lunes, marzo 24, 2014

Santiso 1 - Rodeiro 2

Derrota cruel a encaixada polo Santiso no Novo Zahorra fronte ó Rodeiro por un gol a dous. O equipo chegou a adiantarse no marcador pero finalmente os visitantes conseguiron darlle a volta ó resultado e acadar a victoria cun tanto nos últimos minutos.
 
Polos locais xogaron Charli na porta, Bruno, Dani, José e Agus en defensa, David, Borja, Luis, Fer e Alex no medio con Manolo no ataque. No segundo tempo, Boimorto, Rober, Trebolo e Carlos entraron no campo en sustitución de Alex, Luis, David e José.
 
O encontro estivo moi igualado no medio do campo dende o inicio e os achegamentos á área escasearon por ambas partes. Polo Santiso, as ocasións máis claras viñeron por parte de Manolo nun remate a bocaxarro que o porteiro visitante acertou a atrapar e tamén nun disparo escorado de Alex que se foi fóra polo que ó descanso chegouse co marcador inicial de empate sin goles.
 
Na reanudación o choque moveuse polos mesmos derroteiros ata que Manolo anotou un auténtico golazo dende a distancia aprobeitando unha saída en falso do gardameta rival. Co marcador a favor o equipo meteuse atrás inconscientemente e o Rodeiro comezou a levar o peso do partido. Os visitantes logo dunha xogada embarullada, conseguiron anotar o gol do empate. De ahí ata o final o Santiso buscou adiantarse de novo no marcador e foi Manolo o que creou máis perigo na área rival pero o gol chegou a prol do Rodeiro que se levou finalmente un choque que puido caer para calquer lado.
 
O vindeiro partido do equipo será en Melide fronte ó Atlético o próximo domingo. Un choque sin dúbida especial ó tratarse dun derbi.
 
Un saúdo e forza Santiso!!

7 comentarios:

  1. Moi ben fedellino . Atras incoscientemente!!!!! Perdemos o medio o salir luis. Bueno xa non falta nada. As ocios son minimas . Pero ainas. Solo podemos luchar hasta o final como sabemos. E haber se a suerte se alia aljo con nos!!!! . Un saludo e dominjo salir a muerte .aupa santiso!!!! Cr6

    ResponderEliminar
  2. Moi ben danik bn te explicas jej,parec ke a 2 volta se kere resistir e a nosa suerte tamn e moi eskiva kon nos per bueno ai k aprovaitar a unika opcion k ns keda k e ganar en melide ai k salir a muerte e dalo todo.animo chavales ke podemos.Alex

    ResponderEliminar
  3. Hola escrivo aqui pa facer unha critica de como se esta levando o equipo empezando pola xente qui deixamos fora da convocatoria e levamos a xente que xa lijo non sabia o camiño pa chejar o campo de futbol e despois metese xente que desde que se fichou xoga sempre no puesto que sexa e a sua aportacion o equipo e de 0 pero bueno haberaos que meter porwue son amigos,do partido do domingo sacase a xente que che pode aportar algunha ocasion como son o nymero 10 o 11 ou o 7 solo pedimos que o domingo lle ganades o melide polo escudo e pola aficion

    ResponderEliminar
  4. Aquí respetanse todas as opinións pero dende logo pola miña parte non podo compartir un comentario tan ventaxista logo dunha derrota que ben puido ser unha victoria pois o partido puido levalo calquera.
    Total desacordo con que os fichaxes aporten 0 porque na miña opinión é máis ben o contrario (sen ter en conta que de non ser por eles este ano non habería equipo).
    Por último, agradeceríase moito que o blog non só se utilizase para realizar criticas negativas inda que como non, ó perder toca escoitar ó que lle veña en gana a unha afición que como xa dixen máis veces merece o máximo e que por ela o equipo sairá a por todas fronte ó Atlético.
    Un saúdo e forza Santiso!!

    ResponderEliminar
  5. Eu dixen que habia algun fichaje que desde que veu xogou sempre fora na posicion qu fora e a aportaciom e 0 e o qu digo e que ai que mirr polo equipo non polos amigos

    ResponderEliminar
  6. Rematando xa con este tema pois non quero entrar máis ó trapo, se o que hai que facer é mirar máis polo equipo (cousa na que estou dacordo); este tipo de comentarios dende logo non axudan en absoluto. Pódese estar dacordo ou non con algunha decisión pero facer acusacións tan fortes sin probas nunca van beneficiar ó clube. A unión fai a forza polo que intentemos tirar todos cara o mesmo lado.
    Un saúdo e forza Santiso!!

    ResponderEliminar
  7. o que ai que facer e meter a xente que ai qu meter e non os seus AMIGOS

    ResponderEliminar