lunes, diciembre 03, 2007

Xornadas 6 a 11 (poñámonos ó día antes de seguir)

Como podedes ver, esto non se actualiza coa frecuencia que me gustaría. Imos facer propósito de mellorar nese aspecto. Empecemos por poñernos ó día, para que ata os máis despistados sepan como nos vai por eses campiños de Deus. A saber, e por orde cronolóxica cóntovos:

Para cerrar o mes de outono, na xornada 6, visitamos ó Piloño. E mellor lles fora empezar a perder un pouco antes, porque cando os fomos visitar eran os líderes indiscutibles da categoría, xa que gañaran os 6 partidos disputados. Dende a nosa visita perderon 3 dos 4 partidos que xogaron. O caso é que naquel partido deron a impresión de ser un bo equipo, creando boas ocasións e tocando ben o balón. O Santiso aguantou canto puido, pero, xa ven avanzada a segunda metade, por fin o Piloño conseguía o gol, para finalizar o partido con outro tanto máis. Por parte do Santiso Charly estivo espléndido, o mellor con moita diferencia, sacou varios un contra un, e evitou o que puido ser unha derrota máis abultada. Notáronse as baixas de Alfonso e Alberto, e nin siquiera a man que botou Míchel serviu para traer, cando menos un punto.

Empezamos novembro e visítanos o Estudiantil. Os da Estrada levaron un punto do Zahorra Stadium. Empezaron adiantándose os pontevedreses, pero o Santiso, animado pola súa afección, conseguiu empatar o partido por medio de Jose (o do Padrón). Non sería quen de destacar agora a alguén, de forma especial, pero si lembro unha xogada de Alfonso, na que marchou de todo o medio do campo rival e, dende fora da área, sacou un tiro ó longueiro. Vense poucas xogadas así últimamente no Zahorra. Lástima!. A lamentar a lesión de Fran, que, por certo, aproveitou a convalecencia para cambiar de look (caeu Nani, Carlos, Fran, Leiviña.... Sempre nos quedarán Costoya e Xosé poñendo cubalibres no Cire).

E seguimos. Día 12: feira na Golada como todos saberedes, e se non o sabíades, pasádevos un día e probade o polbo (o de comer). Veredes como repetides. Eu fun de pequeno, no Suárez, e aínda me lembro hoxe. Bueno, ó que imos... feira na Golada e alá nos vamos..... Campo cheo o día no que o Santiso visitaba ó veciño, líder da categoría (tamén é mala sorte, segundo líder que visitamos, que despois comenza a perder e deixa de selo). 2-0 perdemos. O Golada, hai que dicilo, montou un bo equipo, xuntando xogadores de varios equipos da comarca, pensando, de seguro, en loitar polo ascenso. No parte de lesionados de cada día caeu Álvaro.

19 de Novembro: día D. O que moitos miraron o primeiro día, cando se soubo que o Atlético Melide ía xogar este ano no noso grupo. Estiven a punto de crear unha entrada á parte para este partido, xa que foron moitas as cousas que se deron ese día, pero agora, que xa quedou bastante atrás, simplemente recapitulemos:
Presentábanse os de Melide con vellos coñecidos: Julio de adestrador, Rubén no medio do campo e algúns dos xuvenís máis destacados das que, ata o ano pasado, eran as categorías inferiores do Santiso, como é o caso de Arango, Rafa e Damián. Por parte do Santiso destacaban as ausencias dos nosos dous xogadores estrela, Alfonso e Alberto Cordido, e algunha máis como a de Marcos Ronaldo e as obrigadas de José, Fran e Álvaro por lesión.
E empezou o partido co Santiso creando as ocasións máis claras, como un tiro de Manolo desde fora da área que se foi ó longueiro e algún fallo, que, se non fora o Santiso e ó que nos ten acostumados, habería que clasificar como clamoroso. Pero o caso é que, con todo, e a pesar de xogar a favor de aire, non fomos quen de facer gol en toda a primeira metade.
No descanso Míchel decidiu entrar e a cousa cambiou... Os que non vistes nunca unha arrancada das súas, deberíades ir ó Zahorra, de vez en cando, como cando nos Madriles se ía a Chamartín, a ver que ía facer Zidane ese día. Pois eso... arrancou pola banda dereita, levou a cantos lle saíron, e ós que quixo, e ,de tiro raso e cruzado ó pau longo, abría o marcador. O segundo chegou cando Manolo rematou, tamén cruzado, un balón que recollera tras unha falta sacada en campo propio.
Co 2-0 e todo perdido, Julio deu entrada a Damián. O de Portocelo creou máis perigo que todos os seus compañeiros ata ese momento. Nun dos primeiros balóns que recibiu, arrancou desde a banda esquerda, marchou da defensa local e batiu a Charly.
Chegaba, como non, o tempo dos apuros e dos medos. Pero esta vez non podía sair mal e Manolo facía un doblete que daba a necesaria tranquilidade ó equipo e afeccionados.
E despois o post-partido: dise por aí que Óscar de Suárez e Suso do Mandil estan facendo acopio de provisións espirituosas para o partido de volta en Melide. E é que o do outro día non foi broma. Á barra libre de cañas e refrescos (os menos) e cubalibres (os máis) na de Óscar da Ponte, seguiulle outra, non menos abundante, pinchos de xamoncete incluídos, na do noso patrocinador de Melide. Por certo, na de Óscar non faltou nadie: xogadores, místers, directiva e parte da afección, ese día máis hinchada que nunca. Tal foi así, que o equipo viuse obrigado a agredecer, dende o medio do campo, o apoio recibido, nun partido especial por moitos motivos.

