A crónica
Derrota por 3-1 no campo do Piloño o que fai que o Santiso comparta a cola da clasificación co Prevediños (e o Piloño pase a liderar a clasificación). E eso que empezou ben o partido para o Santiso con un gol de Manuel nun excelente tiro desde fóra da área. Pero 2 minutos despois xa empataba o Piloño, tamén cun tiro lonxano. O segundo gol chegou despois dun barullo no área tras unha falta sacada desde o lateral.
Na segunda parte botámonos maís arriba coa esperanza de, alomenos, empatar o partido. Os cambios feitos por Juan déronlle un pouco máis de frescura o equipo, sobre todo Susín no medio do campo. Sen embargo poucas ocasións volveu haber tan claras como o arranque de Míchel (deses os que nos ten acostumbrados de vez en cando) na primeira metade. Así, cerca do final do partido o xogador nº 10 do Piloño (o mellos do equipo visitante cos seus centros e tiros) enganchou un fenomenal disparo cerca da escuadra que sorprendeu a Joserra.
Temos que mellorar físicamente e recuperar ós xogadores sancionados (tres esta xornada). Todos pensamos que coa axuda de Alfonso no medio do campo podemos sacar bos resultados.
A vindeira xornada hai duelo de colistas no que esperamos impoñernos na casa ó Prevediños para abandonar os últimos postos.
Xogador estrela
Sen dúbida Susín, que coa súa saída na segunda parte demostrou ter el sólo tanto físico e gañas como o resto do equipo xunto.
Anecdotario
Ouise por aí que había quen quería ir para Piloño por Silleda pasando polas Cruces... e outros que querían parar a tomar algo nun bar que hai nas cruces que ten unhas estrañas luces de colores.
lunes, septiembre 25, 2006
miércoles, septiembre 20, 2006
Pois nada.
Un que le casi a diario o blog de riki e o outro día vin que o cire xa tiña o seu propio blog e nos non imos ser menos.
Este fin de semana estiven por euskadi ("ven y cuéntalo... si puedes") e non puiden ir xogar, pero vin no correo que o outro día perdemos co Golada o "derbi local". Nada, tranquilos que seguro que alá llo devolvemos. Que se prepare o piloño este domingo.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)