lunes, marzo 31, 2014

At. Melide 0 - Santiso 0

Con moita repercusión mediática (retransmisión en directo por internet incluida) chegou por fin o derbi. O Santiso non se deixou amedrentar polas novas incorporacións do Atlético e plantou cara en todo momento ata acadar un merecido empate apoiado en todo momento por unha bancada que maioritariamente apoiou o equipo durante todo o partido.
 
Polos visitantes actuaron Chali na porta, Bruno, Dani, José e Kike en defensa, Agus, Luis, Fer, Iván e Alex no medio con Manolo arriba. Na segunda metade tamén participaron David, Javi, Nacho e Roberto en sustitución de Agus, Iván, Manolo e Alex respectivamente.
 
Os locais intentaron impoñer o dominio do xogo ó seu favor dende o inicio pero un Santiso ben plantado cun gran traballo no centro do campo propiciou que os achegamentos á área escaseasen. A ocasión máis clara foi desbaratada por Charli nunha magnifica intervención logo dun remate de falta. Por parte visitante, os achegamentos máis importantes chegaron nun remate de Agus que se foi fóra e nun testarazo de José tras un remate de falta de Kike que o gardameta local evitou cunha gran parada.
 
Na segunda metade, o equipo estivo un pouco máis agazapado atrás pero ainda así non renunciou ó ataque e dispuxo dunha boa ocasión por mediación de Fer pero o seu remate foise fóra. Conforme se chegaba ós minutos finais do encontro os locais apretaron e foron de auténtico sufrimento para o Santiso cun remate ó poste incluido pero o marcador final reflexou o resultado inicial de igualada a cero.
 
Punto que sabe a victoria e moito máis logo de ver o entusiasmo dunha afición que cos seus ánimos apoiou sin cesar ó equipo. O vindeiro partido do Santiso será de novo a domicilio fronte ó Camporrapado o próximo domingo.
 
Un saúdo e forza Santiso.  

lunes, marzo 24, 2014

Santiso 1 - Rodeiro 2

Derrota cruel a encaixada polo Santiso no Novo Zahorra fronte ó Rodeiro por un gol a dous. O equipo chegou a adiantarse no marcador pero finalmente os visitantes conseguiron darlle a volta ó resultado e acadar a victoria cun tanto nos últimos minutos.
 
Polos locais xogaron Charli na porta, Bruno, Dani, José e Agus en defensa, David, Borja, Luis, Fer e Alex no medio con Manolo no ataque. No segundo tempo, Boimorto, Rober, Trebolo e Carlos entraron no campo en sustitución de Alex, Luis, David e José.
 
O encontro estivo moi igualado no medio do campo dende o inicio e os achegamentos á área escasearon por ambas partes. Polo Santiso, as ocasións máis claras viñeron por parte de Manolo nun remate a bocaxarro que o porteiro visitante acertou a atrapar e tamén nun disparo escorado de Alex que se foi fóra polo que ó descanso chegouse co marcador inicial de empate sin goles.
 
Na reanudación o choque moveuse polos mesmos derroteiros ata que Manolo anotou un auténtico golazo dende a distancia aprobeitando unha saída en falso do gardameta rival. Co marcador a favor o equipo meteuse atrás inconscientemente e o Rodeiro comezou a levar o peso do partido. Os visitantes logo dunha xogada embarullada, conseguiron anotar o gol do empate. De ahí ata o final o Santiso buscou adiantarse de novo no marcador e foi Manolo o que creou máis perigo na área rival pero o gol chegou a prol do Rodeiro que se levou finalmente un choque que puido caer para calquer lado.
 
O vindeiro partido do equipo será en Melide fronte ó Atlético o próximo domingo. Un choque sin dúbida especial ó tratarse dun derbi.
 
Un saúdo e forza Santiso!!

lunes, marzo 10, 2014

Santiso 7 - Dozón 0

Caeu por fin o primeiro triunfo da segunda volta a prol do Santiso. O equipo venceu claramente ó pechacancelas da clasificación por sete goles a cero nun encontro sin moita historia.
 
Polos locais actuaron Iván Mourazos na porta, Bruno, Dani, José e Kike en defensa, Roberto, Agus, Fer, Alex e David no medio do campo e Nacho na punta de ataque. Na segunda parte tamén participaron Trebolo, Javi, Manolo, Iván e Borja en sustitución de Alex, Agus, Nacho, David e Dani respectivamente.
 
A pesar de que os locais non sairon ó choque demasiado enchufados e os visitantes dispuxeron de algún que outro achegamento nos minutos iniciais; o encontro foise decantando pouco a pouco para o Santiso. A primeira diana acadouna Rober logo de aprobeitar unha saída en falso do gardameta visitante. Pouco despois nunha das mellores xogadas colectivas do equipo; Nacho conseguía anotar o segundo tras una gran asistencia de David. Non habería máis goles antes do descanso a pesar de que os locais dispuxeron de claras ocasións por mediación de Nacho nun man a man fronte ó porteiro do Dozón, Kike nun remate de falta e José nunha xogada ensaiada.
 
Na reanudación todo foi máis fácil para un Santiso que pronto conseguiría agrandar a vantaxe no marcador. Rober foi o encargado de anotar o terceiro nun fallo defensivo visitante e o cuarto chegaría pouco despois logo dun remate inapelable de Kike dende fóra da área. Os dous seguintes tantos levaron a sinatura de Manolo que defineu á perfeción ante o porteiro rival. Puido o de Vilar conseguir o "Hat-Trick" nun intento de vaselina que acabou no longueiro. Quen non desperdiciou a oportunidade de acadar tres goles foi Rober que anotou o séptimo para cerrar a conta do equipo. Antes do remate Iván agasaiou ós presentes cunha magnífica acción de regate na que finalmente asisteu á Javi pero o de Pezobre non foi quen de aprobeitar.
 
O vindeiro partido será dentro de dúas semanas xa que o próximo domingo ó equipo tócalle descansar. O rival será o Rodeiro e o choque disputarase no Novo Zahorra. Esperemos que a victoria desta xornada sirva de punto de inflexión para o equipo.
 
Un saúdo e forza Santiso!!