jueves, abril 25, 2013

Fin de temporada

Concluiu a campaña para o Santiso, o derradeiro encontro do equipo rematou con derrrota no Novo Zahorra fronte ó Rial por cero goles a tres. Un marcador demasiado cruel para os locais que acusaron en exceso a súa falta de acerto fronte a porta contraria.

Polo Santiso xogaron Charli en portería, Tono, Dani, José e Isma en defensa, Roberto, Manuel, Agustín, David e Alex no medio con Manolo en ataque. Na segunda metade participaron Moncho, José de Trebolo, Kike, Luis e Micho en sustitución de Tono, Isma, Alex, Roberto e David respectivamente.

O encontro pronto se puxo de costas para o equipo xa que os visitantes conseguiron adiantarse no marcador mediante un lanzamento de falta cando apenas se disputara o primeiro cuarto de hora do partido. Os locais reacionaron con varios achegamentos pero ningún deles rematou con éxito, David en dúas ocasións e Alex dispuxeron dos remates máis perigosos contra a portería rival. O resultado sería todavía máis negativo antes do descanso cando os visitantes anotaron o segundo gol tras un remate dende o curruncho.

Na reanudación a sorte non variou para o Santiso e a pesar de dispoñer de máis ocasións de gol, o equipo non conseguiría anotar. Manolo dispuxo da oportunidade máis clara despois dunha boa asistencia de David nesta segunda metade pero o gardameta visitante evitou o gol para os locais. O partido cerrouse definitivamente cando nun erro na marcaxe, o Rial acadaba o terceiro tanto.

O equipo tras este marcador, cerra a temporada no ecuador da táboa clasificatoria, séptima posición con 31 puntos. O ano que ven, voltaremos e buscaremos mellorar os resultados.

Un saúdo e forza Santiso!!


jueves, abril 18, 2013

Punto agridoce

O Santiso acadou outro empate nesta liga fronte ó Atlético Melide a domicilio e suma xa sete na presente campaña, cifra sen dúbida das máis altas das últimas temporadas. O equipo dominou boa parte do choque pero un descoido o inicio e outro ó final do partido propiciaron a igualada final a dous tantos.

Polos visitantes xogaron Charli na porta, Isma, Tono, Dani e Kike en defensa, Roberto, Manuel, Agustín, David e Alex no medio, con Manolo na punta de ataque. Na segunda metade participaron Moncho, Luis (que volveu ós terreos de xogo tras a súa grave lesión) e Fran en sustitución de Isma, Roberto e David.

Nada máis iniciarse o encontro, o Santiso recibeu o primeiro gol nunha xogada desafortunada en defensa. Tocaba remontar e os visitantes empezaron a xerar ocasións na portería contraria. Os primeiros achegamentos á porta local foron por parte de Manuel con dous remates dende fóra da área, posteriormente Manolo e Alex dispuxeron de dúas claras ocasións pero a primeira foi despexada polo gardameta local e a segunda foise por encima da porta do Atlético. Kike tamén tivo a ocasión de acadar a igualada para o equipo nun remate dende fóra da área que desviou o porteiro local. Finalmente, Manolo conseguiu por fin o gol do empate antes do remate da primeira metade.

Na reanudación, o equipo buscou poñerse por diante no marcador; Alex avisou primeiro cun remate dende fóra da área pero o segundo gol chegaría a balón parado nun remate de cabeza de Dani tras un saque de equina executado por Alex. Co resultado a favor, os visitantes deron un paso atrás e apenas rondaron a área local ata o final do encontro, polo contrario, os locais foron acercandose máis a portería de Charli sobre todo a través de saques de corner. Finalmente, o gol do empate chegaría nunha desas accións cando o partido xa estaba nos minutos de desconto.

O vindeiro encontro do equipo será o derradeiro desta liga e disputarase no Novo Zahorra fronte ó Rial ás 5 da tarde.  

Un saúdo e forza Santiso!!