Xornada 10: visita ó Vilatuxe, pero non a Vilatuxe senón a Lalín. No campo anexo ó Manuel Anxo Cortizo recibiunos un equipo que nunca se nos deu ben. E eso pese a que algún dos membros da hinchada (que permanecerá no anonimato, para evitar puteos) apareceu en Vilatuxe. Pero tranquilo Mauro, que gracias a tí soubemos que ó campo do Vilatuxe xa lle quitaron as porterías e está en plena obra de remodelación. No tocante ó partido, acudíamos, unha vez máis en cuadro, básicamente debido a praga de lesións que nos asola este ano. De novo Míchel viuse obrigado a vestirse de curto, pero, tampouco esta vez puidemos traer ningún punto de Lalín. Fallo garrafal de Tono nun despexe que aproveitou Pepe, o dianteiro do Vilatuxe, para facer o único gol do partido. Por certo, deste partido pasoume a irmá de Micho un montón de fotos que espero subir pronto). Por se fora pouco, Sandá uniuse ó grupo dos que enchían a enfermería ó descolocar un ombreiro e Jose, cunha rotura de fibras, uniuse a seu irmán Fran, no parte de caídos en combate.

E finalmente este domingo visitounos o Tabeirós. Volvía o noso amigo Pipo (e Zape, Gica, Cerve... preguntádelle a Míchel que os sabe todos). Lástima que non estaba Manolo para que o pateara como unha mula. Para facer xustiza, hai que decir que o Pipo está máis tranquilo que nunca, non parece el!. Xa non quedan lendas na terceira rexional... En fin, perdemos, por 1 gol a cero, e no último minuto. Coa cara de tonto que che deixa perder así, nun partido no que, ben é certo que xogamos bastante atrás, seguramente pola presión dun rival, que, hai que decilo, por algo é o líder, e leva UN gol en contra en dez partidos disputados, e que cheira a segunda. Por certo, unha vez máis, magnífico Charly. Parou balóns difíciles, como unha falta directa que ía á escadra ou un bo tiro bombeado dende fora do área. Ademais axudou a botar ó equipo arriba con moi bos saques de porta. Tamén destacou a labor de Micho na dianteira, lástima que non puidese rematar a faena cun merecido gol. Ah! e unha vez máis gracias á hinchada. Só por eles da gusto seguir indo rascarse á zahorra.
E para rematar, e para ser xustos, igual que moitas veces temos dito que sin Alfonso e Alberto, temos pouco que rascar, hai que decir, que o outro día o Santiso si intentou xogar, e, por momentos fíxose ben. Agustín da moito sentido no medio do campo e está empezando a asentarse nesa posición. O outro día el e Alberto Monchito repartiron o ben o xogo, ata onde nos deixou o Tabeirós claro (por certo, o comentario, non é meu, senón que foi recollido na afección, ó igual que o que dí que Dani leva camiño de facer carreira de central de categoría se segue mantendo ese nivel).