porteiro se decida a saír, nen a defensa acerte a rexeitar. O resto do partido Charly estivo moi seguro, chapando tódolos balóns altos e sen deixar oportunidade de rexeites preto da área.

Pero a cruz do domingo estivo na outra portería. Ata 5 ocasións clarísimas creou e marrou o Santiso, máis un penalti que o árbitro dixo non ver por estar de costas. Ó final, primeiros tres puntos que marchan do Novo Zahorra e a tan escoitada frase de "non marcamos un gol nin o arco iris" repetíase entre plantel e afección.

Imos ver se o domingo, a visita ó Camporrapado, a quen, se non me engano, o ano pasado fomos quen de quitarlle 4 dos 6 puntos en xogo, nos levanta un pouco o ánimo.

Ah!, por certo, curiosa esta primeira xornada, con poucos goles, pero sin empates. Así que seis equipos encabezan a táboa, con 3 puntos e outros 6 cérrana sen estrear o seu casilleiro.

Dani, Agus... animádevos a completar a entrada con máis cousas...