jueves, abril 25, 2013

Fin de temporada

Concluiu a campaña para o Santiso, o derradeiro encontro do equipo rematou con derrrota no Novo Zahorra fronte ó Rial por cero goles a tres. Un marcador demasiado cruel para os locais que acusaron en exceso a súa falta de acerto fronte a porta contraria.

Polo Santiso xogaron Charli en portería, Tono, Dani, José e Isma en defensa, Roberto, Manuel, Agustín, David e Alex no medio con Manolo en ataque. Na segunda metade participaron Moncho, José de Trebolo, Kike, Luis e Micho en sustitución de Tono, Isma, Alex, Roberto e David respectivamente.

O encontro pronto se puxo de costas para o equipo xa que os visitantes conseguiron adiantarse no marcador mediante un lanzamento de falta cando apenas se disputara o primeiro cuarto de hora do partido. Os locais reacionaron con varios achegamentos pero ningún deles rematou con éxito, David en dúas ocasións e Alex dispuxeron dos remates máis perigosos contra a portería rival. O resultado sería todavía máis negativo antes do descanso cando os visitantes anotaron o segundo gol tras un remate dende o curruncho.

Na reanudación a sorte non variou para o Santiso e a pesar de dispoñer de máis ocasións de gol, o equipo non conseguiría anotar. Manolo dispuxo da oportunidade máis clara despois dunha boa asistencia de David nesta segunda metade pero o gardameta visitante evitou o gol para os locais. O partido cerrouse definitivamente cando nun erro na marcaxe, o Rial acadaba o terceiro tanto.

O equipo tras este marcador, cerra a temporada no ecuador da táboa clasificatoria, séptima posición con 31 puntos. O ano que ven, voltaremos e buscaremos mellorar os resultados.

Un saúdo e forza Santiso!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario