O Santiso acadou outro empate nesta liga fronte ó Atlético Melide a domicilio e suma xa sete na presente campaña, cifra sen dúbida das máis altas das últimas temporadas. O equipo dominou boa parte do choque pero un descoido o inicio e outro ó final do partido propiciaron a igualada final a dous tantos.
Polos visitantes xogaron Charli na porta, Isma, Tono, Dani e Kike en defensa, Roberto, Manuel, Agustín, David e Alex no medio, con Manolo na punta de ataque. Na segunda metade participaron Moncho, Luis (que volveu ós terreos de xogo tras a súa grave lesión) e Fran en sustitución de Isma, Roberto e David.
Nada máis iniciarse o encontro, o Santiso recibeu o primeiro gol nunha xogada desafortunada en defensa. Tocaba remontar e os visitantes empezaron a xerar ocasións na portería contraria. Os primeiros achegamentos á porta local foron por parte de Manuel con dous remates dende fóra da área, posteriormente Manolo e Alex dispuxeron de dúas claras ocasións pero a primeira foi despexada polo gardameta local e a segunda foise por encima da porta do Atlético. Kike tamén tivo a ocasión de acadar a igualada para o equipo nun remate dende fóra da área que desviou o porteiro local. Finalmente, Manolo conseguiu por fin o gol do empate antes do remate da primeira metade.
Na reanudación, o equipo buscou poñerse por diante no marcador; Alex avisou primeiro cun remate dende fóra da área pero o segundo gol chegaría a balón parado nun remate de cabeza de Dani tras un saque de equina executado por Alex. Co resultado a favor, os visitantes deron un paso atrás e apenas rondaron a área local ata o final do encontro, polo contrario, os locais foron acercandose máis a portería de Charli sobre todo a través de saques de corner. Finalmente, o gol do empate chegaría nunha desas accións cando o partido xa estaba nos minutos de desconto.
O vindeiro encontro do equipo será o derradeiro desta liga e disputarase no Novo Zahorra fronte ó Rial ás 5 da tarde.
Un saúdo e forza Santiso!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario