Despois dunha longa espera, o vindeiro domingo día 20 abrese o telón da campaña 2013-2014 para o Santiso. Unha nova temporada que trae bastantes novidades con respecto ó ano anterior tanto no banquillo, no plantel e nos rivais.
Comezando por esto último, o equipo quedou encadrado no grupo de Pontevedra polo que volveremos a enfrontarnos a vellos coñecidos como o Bandeira, Cruces, Deza, Rodeiro, Vilatuxe, Dozón e un novo rival como é o Val do Ulla. Por outro lado, tamén compartimos grupo con equipos do ano pasado como o Touro, Prevediños, Camporrapado, Atlético Melide.
En canto ó plantel de xogadores o Santiso sufriu numerosas baixas polo que tivo que buscar no mercado novas incorporacións e finalmente conta coas altas de Bruno, Iván Mourazos e Nacho procedentes do Atlético Melide (os dous primeiros regresan ó que xa fora o seu equipo), e procedentes do Melide Futbol Sala chegaron Iván San Cosme, Borja, Fernando e Carlos. No banquillo atópase a outra novidade no equipo xa que Victor formará "tandem" con Micho que abandonou os terreos de xogo.
O primeiro capitulo desta nova andaida escribirase o domingo día 20 de Outubro en Bandeira a partir das 4.30 da tarde. Esperemos que levemos moitas alegrías con este novo proxecto.
Un saúdo e forza Santiso!!
Hola que hay. Haver si este ano se fai unha boa temporada. A dalo todo!!!!!.cr6
ResponderEliminarvexo que comezastes ben!! o domingo estarei animando no vello Zahorra!
ResponderEliminar